Skip to Content

Menús decembro

Podcast certame de relato oral "Tíralle da Lingua" do departamento de galego

Desde o Departamento de LLG participamos no certame de relato oral Tíralle da Lingua con 10 contadas: 

Pesadelo na parroquia de San Martiño, Daniela (1ºESO)
O carnaval de Manzaneda, Daniela (1ºESO)
O velliño do monte, Arturo (2ºESO)
As aventuras de Novo, Lidia (3ºESO)
A lagoa da serpe, Aroa (3ºESO)
A historia do Pandigueiro, Noa Macía (4ºESO)
Floralba e o peregrino, Uxía (4ºESO)
O exilio arriscado, Paula e Dani (1ºBAC)
A lenda do galego, Iker e Jairo (1ºBAC)
A vella queimada en Triabá, Alicia e Ana (1ºBAC)

Poden escoitarse as historias nestas dúas ligazóns: 
1º ESO 2ºESO e 3ºESO
4º ESO e 1º BAC

Na semana do 11 ao 15 de decembro coñeceranse xs gañadorxs. Haxa sorte!

Información programa EDUMOB do departamento de Francés

 

A consellería convoca un programa de intercambio de alumnado matriculado en centros públicos galegos con matriculado de centros pertencentes á Rexión Académique de Grand Est en Francia.

Este programa vaise desenvolver por primeira vez no presente curso 2023-2024 para alumnado matriculado en 1º de bacharelato que curse a materia de francés.

Máis información no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41625

 

Xornada formación para as familias o vindeiro mércores 22 de novembro

O vindeiro mércores 22 de novembro levarase a cabo na biblioteca do CEIP Manuel Bermúdez Couso de 16:00 a 18:00 horas unha xornada formativa destinada ás familias do alumnado de infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato. coa seguinte temática: 

        

Convocatoria de folga o día 16 de novembro de 2023

O centro ten coñecemento da convocatoria dunha folga de estudantes para  o día 16 de novembro de 2023 durante toda a xornada lectiva. A organización convocante é o Sindicato de Estudantes e o motivo da folga: solidariedade co pobo palestino, non ao xenocidio en Gaza.

 

                        

Menú Novembro 2023

Convocatoria de folga de estudantes para o xoves día 26 de outubro

 

O vindeiro xoves día 26 de outubro está convocada unha folga de estudantes convocada polo sindicato de estudantes para todos os cursos menos para 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria que como grupo (decisión colectiva) non teñen dereito a non asistencia a clase pola normativa pero os titores legais do alumnado poden decidir a non asistencia a clase. Achéganse documentos para a xustificación da inasistencia a clase que deben ser entregados 24 horas antes da data de celebración, o alumnado menor de idade debe traer estes xustificantes asinados polas nais/pais ou titores legais. A xustificación pódese facer por abalar ou ben usando o modelo de xustificante que se achega como documento adxunto.

Reunión coas familias

Este vindeiro martes 10 de outubro temos a reunión coas familias de inicio de curso para trasladar a información de interés para este curso. Podedes descargar aquí os folletos informativos dos diferentes niveis de ESO , bacharelato e ciclos formativos.

Menú comedor outubro

2134e950-21e6-4418-a60f-cea974077034.jpeg

Menú de comedor

Menús comedor mes de setembro. Adxúntase información relativa á comunicación de alérxenos alimentarios.

Distribuir contido


by Dr. Radut