Skip to Content

Comunicación de folga ás familias

Informamos ao conxunto da comunidade educativa que o vindeiro martes 25 de abril a organización estudantil Erguer (estudantes da Galiza) convoca unha folga estudantil coa seguinte temática: "Contra os avances que se están a producir na privatización do ensino e por unha Lei Galega de Educación". Están disponibles (como adxuntos) a  información da convocatoria e o anexo de xustificación por partes das familias. 

Listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de FP de grao superior curso 2020-2021

Hoxe publicanse na páxina web da Consellería de Educación as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2020-2021.

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores para o curso 2022/23

O día 21 de abril publicaronse no DOG as instruccións para o acceso e a admisión do alumnado para o curso 2022-2023 ás seguintes ensinanzas artísticas superiores:

Artísticas superiores de Música

Artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Artísticas superiores de Arte Dramática

Artísticas superiores de Deseño

O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 22 de abril ata o 23 de maio de 2022.

As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o 23 de xuño (excepto no caso das Artísticas superiores de Música)

Con carácter xeral, as solicitudes cubriranse de xeito telemático no formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas/ e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

Convocatoria das probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23

O 21 de abril publicouse a Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.

A solicitude de inscrición presentarase na secretaría dalgún dos centros educativos vinculados a cada modalidade deportiva, segundo consta na relación do anexo IV da Resolución. Na modalidade de fútbol deberá presentarse necesariamente na secretaría do centro elixido para realizar a proba específica.

O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de educación secundaria obrigatoria e/ou na proba específica de grao medio será o comprendido entre o día 22 de abril e o día 29 de xuño de 2022, ambos os dous incluídos.

O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato será o comprendido entre o día 22 de abril e o día 23 de maio de 2022, ambos os dous incluídos.

Reunións coas familias sobre o calendario de final de curso

O vindeiro xoves 28 de abril levaremos a cabo unha reunión para informar ás familias sobre o calendairo de final de curso. Estas reunións serán mediante a aplicación webex (código 842 561 157) distribuídas da seguinte forma:

  • 1º, 2º e 3º de ESO de 15:30 a 16:30
  • 4ºde ESO e 1º e 2º de bacharelato de 16:30 a 17:30

Os temas a tratar na reunión serán os seguintes:

  • Calendario de recuperación de materias pendentes de cursos anteriores para educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
  • Avaliación final ordinaria e extraordinaria para educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
  • Estrutura das avaliacións parciais e probas finais das diferentes etapas, tendo en conta que este curso non hai probas extraordinarias de setembro. Aclaración do procedemento de reclamacións das cualificacións.
  • Addendas ás programacións didácticas e criterios de promoción e titulación que entran en vigor no presente curso.
  • Criterios de concesión da matrícula de honra para ESO  e bacharelato.
  • Rolda de intervencións

Esta información está diponible no apartado da páxina de documentos e formularios de interese no marxe esquerdo da páxina.

VIDEO EXPLICATIVO DO FUNCIONAMENTO DA APLICACIÓN WEBEX:

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxe definitiva de solicitudes, sedes e instrucións. Convocatoria 2022

Onte publicouse na páxina web da Consellería a listaxe definitiva de solicitudes, a listaxe de sedes e as instruccións das probas de acceso a ciclos formativos de grado medio, que se celebrarán o vindeiro 25 de maio a partir das 9:00 horas.

Pódense consultar premendo neste e nos seguintes enlaces:

  • Listaxe definitiva de solicitudes (É necesario obter previamente o CPC (Código Persoal de Consulta) na aplicación "ciclosProbas".
  • Listaxe das sedes - O centro IES Xermán Ancochea correspóndelle como sede o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.
  • Instruccións

 

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas na proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de 20 anos (2022)

Hoxe, día 6 de abril de 2022, publícase a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas na proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de 20 anos (2022).

Pódese consultar na seguinte dirección: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36673

A proba realizarase en Santiago de Compostela o día 29 de abril de 2022 no IES San Clemente (Rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela)

Convocatoria dos premios extraordinarios de FP de grao superior de Galicia do curso 2020/21

Convocatoria dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2020/21

O luns 21 de marzo publicouse no DOG a Orde do 8 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311B).

Persoas beneficiarias

Alumnado que cursase estudos de formación profesional de grao superior no curso 2020/21 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematase en 2021 cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

Finalidade

A finalidade destes premios é a de dar recoñecemento público aos méritos baseados no esforzo e no traballo das persoas que finalizaron os estudos de formación profesional de grao superior cun excelente rendemento académico.

O alumnado premiado poderá concorrer, logo da súa inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.

Importe

Vinte e tres (23) premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación total de 23.000 €, que non poderán exceder os 1.000 € por premio.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia:

Dende o 22 de marzo ata o 22 de abril de 2022

Forma de presentación de solicitudes

As solicitudes de participación presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática "PremiosEdu" (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación "PremiosEdu".

 

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas na proba libre para a obtención do título de bacharelato para persoas maiores de 20 anos (2022)

O 18 de marzo publicouse na páxina web da Consellería de Educación a relación provisional de persoas admitidas e excluidas na proba libre para a obtención do título de bacharelato para maiores de 20 anos:

Lista de admitidos

Xunto coa listaxe de persoas admitidas e excluídas sinalaranse para cada persoa aspirante os exercicios en que figura inscrita, con indicación, se é o caso, da nota correspondente aos exercicios validados e a concesión ou denegación da exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II.

Unha vez publicadas as listaxes as persoas interesadas disporán de 10 días para presentar, mediante escrito motivado e dirixido á dirección do centro no cal se presentase a solicitude de inscrición na proba, as alegacións que consideren convenientes ou emendar as deficiencias detectadas na documentación achegada, de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O día 5 de abril de 2022 publicarase a listaxe definitiva do alumnado admitido e excluído no portal educativo https://www.edu.xunta.gal Novena.

A proba realizarase en Santiago de Compostela o día 29 de abril de 2022 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

Probas de acceso ciclos formativos de grado superior. Listaxes definitivas. Sedes e instrucións para a súa realización

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2022:

Publicadas instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2022:

Máis información

Distribuir contido


by Dr. Radut