Skip to Content

Viaxes e saídas culturais

Saída Central Hidroeléctrica BELESAR

O alumnado do Ciclo de Electricidade e Electrónica visita hoxe a Central Hidroeléctrica de Belesar. O encoro de Belesar é un pantano artificial creado en 1963 no río Miño ( o máis grande deste río), situado entre os concellos deTaboada, Chantada, O Saviñao, Paradela e Guntín. Foi creado para abastecer esta central hidroeléctrica, operada na actualidade pola empresa Gas Natural Fenosa. 

Saída San Cibrán de Lás

O alumnado do Xermán Ancochea fixemos visita cultural o pasado xoves, 5 de decembro. Pola mañá, tocou retroceder no tempo e mergullarnos na cultura castrexa. Para iso fomos ao castro de San Cibrán de Lás, tamén coñecido como A Ciudá, Lambrica, Lansbrica ou Lanobrica, un dos castros galaicos de maior tamaño entre os localizados no territorio da actual Galicia. Despois da visita e das explicacións dos guías, puxemos en práctica o aprendido cun divertido xogo.

Pola tarde, e despois de repor forzas cun xantar a base de bocatas e taper, fomos ao museo do Traxe Tradicional Galego e ao museo Estanislao Reverter. Alí vimos reproducións de traxes e pezas orixinais representativas de finais do século XIX e principios do XX. A seguir, coñecemos a traxectoria deportiva de Reverter a través de fotos, trofeos, placas..… e diverso material que repasa os vinte anos en activo como piloto. Para rematar a viaxe, trasladámonos ao Pazo de Trasalva, o lugar onde viviu e escribiu o Patriaraca das nosas letras, Ramón Otero Pedrayo. Este escritor, profesor, político e editor formou parte de grandes iniciativas para o desenvolvemento cultural galego como o Partido Galeguista, o Seminario de Estudos Galegos ou a Editorial Galaxia. Alí vimos obxectos persoais do escritor, mobiliario e a súa biblioteca, así como la estrutura tradicional dun pazo galego de principios do XX.

 

 

Saída TEATRO e CIDADE DA CULTURA

 

O alumnado do instituto viaxa a Santiago para ir ao teatro e á Cidade da Cultura. Pola mañá, asistirá á función teatral, Sofía e as postsocráticas de Inversa Teatro, pequenas pezas literarias inspiradas nas fábulas de Esopo que versan sobre a violencia machista. Pola tarde, visita a Cidade da Cultura para ver "A derradeira leición do mestre", cadro pintado por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que recolle a brutalidade da represión franquista na Guerra Civil, e que se atopa por primeira vez en Galicia.

 

 

English Week

O alumnado de 4º ESO participará en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, no centro residencial dos Peares. O obxectivo é a práctica do idioma e a súa utilización en contextos comunicativos diversificados e enfocados de cara á mellora da comunicación oral, co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa.

A período en que se desenvolverá esta actividade será do 18 ao 24 de novembro.

TEATRO EN FRANCÉS

ACTIVIDADE:O alumnado de francés irá ver a obra de teatro, “20.000 lieues sous les mers”de J. Verne.

DATA: Venres, 30 de novembro de 2018.

LUGAR: Colexio Salesianos, Ourense.

HORA DE SAÍDA: 08:30

HORA DE CHEGADA: 14:00

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CORRELINGUA 2018 "A lingua non para"

 

O venres, 11 de maio, o alumnado da ESO asistiu ao CORRELINGUA, denominación que se lle dá de maneira común ás diversas carreiras en prol do idioma que se convocan en diferentes localidades de Galicia; no noso caso, en Ourense. O folión de Trives amenizou a andaina polas rúas de Ourense. 

 

 

 

 

Saída SANTIAGO ( METEOGALICIA e CGAC )

 

ACTIVIDADE: O alumnado visitará pola mañá MeteoGalicia e pola tarde o Centro Galego de Arte Contemporánea ( talvez tamén o convento de San Domingos de Bonaval e o parque de Bonaval ).

DEPARTAMENTOS: Física, Historia e Lingua Castelá.

DATA: Mércores, 25 de abril.

HORA DE SAÍDA: 8: 30

HORA DE CHEGADA: Arredor das 21:00

ALUMNADO: 4º ESO, 1º BAC e alumnado de Física e Química de 2º BAC.

PROFESORADO ACOMPAÑANTE: Pablo, Ana e Zoraida.

 

Saída NEVE ( Manzaneda )

 

ACTIVIDADE: Esquí na Estación de Montaña Manzaneda.

MATERIA: Educación Física

DATA: Mércores, 7 de marzo.

LUGAR: Estación de Montaña Manzaneda.

HORA DE SAÍDA: 8:30

HORA DE CHEGADA: 14:00

ALUMNADO: 1º, 2º, 3º e 4º ESO, 1º e 2º BAC

PROFESORADO ACOMPAÑANTE: María (EF), Luís Varela, Luís Padrón e Celso.

 

 

 

COUSAS de Castelao ( TEATRO )

ACTIVIDADE:Representación teatral de Cousas de Castelao

DEPARTAMENTO: Lingua Galega

DATA: martes, 6 de febreiro

LUGAR: A Rúa

HORA DE SAÍDA: 10:00

HORA DE CHEGADA:14:00

ALUMNADO:, 4º ESO, 1º e 2º BAC

PROFESORADO ACOMPAÑANTE: María Dolores, Carmen Vivero e María Mercedes.

 

 

 

Horario saída VIGO

A saída do mércores día 24  ( Vigo) realizarase ás 8:30, non ás 7:00 como en principio estaba marcado. Lembrade que debedes traer a comida de mediodía. 

Distribuir contido


by Dr. Radut