Skip to Content

Menús Marzo comedor

  

Información da convocatoria de folga por parte do sindicato de estudantes para o vindeiro 8 de marzo

O centro ten coñecemento da convocatoria dunha folga de estudantes para  o día 8 de marzo de 2024 durante toda a xornada lectiva. A organización convocante é o Sindicato de Estudantes e o motivo da folga: " mostrar o noso rechazo á violencia de xénero e demandar unha materia de educación sexual nos nosos centros de estudo

Achéganse documentos relativos á convocatoria e para a xustificación da inasistencia a clase de ser o caso.

AXUDASLE: Actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado

Veñen de ser convocadas as axudas para mellorar a competencia lingüística do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos de Galicia, con estadías durante o verán (xullo-agosto) Deixámosvos un resumo a continuación con ligazón á Orde da convocatoria onde atoparedes toda a información precisa.

Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024

     Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 12/02/2024).

A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Total número de prazas: 645

PRAZO: 13 de febreiro – 12 de marzo

 Normativa para consulta:

CONTRATACIÓN DA CONCESIÓN DOS SERVIZOS DE XESTIÓN DAS CAFETERÍAS DOS CENTROS DE ENSINO PÚBLICOS DA PROVINCIA DE OURENSE, EN 28 LOTES, DURANTE OS CURSOS 2024/25 e 2025/26 (posible prórroga cursos 2026/27 e 2027/28) MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, TRAMITACIÓN

NÚM. DE EXPEDIENTE: OU 1 2024 CSCAFETERIASCP

Información publicada na Plataforma de Contratos da Xunta de Galicia/ Perfil do contratante: https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion? N=821899

Os requisitos e a documentación para participar na licitación figuran detallados no Prego de Cláusulas Administrativas Particulares (PCAP).

As ofertas deberán formularse a través do Sistema Electrónico de Licitación (SILEX): www.conselleriadefacenda.es/silex (buscar por número de expediente: OU 1 2024 CSCAFETERIASCP As notificacións derivadas da licitación realizaranse por medios electrónicos (NOTIFICA.gal). Descrición dos lotes: Anexo V PCAP

FIN PRAZO para presentación ofertas: día 26 de febreiro 2024, 14:00 horas

Para máis información chamade ao 988330302 (teléfono instituto)

Menú febreiro

     

 

 

Probas título ESO 2024

Probas de acceso a ciclos 2024

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025

 

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

 

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Anexo I galego

Anexo I castelá

Normativa de aplicación:

Menús Xaneiro 2024

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut