Skip to Content

Instrucións para alumnos de 2º Bacharelato: Solicitude título Bacharelato e Matrícula Probas ABAU

Hoxe, 19 de maio, fíxose entrega ós alumnos que asistiron a reunión programada co director e a orientadora do centro, dun sobre coas instrucións e os modelos necesarios para solicitar o título de bacharelato e a matrícula nas probas ABAU.

O contido do sobre tamén estará dispoñible no arquivo adxunto.

Lembramos que o prazo para facer a pre-matrícula nas probas ABAU comenza hoxe e remata o 23 de maio.

 

 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022

Listaxe provisional de alumnado de 1º e 2º de Bacharelato seleccionado e suplente das axudas 

O venres 13 de maio, publicouse na páxina web da Consellería de Educación a listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Pódese consultar no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37013

 

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior - Curso 2020-2021

Hoxe, 12 de maio, publícanse as listaxes definitivas de alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2020-2021. Poden consultarse neste enlace.

PROBAS LIBRES FP - Publicación de listaxes definitivas e de 1ª adxudicación - Apertura período matriculación

Hoxe, 11 de maio de 2022, publícase na páxina web da FP da Xunta de Galicia, a listaxe definitiva de solicitantes e a listaxe de 1ª adxudicación ordinaria de persoas admitidas nas "Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2021-2022".

Período e lugar de matriculación:

O período de matriculación para o alumnado admitido abranguerá desde as 9:00 do día 11 de maio ata as 13:00 do día 18 de maio, no centro no que teña praza adxudicada. O impreso de matriculación poderá obterse para cumplimentar no seguinte enlace ou poderá recollerse no centro.

Validacións:

Lembramos que segundo a normativa vixente,

a) Quen desexe solicitar a validación dalgún módulo profesional deberao facer constar expresamente no momento de presentar a solicitude de matrícula para as probas.

b) A solicitude de validación de módulos profesionais formalizarase no modelo de instancia establecido para tal efecto no anexo XIV da Orde do 12 de xullo de 2011, para o que cumprirá xuntar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos para a obter.

Normativa relacionada:

  • Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
  • Corrección de erros. Orde do 5 de abril de 2013
  • Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021-2022.

Graduación curso 2021/2022

 O acto de graduación de segundo de bacharelato e ciclos formativos (básico, medio e superior) será o vindeiro mércores 18 de maio no auditorio Julio Vázquez (casa da cultura) ás 19:00 horas

Estes últimos dous cursos estiveron marcados pola pandemia polo que instamos e recomendamos o uso da mascarilla durante todo o acto de graduación ao tratarse dun espazo interior, así como recomendar ás familias e invitados se senten xuntos no espazo de cadeiras. Así mesmo, limitamos o número de acompañantes por cada alumno/a a tres para evitar sobrepasar o aforo do espazo.

Despois da graduación teremos uns pinchos no pavillón e patios do instituto distribuíndonos por mesas asignadas a cada un dos alumnos/as e as súas familias e acompañantes.

Convocatoria das probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2022/23

Hoxe, día 10 de maio, publícase no DOG en na páxina web da Consellería de Educación a convocatoria das probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2022/23.

O prazo de inscrición para as persoas que se acollan a realizar as probas que substitúen os requisitos de titulación de graduado en ESO ou do título de bacharelato é o comprendido entre o día 11 de maio ata o día 14 de xuño de 2022, ambos os dous incluídos.

O prazo de inscrición para as persoas que só ten que realizar a proba específica (para ciclos formativos de grao medio e para ciclos formativos de grao superior) e para as persoas que solicitan acceso sen probas é dende o día 11 de maio de 2022 ata o día día 21 de maio de 2022, ambos os dous incluídos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Cualificacións provisionais. Convocatoria 2022

Hoxe, día 10 de maio, publícanse as cualificacións provisionais das probas de acceso a ciclos de grado superior de Formación Profesional. Achegamos o enlace á listaxe de cualificacións.

O período de reclamación abrangue desde o 10 ao 13 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición. Achegamos enlace ó modelo de reclamación.

Máis información na páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

Inicio do prazo de matrícula ANTICIPADA para a proba ABAU 2022

Mañá comenza o prazo de matrícula anticipada para a convocatoria ordinaria do 2022 da AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU).

¡¡É importante non confundir a matrícula anticipada coas outras modalidades de  matrícula da convocatoria ordinaria: Matrícula ordinaria e matrícula extraordinaria!!.

A matrícula ordinaria é para o alumnado de centros da Comunidade Autónoma de Galicia que teña superado o Bacharelato na convocatoria ordinaria deste curso 2021/22 (debe ser realizada polo alumnado, a través da aplicación NERTA, nos centros correspondentes de Educación Secundaria do 19 ao 23 de maio ) A vindeira semana engadiremos na páxina web información detallada sobre este procedemento.

A matrícula extraordinaria está destinada ó alumnado de centros de Galicia que obteña resolución favorable da súa reclamación ás cualificacións do Bacharelato ante a Xefatura Territorial correspondente. Este alumnado poderá matricularse a través da aplicación Nerta, das 9:00 ás 14:00h. do día seguinte a comunicación da resolución,

Prazo da matrícula anticipada:

Do 7 de maio ó 25 de maio de 2022

Destinatarios da matrícula anticipada:

Poderase matricular no prazo sinalado para a Matrícula Anticipada o alumnado que obtivese en anos anteriores ao curso 2021-2022 o titulo de Bacharelato ou un título declarado equivalente ou o título de Técnico Superior de FP, Técnico superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior español ou declarado equivalente e se atope nalgunha das seguintes situacións: 

a) Alumnado que teña aprobado o bacharelato ou un título equivalente en convocatorias anteriores e que non superase a proba ABAU poderá matricularse obrigatoriamente da Parte obrigatoria (das 5 materias) da ABAU e, se o desexa, da Parte Voluntaria.

b) Alumnado que teña aprobado o bacharelato ou un título equivalente en convocatorias anteriores e que xa superase a proba ABAU poderá matricularse da parte obrigatoria (das 5 materias) da ABAU e/ou da Parte Voluntaria.

c) Alumnado de FP de anos anteriores que estea en posesión do título de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior ou equivalentes poderá matricularse unicamente da Parte Voluntaria.

d) Alumnado de anos anteriores en posesión do título de Bacharelato Europeo que acredite a súa residencia en Galicia poderá matricularse unicamente da Parte Voluntaria.

e) Alumnado procedente de sistemas educativos estranxeiros que obtivese ahomologación dos seus estudos aos títulos de bacharelato ou de Técnico Superior de FP, de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior español e que acredite a súa residencia en Galicia poderá matricularse unicamente da Parte Voluntaria.

f) Alumnado procedente de sistemas educativos da UE ou equivalentes que estea en posesión da credencial de acceso expedida pola UNED e que acredite a súa residencia en Galicia poderá matricularse unicamente da Parte Voluntaria.

g) Alumnado de Formación Profesional pertencente a centros de Galicia que estea en disposición de acadar o título de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ouTécnico Deportivo Superior ou equivalente na convocatoria de xuño do curso 2021/22, aínda que estea pendente da finalización da Formación en centros de Traballo (FCT) e, se é o caso, o módulo de proxecto, e desexe mellorar a súa nota de acceso á universidade mediante a realización da Parte Voluntaria. Os resultados estarán condicionados á superación da FCT e/ou proxecto. 

Procedemento de matriculación anticipada:

A matrícula anticipada realizarase a través da aplicación informática Nerta (https://www.edu.xunta.es/nerta) e, de non ser posible, enviarase a documentación por correo electrónico ao correspondente Lugar de Entrega e Recollida de Documentación (LERD, véxase Anexo I) que procederá á súa matrícula.

Só excepcionalmente poderá facerse in situ, previa cita, nos LERD habilitados en cada un dos sete campus de Galicia (véxase Anexo I).

O alumnado dos Centros de Galicia que ten os seus datos académicos informatizados na aplicación Nerta e con conta de usuario fará a súa matrícula a través desta aplicación (https://www.edu.xunta.es/nerta/).

Documentación para a matrícula anticipada

Documentación común:

1. Fotocopia do DNI ou Pasaporte.

2. Impreso oficial de matrícula na ABAU debidamente cumprimentado (datos persoais,

académicos e de matrícula para a ABAU) que poderá baixar da páxina web da CIUG.

3. Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula ou, no seu caso, documentación que acredite a exención destes, segundo o estipulado nesta convocatoria de matrícula (consultar o extracto da convocatoria no arquivo adxunto "Prezos públicos e exencións").

Documentación específica

Consultar o extracto da convocatoria no arquivo adxunto "Documentación para a matrícula anticipada"

Normativa e máis información:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut