Skip to Content

Convocatoria de probas de nivel lingüístico de inglés (B1, B2 e C1) para alumnos/as de 4 de eso, 1º e 2º bac e ciclos formativos

ENLACE Á NORMATIVA DE REFERENCIA:

 https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_acreditacion_linguistica_centros_publicos.pdf

A consellería acaba de publicar unha resolución (enlace na parte superior) mediante a cal se regula a inscripción do alumnado de cuarto de educación secundaria obrigatoria, primeiro e segundo de bacharelato e ciclos formativos (para o curso 2022/2023), que ten por obxecto convocar unha probas para acreditar a competencia en lingua estranxeira nos niveis de competencia B1, B2 ou C1 do marco común europeo de referencia para as linguas. 

O alumnado interesado que contacte co departamento de inglés do centro e coa dirección para a súa incripción nas probas antes do día 30 de xuño. Os custos de matriculación e procedemento de acreditación corren a cargo da consellería de educación. 

Información relativa ao fin de curso 2021/2022 e matriculación no curso 2022/2023

Este mércores 22 de xuño remata a actividade lectiva do presente curso. A partir de este momento levarase a cabo a avaliación, entrega de notas e o proceso de matriculación no vindeiro curso. As datas a ter en conta para fin de curso son as seguintes:

  • Exames de recuperación para educación secundaria obrigatoria e probas extraordinarias de bacharelato: 20,21 e 22 de xuño
  • Devolución libros de texto do fondo solidario do curso actual: 21 e 22 de xuño
  • Data límite solicitude fondo de libros e material para o vindeiro curso: 22 de xuño
  • Remate actividades lectivas: 22 de xuño
  • Publicación en abalar das cualificacións finais para educación secundaria obrigatoria, formación profesional básica, ciclos formativos e avaliación extraordinaria de bacharelato: 23 de xuño a partir das 14:00 horas
  • Entrega de boletíns de notas e recollida de sobres de matrícula para o vindeiro curso: 27 de xuño ás 11:00 horas
  • Reclamacións ás cualificacións: 28 e 29 de xuño

 

MATRÍCULA ESO E BACHARELATO

  • Matrícula para educación secundaria obrigatoria e bacharelato abrangue do 25 de xuño ata o 10 de xullo como data límite.  Pero cada curso deberá preferentemente entregar os sobres cubertos os seguintes días no centro educativo:
  • Xoves 30 de xuño recollida dos sobres de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria
  • Venres 1 de xullo 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria
  • Luns 4 de xullo 1º e 2º de bacharelato

 

PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS

Para completar a preinscripción e matrícula nos graos básico, medio e superior de formación profesional as datas para levalo a cabo son entre o 27 de xuño e o 5 de xullo (grao medio e superior) e 6 de xullo para o grao básico.

O alumnado ten a opción de realizar o procedemento ou ben na secretaría do centro mediante un formulario de reserva a disposición do alumnado (ED519A) ou mediante a aplicación da consellería para este procedemento (www.https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/)

  • Preinscripción no grao básico de formación profesional: do 27 de xuño ata as 14.00 horas do día 6 de xullo 
  • Preinscripción en ciclo medio e superior: do 23 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas 

Unha vez cumprimentada a preinscripción o alumnado entregará no centro o sobre de matrícula que se entrega para os que continúan no centro o día 27 de xuño . O alumnado procedente de outros centros pode cumprimentar os sobres entre os días 19 e 22 de xullo.

Premio extraordinario de Bacharelato - Lista definitiva do alumnado admitido e excluído

O mércores 15 de maio de 2022, publicaronse na páxina web da Consellería de Educación as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído  dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022.

As probas terán lugar o vindeiro 23 de xuño nos centros indicados na seguinte relación. Ó alumnado do IES Xermán Ancochea Quevedo correspóndelle o CIFP A Farixa, na cidade de Ourense.

Segundo a resolución do 3 de maio, para a realización da proba as persoas candidatas deberán presentarse no lugar asignado ás 9.30 horas e acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

A proba realizarase de acordo co seguinte horario:

– 9.30 horas, presentación das persoas candidatas.

– 10.15 a 12.15 horas, primeira parte da proba.

– 12.45 a 13.45 horas, segunda parte da proba.

Poderán obter máis información na ORDE do 31 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento (ED311A).

Exames extraordinarios Bacharelato - Xuño 2022

No arquivo adxunto poden consultar as datas e o lugar de realización dos exames extraordinarios de Bacharelato.

Exámenes de recuperación ESO - Xuño 2022

No arquivo adxunto poden consultar as datas e o lugar de realización dos exames de recuperación da ESO

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Lembramos que o prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro 22 de xuño.

Ante as dúbidas e os erros de cumprimentación que apreciamos en moitas das solicitudes, achegamos instrucións detalladas para cumplimentar correctamente os formularios. 

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Cualificacións provisionais. Convocatoria 2022

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

 

Período de reclamación: do 7 ao 10 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

 

DEVOLUCIÓN LIBROS OBTIDOS POLO FONDO SOLIDARIO

DEVOLUCIÓN LIBROS OBTIDOS POLO FONDO SOLIDARIO 

O prazo para devolver os libros serán os días 21 e 22 de xuño na secretaría de 10:00 a 12:00 horas. 

A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario de libros de texto e das convocatorias de axudas. Igualmente no caso de que o estado no que son devoltos non permita a súa reutilización.

 

Premio extraordinario de bacharelato: Listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído

Hoxe, 31 de maio de 2022, publícanse na páxina web da Consellería de Educación as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022.

Premios extraordinarios de E.S.O ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22

Normativa

Hoxe, 30 de maio de 2022, publícase no Diario Oficial de Galicia, a ORDE do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311D).

Finalidade

Recoñecer e valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico a etapa de educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia

Número, orzamento e características dos premios

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios.

A dotación para os premios será de 20.000 € que se distribuirán entre as persoas premiadas na mesma contía, e que non poderá exceder os 1.000 € por premio.

O alumnado que obteña o premio extraordinario percibirá a dotación económica,  e, ademais, recibirá un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.

Estes premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico son compatibles con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas concedidos por algunha Administración pública competente ou por calquera ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou organismos internacionais.

O alumnado que obteña premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico e cumpra os requisitos establecidos na Orde ECD/1611/2015, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, do 29 de xullo; poderá optar aos premios nacionais de educación secundaria obrigatoria

Destinatarios

O alumnado que finalizase os estudos de educación secundaria obrigatoria neste curso nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, e cumpra os seguintes requisitos:

a) Ter cursado durante o ano académico 2021/22 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.

c) Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. 

Todos os requisitos relacionados neste apartado deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Prazo de presentación

Será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2022 e rematará o día 30 de xuño de 2022.

Forma de presentación

As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais das persoas solicitantes.

As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática <<PremiosEdu>> e  na sede electrónica da Xunta de Galicia, ou directamente desde a propia aplicación <<PremiosEdu>>.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común (non se poderá presentar no centro educativo).

Realización da proba para a obtención do premio

O alumnado deberá realizar unha proba presencial que terá carácter único en todo o territorio da comunidade e terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes.

A realización da proba terá lugar o día 6 de setembro de 2022 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Estrutura da proba

A proba estruturarase en dúas partes:

a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso:

  • Lingua galega e literatura,
  • Lingua castelá e literatura,
  • e Primeira lingua estranxeira,

Agás no caso de alumnado con exención en Lingua galega e literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.

b) Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas, de tres materias do currículo de cuarto curso:

  • Xeografía e historia.
  • Unha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas ou Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas.
  • Unha materia para escoller de entre as materias de opción do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Bioloxía e xeoloxía, Economía, Física e química, Latín, Ciencias aplicadas á actividade profesional, Iniciación á actividade emprendedora e empresarial ou Tecnoloxía.

Cada parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de dúas horas.

Os exercicios da proba cualificaranse entre 0 e 10 puntos cun decimal.

Para poder aspirar ao premio, deberanse obter, como mínimo, cinco puntos en cada unha das materias.

Distribuir contido


by Dr. Radut