Skip to Content

Celebracións

Semana da música

Con motivo da celebración do día de Santa Cecilia, 22 de novembro, no Xermán Ancochea imos ter unha semana especial, a SEMANA DA MÚSICA, con dous actos:

  • Encontro co pianista Fabio Álvarez, na Casa da Cultura o xoves 22, de 11:15 a 12:30.
  • Concerto na Biblioteca, venres 23 de 11:00-11:30

MAGOSTO

 

Celebramos o Magosto o venres 9 de novembro, en Vilanova, sempre e cando as condicións metereolóxicas nolo permiten. Temos previsto facer unha andaina dunha duración aproximada de 1 h. e despois comer as castañas asadas ao aire libre, en Vilanova.

 

De non haber andaina, probaremos as castañas no instituto e haberá xogos e outras actividades.

  • De11:00-14:00:de facermos andaina e comer as castañas fóra.
  • De12:20-14:00: de non facermos andaina e celebrar o magosto no instituto.

 

 

 

ACTO GRADUACIÓN

Os cambios son retos que abren portas a novas oportunidades"

O martes, 22 de maio, tivemos no Salón de Actos do instituto o acto de fIn de estudos para o alumnado de bacharelato e ciclos. Foron dúas horas cheas de emocións, sorpresas, alegrías, bágoas...... un conxunto de sentimentos que ateigaron un espazo que foi testemuña da vida duns rapaces e rapazas que por aquí pasaron e por aquí, deixaron pegada.

Houbo ademais algunha que outra sorpresa......

Velaí tes o programa e algunha imaxe:

  • Discurso do profesorado

  • Proxección Vídeo "Toda unha vida"

  • Discurso de pais e/ou nais

  • Discurso do alumnado

  • Entrega de orlas

  • Actuación Banda de gaitas "Os Trintas"

  • Petisco na cafeteiría co acompañamento da banda de gaitas.

 

 

 

 

MAGOSTO

 

O venres, 10 de novembro, tivemos un MAGOSTO e amenizamos esta festa tradicional con xogos populares e música. Aproveitouse a ocasión para recadar cartos para a excursión de fin de curso, vendendo unha entrada a un prezo simbólico. O alumnado organizouse e trouxo sobremesas variadas, tortillas, empanadas, embutidos, croquetas e pizzas para degustar na cafeteiría do centro.  A cantidade e calidade dos doces ofrecidos foi espectacular; para que vos fagades unha idea: torta de castañas, torta de chocolate, canas, flan de café, tiramisú, cocos, etc, etc...

MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut