Skip to Content

Calendario exames de setembro 2021

  • Exames días 1,2 e 3 (especificado no cadro por materias)
  • Entrega de notas 6 de setembro ás 12:00
  • Matrículas da convocatoria extraordinaria ata o 10 de setembro
  • Reclamacións ás cualificacións días 6, 7 e 8 de setembro (modelo de formulario a disposición en secretaría)
  • Preinscripción ciclos formativos setembro do 1 ao 9 de setembro ás 13:00 horas
  • Comezo do curso 2021-2022 o 15 de setembro

 

Matrícula curso 2021-2022

Nos vindeiros días comeza o período ordinario de matrícula para o alumnado que promociona, os prazos para a matrícula de xuño son:

  • Cualificacións  o 24 de xuño ás 11:00 horas nas aulas de grupo (consulta tamén a través da aplicación abalar móbil) e recollida dos sobre de matrícula para o alumnado que promociona

ESO e Bacharelato:

A entrega de sobres de matrícula levarase a cabo de maneira escalonada debido á situación sanitaria existente nos seguintes días:

  • 1 de xullo 1º de eso de 10:00 a 12:00 e 2º fp básica de 12:00 a 13:00
  • 2 de xullo 2º de eso de 10 a 12:00 e 2º ciclo medio de12:00 a 13:00
  • 5 de xullo 3º de eso de 10:00 a 12:00 e 2º ciclo superior de 12:00 a 13:00
  • 6 de xullo 4º de eso de 10:00 a 12:00
  • 7 de xullo 1 e 2º de bac de 10:00 a 12:00
  • 10 de xullo data límite de entrega de documentación necesaria para matrícula

Preinscripción e matrícula en ciclos formativos (ordinaria de xuño)

  • Presentación de solicitudes período ordinario: 25 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00 horas (PREINSCRIPCIÓN)

    (aplicación informática www.edu.xunta.es/ciclosadmision)

  • Publicación listaxe provisional de solicitudes: 12 de xullo

  • Reclamación á listaxe provisional: 12 de xullo ao 14 de xullo ás 13:00
  • Listaxe definitiva de solicitudes: 20 de xullo

 

  • MATRÍCULA: 20 de xullo ao 26 de xullo primeira adxudicación

  • Segunda adxudicación 28 de xullo

  • Matrícula 2ª adxudicación 28 de xullo nos centros

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición libros de texto e material escolar para o curso 2021/2022

Publicada a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22. Na normativa apareces especificados a asignación de libros e contía de axudas. 

Lugar de presentación de solicitudes (ata o 22 de xuño de 2021):

  • Aplicación onlinehttps://www.edu.xunta.es/fondolibros/PaxinaInicio.action a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (enlace aquí) (Na presentación electrónica debe facerse unha por cada fillo/a)
  • Secretaría do centro achegando os anexos I e II da solicitude (pódense descargar nesta ligazón), que virán acompañados da documentación que corresponda:
      • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

        • Certificado ou volante de convivencia.

        • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

      • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

      • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

      • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

      • Certificado de convivenciavolante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE. 

  • Cálculo da renda per cápita: (terase en conta a situación persoal e familiar e o exercicio fiscal correspondentes a 2019)
    • Enténdese por renda per cápita a renda familiar dividida entre o número de membros de unidade familiar computable.
    • Para os efectos do cálculo da renda per cápita, computarán por dous os membros da unidade familiar que figurando na solicitude acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% que demostren a percepción dunha pensión de incapacidade permanente nos graos total, absoluta ou total invalidez.

 

      • Entrega dos vales: Do 2 de agosto ata o 30 de outubro
      • Emenda dos vales: 10 días dende que se recibe o vale
      • Uso dos vales nas librarías: Ata o 08/04/2022
      • Publicación listas provisionais: 9/07/2021
      • Reclamacións ás listas provisionais: 2 días seguintes á publicación das listaxes provisionais.
      • Publicación listas definitivas: 15/09/2021
      • Entrega dos libros: Dende o 15 de setembro ata o 24 de setembro

DEVOLUCIÓN LIBROS OBTIDOS POLO FONDO SOLIDARIO 2020/2021

O prazo para devolver os libros será o 18 de xuño venres para 1º e 2º de eso e luns 21  de xuño para 3º e 4º de eso.

Lugar: Secretaría do centro de 9:00 a 13:00h.

Se tes materias pendentes para setembro entregarás eses libros o 6 de setembro.   

A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario de libros de texto e das convocatorias de axudas. Igualmente no caso de que o estado no que son devoltos non permita a súa reutilización.

Convocatoria de prazas de residencia nos Centros residenciais docentes. Curso académico 2021/2022

Publicada a convocatoria que regula o procedemento para adxudicar as prazas de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo ao alumnado que no curso académico 2021/2022 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

A persoa solicitante deberá reunir os seguintes requisitos:

1. Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo, no curso 2021/2022.

2. Non repetir curso e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos.

3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite.

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha modalidade concreta dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.

b) E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

A adxudicación de praza de residencia será gratuíta:

1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real

decreto 688/2020.

2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:

a) Ata un 10 %: 578,32 €.

b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 886,83 €.

c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.423,59 €.

d) Máis do 30 %: 2.112,22 €.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderán presentarse as solicitude presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común.

2. O formulario normalizado de solicitude e o de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (anexo I e II), ademais estarán dispoñibles:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

b) Nas dependencias dos centros residenciais docentes.

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 9 de xullo de 2021 (este incluído).

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 2 de agosto de 2021 (este incluído).

Máis información.

Páxinas web dos centros residenciais.

Instruccións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas de réxime especial para o curso 2021/2022

Publícanse as instruccións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas de réxime especial do sistema educativo.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas.

Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2021/2022.

A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se vaian realizar as probas de carácter específico.

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día 15 de maio e o día 2 de xullo de 2021. Centros onde se poderá realizar a inscrición para as probas:

Modalidade

Centros

Fútbol

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

IES Universidade Laboral (Culleredo)

Fútbol sala

CIFP A Farixa (Ourense)

Baloncesto

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

IES As Fontiñas (Santiago de Compostela)

Balonmán

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

Atletismo

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)

IES As Barxas (Moaña)

Vela

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

As probas de madureza de grao medio e grao superior para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terán lugar o día 7 de setembro das 9.00 ás 13.00 horas no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.

As probas de acceso de carácter específico, para cada unha das modalidades deportivas, realizaranse:

  • Na modalidade de fútbol sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 8 de setembro, ás 10.00 horas.

  • Na modalidade de fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 9 de setembro, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 13 de setembro, ás 11.00 horas. As persoas aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.

  • Na modalidade de balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 13 de setembro, ás 10.00 horas.

  • Na modalidade de baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 14 de setembro, ás 10.00 horas.

  • Na modalidade de vela terá lugar nas instalacións do Centro Galego de Vela en Vilagarcía de Arousa, o día 14 de setembro, ás 11.30 horas; poden variar a data e/ou a hora do exame no caso de non darse as condicións meteorolóxicas establecidas no anexo VIII do Decreto 135/2012, do 31 de maio (DOG do 20 de xuño), polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre.

  • Na modalidade de atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 15 de setembro, ás 10.00 horas.

Máis información.

O noso IES

Distribuir contido


by Dr. Radut