O próximo martes 23 de xuño todo o alumnado pode consultar as súas notas a través da aplicación Abalar, pero establécense os seguintes días para a recollida dos boletíns de notas, entrega dos libros prestados do fondo solidario e recollida do sobre de matrícula para o vindeiro curso 2020-2021. Para evitar aglomeracións, no centro estruturamos de maneira escalonada a citación do alumnado para acudir ao centro da seguinte forma:
A recollida do sobre de matrícula será por quendas de grupos/cursos do día 1 ao 10 de xullo, en próximas datas enviaremos os días correspondentes a cada curso para traer os sobres. Establécese un período dende a recollida do sobre de matrícula no centro ata a súa posterior entrega no propio centro para que o alumnado dispoña de tempo para facer a elección das diferentes materias optativas.