Skip to Content

Lingua galega

VISITA DA POETA NOA MOREIRA

O pasado 4 de maio, a poeta Noa Moreira, natural da Pobra do Brollón (Salceda, Lugo) visitou o alumnado de 2º de Bacharelato para falar do seu primiero libro Meteoro Inmantado, que xa vai pola súa segunda edición.

Durante a sesión, o alumnado puido coñecer todo o proceso de creación de libro e coñecer a situación da poesía galega actual contada en primeira persoa. Neste sentido, afondou nas novas canles de promoción e de edición, na importancia dos premios literarios e nos valores que achega a poesía.

Desde aquí, queremos agradecerlle a súa xenerosidade e convidada queda a volver cando queira!

 Deixamos como adxunto unhas fotografías da visita. 

VISITA A CELANOVA

O pasado 7 de abril o alumnado de 2º e 3º ESO e mais de 1º de Bacharelato tiveron a oportunidade de visitar a vila de Celanova. A actividade estivo organizada polos departamentos de Música, Xeografía e Historia e Lingua Galega e Literatura.

Durante a mañá visitamos a Casa dos Poetas -na que nos achegamos á figura de Manuel Curros Enríquez-, o mosteiro da vila -no que gozamos dun concerto de órgano- e a Biblioteca. Xa pola tarde estivemos en Vilanova dos Infantes e en Castromao, lugar no que rematamos esta xornada.

Deixamos nos arquivos adxuntos fotografías desta saída.

ESPECTÁCULO TEATRAL CRÓNICAS DE OURO.

O pasado 30 de marzo, o alumnado de 3ºESO, 1º BAC, 2º BAC e FP Básica tiveron a oportunidade de achegarse aos grandes textos do Século de Ouro español a través da representación Crónicas de Ouro da compañía Vicus Teatro. 

Con esta revisión dos clásicos do Século de Ouro fíxose fincapé nos estereotipos masculinos que subxacen destes textos para achegaren unha fonda reflexión sobre este tema. 

Deixamos nos ficheiros adxuntos unha serie de fotografías! 

Programación Curso 20-21

Saída San Cibrán de Lás

O alumnado do Xermán Ancochea fixemos visita cultural o pasado xoves, 5 de decembro. Pola mañá, tocou retroceder no tempo e mergullarnos na cultura castrexa. Para iso fomos ao castro de San Cibrán de Lás, tamén coñecido como A Ciudá, Lambrica, Lansbrica ou Lanobrica, un dos castros galaicos de maior tamaño entre os localizados no territorio da actual Galicia. Despois da visita e das explicacións dos guías, puxemos en práctica o aprendido cun divertido xogo.

Pola tarde, e despois de repor forzas cun xantar a base de bocatas e taper, fomos ao museo do Traxe Tradicional Galego e ao museo Estanislao Reverter. Alí vimos reproducións de traxes e pezas orixinais representativas de finais do século XIX e principios do XX. A seguir, coñecemos a traxectoria deportiva de Reverter a través de fotos, trofeos, placas..… e diverso material que repasa os vinte anos en activo como piloto. Para rematar a viaxe, trasladámonos ao Pazo de Trasalva, o lugar onde viviu e escribiu o Patriaraca das nosas letras, Ramón Otero Pedrayo. Este escritor, profesor, político e editor formou parte de grandes iniciativas para o desenvolvemento cultural galego como o Partido Galeguista, o Seminario de Estudos Galegos ou a Editorial Galaxia. Alí vimos obxectos persoais do escritor, mobiliario e a súa biblioteca, así como la estrutura tradicional dun pazo galego de principios do XX.

 

 

Saída TEATRO e CIDADE DA CULTURA

 

O alumnado do instituto viaxa a Santiago para ir ao teatro e á Cidade da Cultura. Pola mañá, asistirá á función teatral, Sofía e as postsocráticas de Inversa Teatro, pequenas pezas literarias inspiradas nas fábulas de Esopo que versan sobre a violencia machista. Pola tarde, visita a Cidade da Cultura para ver "A derradeira leición do mestre", cadro pintado por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que recolle a brutalidade da represión franquista na Guerra Civil, e que se atopa por primeira vez en Galicia.

 

 

Composición Departamento Lingua Galega

No curso escolar 2017-2018 o departamento de Lingua Galega e Literatura está composto por:

- María Dolores Ferro Diz ( Xefa de Departamento e do Equipo de Dinamización Lingüística así como profesora de 2º, 3º, 4º ESO e 1º BAC)

- María Carmen Vivero González ( Vicedirectora e profesora de 1º ESO e 2º BAC )

COUSAS de Castelao ( TEATRO )

ACTIVIDADE:Representación teatral de Cousas de Castelao

DEPARTAMENTO: Lingua Galega

DATA: martes, 6 de febreiro

LUGAR: A Rúa

HORA DE SAÍDA: 10:00

HORA DE CHEGADA:14:00

ALUMNADO:, 4º ESO, 1º e 2º BAC

PROFESORADO ACOMPAÑANTE: María Dolores, Carmen Vivero e María Mercedes.

 

 

 

Horario saída VIGO

A saída do mércores día 24  ( Vigo) realizarase ás 8:30, non ás 7:00 como en principio estaba marcado. Lembrade que debedes traer a comida de mediodía. 

Saída VIGO ( Pergamiño Vindel e Illa San Simón )

 

 ACTIVIDADE: O alumnado visitará pola mañá o Museo do Mar, onde está o Pergamiño Vindel e pola tarde irán á illa de San Simón, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.

 DEPARTAMENTOS: Lingua galega

 DATA: Mércores, 24 de xaneiro.

 HORA DE SAÍDA: 7:00

 HORA DE CHEGADA: Arredor das 20:00

 ALUMNADO: 3º e 4º ESO, 1º e 2º BAC

 PROFESORADO ACOMPAÑANTE: María Dolores, Susana, Zoraida e Ana.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut