Skip to Content

Orientación

Orientación académica e profesional

A orientación académica e profesional debe ser entendida coma un proceso educativo de axuda e asesoramento para a toma de decisións vocacionais, dirixida ao alumnado e ás súas familias.

Dentro deste proceso, debemos ter en conta diferentes aspectos que contribúen a fomentar a madurez vocacional das nosas alumnas e alumnos:

  • COÑECEMENTO DUN MESMO OU AUTOCONCEPTO: este coñecemento supón reflexionar sobre como un é: as súas capacidades, intereses, motivacións, valores, personalidade, situación académica, aspectos familiares e de relación social, …
  • COÑECEMENTO DO CONTORNO, tanto das oportunidades académicas e profesionais que brinda o sistema educativo, como das posibilidades laborais que ofrece o mercado de traballo.
  • TOMA DE DECISIÓNS, entendida coma un procedemento para abordar un proxecto persoal de vida, que guíe decisións autónomas e responsables baseadas na adecuación das características e expectativas persoais aos requerimentos das opcións académicas e laborais que se lle ofrecen.

Orientador@s de Secundaria de centros educativos públicos da provincia de Ourense creamos blogorientagalicia para poñer a disposición da comunidade educativa información sobre as diferentes opcións académicas e profesionais.

Nos seguintes enlaces, atoparedes, en relación a cada curso, información relativa as opcións académicas e profesionais do sistema educativo:

Programa de Becas da Fundación Amancio Ortega.

A Fundación Amancio Ortega pon en marcha este programa de bolsas, co obxecto de facilitar a mozos e mozas de institutos e colexios españois un proceso de inmersión nunha cultura estranxeira, á vez que perfeccionan a aprendizaxe da lingua inglesa, durante un ano académico. Os alumnos seleccionados convivirán cunha familia do país de acollida e cursarán Grao 11 (equivalente a Primeiro de Bacharelato). A bolsa cobre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, convalidación do ano académico e apoio continuado durante os dez meses de estancia.

O Programa convoca 600 bolsas dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros españois, para estudar Primeiro de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos.

 O alumnado interesado deberá cumplir os seguintes requisitos:

  1. Estar inscrito como estudante de 4º curso de ESO nun Centro de Ensino de calquera Comunidade (ou Cidade) Autónoma do territorio español.

  2. Obter unha nota media mínima de 7 puntos en 3º de ESO.

  3. Obter unha nota mínima de 7 puntos na materia de inglés de 3º de ESO (ou a súa alternativa como primeiro idioma estranxeiro).

  4. Información tributaria da unidade familiar. A participación no programa non require un nivel mínimo ou máximo de ingresos por familia.

  5. DNI e/ou pasaporte español.

O prazo de envío de solicitudes permanecerá aberto ata as 13:00 horas do 30 de outubro de 2019.

Máis información.

Certificados de lingua galega (CELGA).

Convocadas as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2 e 4, no ano 2019.

DESTINATARIAS: As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena do mes de novembro de 2019. As datas concretas serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal), cun mínimo de 15 días naturais antes da data fixada para o primeiro exame.

LUGARES: As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. As sedes e horarios de realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO: As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C e aboar a taxa que se indica na convocatoria.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame comenza o 11 de setembro e remata o 1 de outubro de 2019.

Máis información.

Convocatoria de bolsas Fundación SEPI.

A Fundación  SEPI,  F. S. P., de conformidade cos termos do contrato de data 15 de marzo de 2019, subscrito coa COMPAÑÍA ESPAÑOLA DE SISTEMAS AERONÁUTICOS, S.A., convoca 14 bolsas correspondentes ao Programa CESA FP 2019 - 2º Proceso, para técnicos superiores de formación profesional.

As entrevistas realizaranse a mediados de outubro de 2019. E o inicio das bolsas será, previsiblemente, o 5 de novembro de 2019.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 22 DE SETEMBRO DE 2019.

Máis información.

Bolsas de carácter xeral para o curso académico 2019/2020.

CONVOCATORIA: Convócanse bolsas para estudantes que no curso académico 2019-2020, cursen ensinos  postobligatorias con validez en todo o territorio nacional.

BENEFICIARIOS: estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e se atopen cursando algunhas das seguintes ensinanzas:

  • Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias:

    • Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.

    • Formación Profesional de grao medio e de grao superior.

    • Ensinanzas artísticas profesionais.

    • Ensinanzas deportivas.

    • Ensinanzas artísticas superiores.

    • Estudios relixiosos superiores.

    • Estudios de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.

    • Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de Formación Profesional.

    • Formación Profesional Básica.

  • Ensinanzas universitarias.

SOLICITUDES: A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na dirección https://sede.educacion.gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es

Unha vez cumprimentada a solicitude, deberá ser asinada polo interesado ou o seu representante legal no caso de ser menor de 18 anos con calquera dos sistemas de firma electrónica aceptados pola sede electrónica e enviada polo procedemento telemático establecido, quedando así presentada para todos os efectos. Non serán tidas en conta aquelas solicitudes cumprimentadas por vía telemática que non completen o proceso de presentación establecido, obtendo o resgardo de solicitude que deberá ser conservado polo solicitante para acreditar, no caso de que resulte necesario, a presentación da súa solicitude no prazo e forma establecidos.

O prazo estenderase ata o 1 de outubro de 2019, inclusive, para os estudantes non universitarios.

Máis información.

Validación de módulos profesionais.

Co fin de facilitar a reincorporación ao sistema educativo de todas as persoas interesadas en ampliar a súa formación, prevense posibilidades de recoñecer a formación adquirida previamente mediante as validacións e as equivalencias.

Coa validación dase por superada unha parte ou partes de estudos oficiais que se están a realizar tendo en conta a formación achegada e superada polo interesado con anterioridade. Nos estudos de Formación Profesional a unidade mínima de validación é o módulo formativo.

As solicitudes de validación de estudos cursados, ou por acreditación de unidades de competencia, con módulos profesionais dos ciclos formativos, requiren a matriculación previa do alumnado para continuar estudos nun centro docente autorizado para impartir estas ensinanzas, e presentaranse perante a dirección do centro educativo dentro dos primeiros vinte días contados desde o comezo das clases.

A solicitude de validación de módulos profesionais formalizarase no modelo de instancia establecido para tal efecto, e xuntaráselle unha fotocopia compulsada do DNI do alumno ou a alumna, e da certificación académica oficial dos estudos cursados ou, se for o caso, do certificado de profesionalidade elaborado a partir do Catálogo nacional de cualificacións profesionais ou da acreditación parcial de unidades de competencia:

  • Se a resolución da validación corresponde á dirección do centro educativo, o alumnado deberá presentar o anexo XIV da Orde 12 de xullo de 2011 debidamente cuberto, dentro dos primeiros 20 días de inicio das clases. No caso de centros privados, a dirección deste dará traslado das solicitudes ao centro público ao que estea adscrito, no prazo de cinco días hábiles.

  • Se a resolución de validación corresponde ao Ministerio de Educación, o alumnado deberá presentar o anexo IV da Orde ECD/2159, de 7 de novembro, debidamente cuberto, no prazo que abrangue dende a data da matriculación e o 15 de outubro.

O alumnado que estea pendente de validación nalgún módulo profesional deberá asistir ás clases ata a presentación da resolución favorable desta. Se a confirmación da validación é posterior ás avaliacións finais, deberanse facer as dilixencias oportunas de modificación da cualificación en todos os documentos oficiais. Os módulos profesionais validados cualificaranse cun 5, a efectos da obtención da nota media. Non terán validez as resolucións de validación para o alumnado procedente de renuncia ou que causase baixa no curso académico de presentación da solicitude de validación.
Os departamentos de orientación dos centros informarán e asesorarán o alumnado sobre o procedemento de validacións e exencións, de forma específica, durante o período de matrícula e ao inicio de curso.

Máis información.

Ferrramenta de validacións e transversalidade.

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

CONVOCATORIA. Convócanse as seguintes axudas:

  • Axudas directas para os alumnos incluíndo aos afectados por TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta.

  • Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas.

  • Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

BENEFICIARIOS.Poderán solicitar as axudas os alumnos que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios.

Para obter o subsidio requirirase ser membro de familia numerosa.

SOLICITUDES. As solicitudes tanto de axuda como de subsidio deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección http://www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es.

O prazo de presentación de solicitudes estenderase ata o 26 de setembro de 2019, inclusive.

Máis información.

Centros residenciais docentes. Curso académico 2019/2020

Publicada a convocatoria que regula o procedemento para adxudicar as prazas de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo ao alumnado que no curso académico 2019/20 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

A persoa solicitante deberá reunir os seguintes requisitos:

1. Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo, no curso 2019/2020.

2. Non repetir curso e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos.

3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite.

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha modalidade concreta dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.

b) E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

A adxudicación de praza de residencia será gratuíta:

1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 951/2018, do 27 de xullo, do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2018/19.

2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:

a) Ata un 10 %: 565,87 €.

b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 867,74 €.

c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.392,95 €.

d) Máis do 30 %: 2.066,75 €.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderán presentarse as solicitude presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común.

2. O formulario normalizado de solicitude e o de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (anexo I e II), ademais estarán dispoñibles:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

b) Nas dependencias dos centros residenciais docentes.

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 12 de xullo de 2019 (este incluído).

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 9 de agosto de 2019 (este incluído).

Máis información.

Páxinas web dos centros.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas.

Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/2020.

A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se vaian realizar as probas de carácter específico.

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día 8 de xuño e o día 10 de xullo de 2019.

Para a formalización das solicitudes de inscrición para as probas os centros facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo ao efecto.

Centros onde se poderá realizar a inscrición para as probas:

Modalidade

Centros

Fútbol

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)
IES Universidade Laboral (Culleredo)

Fútbol sala

CIFP A Farixa (Ourense)

Baloncesto

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

IES As Fontiñas (Santiago de Compostela)

Balonmán

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

Atletismo

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)
IES As Barxas (Moaña)

Vela

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

A relación provisional de persoas inscritas será exposta o día 15 de xullo nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición, así como no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal, indicando expresamente as persoas declaradas exentas de realizar a proba específica na modalidade correspondente e os motivos de exclusión.

Poderanse presentar alegacións ás listaxes provisionais a través das secretarías dos centros nos cales se presentou a solicitude ata o día 17 de xullo.

A relación definitiva de persoas inscritas será exposta o día 22 de xullo nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición, así como no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal.

As probas de madureza terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela, no día e nas horas que se indican a seguir:

  • Grao medio. Proba de madureza: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.
  • Grao superior. Proba de madureza: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.

A proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos realizarase:

Na modalidade de Fútbol Sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 10 de setembro, ás 10.00 horas.

  • Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 11 de setembro, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 12 de setembro, ás 11.00 horas. As persoas aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.
  • Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 12 de setembro, ás 10.00 horas.
  • Na modalidade de Baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 13 de setembro, ás 10.00 horas.
  • Na modalidade de Atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 16 de setembro, ás 10.00 horas.
  • Na modalidade de Vela, o día 13 de setembro, ás 11.30 horas, nas instalacións do Centro Galego de Vela en Vilagarcía de Arousa; poden variar a data e/ou a hora do exame no caso de non darse as condicións meteorolóxicas establecidas no anexo VIII do Decreto 135/2012, do 31 de maio (DOG do 20 de xuño), polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre.

Máis información.

Xornada de acollida do alumnado dos CEIPs adscritos.

O mércores, 5 de xuño de 2019, desenvólvese a actividade de acollida para o alumando de 6º de educación primaria do CEIP Manuel Bermúdez Couso de A Pobra de Trives e do CEIP de Manzaneda, adscritos ao noso IES para os estudos de ESO. Pola mañá, a partir das 10:45 horas ten lugar a actividade co alumnado e pola tarde, a partir das 15:00 horas, desenvolverase a charla informativa cas familias do alumnado. Nos documentos expostos a continuación, pódese ver o contido máis detallado desta xornada:

Documento para o alumnado.

Documento para os pais e nais do alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut