Skip to Content

Información relativa ás eleccións do consello escolar 2021

No presente curso celebraranse eleccións ao consello escolar (formado por 18 membros) reguladas pola resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG 29/9/2021) e o decreto 324/1996 do 26 de xullo. O 25 de outubro constituiuse a xunta electoral, órgano encargado da supervisión do proceso e que se reunirá os días 4, 15 e 29 de novembro. As datas a ter en conta neste proceso son:

 

  • Presentación de candidaturas para elixir (2 representantes de nais/pais, 4 representantes do alumnado e 5 representantes do profesorado) do 4 ao 15 de novembro.
  • Reclamacións á proclamación de candidatos do 15 ao 19 de novembro.
  • Votacións:
    • Representantes de nais/pais 25 de novembro de 20:00 a 22:00 horas
    • Representantes do alumnado 23 de novembro en horario lectivo.
    • Representantes do profesorado 24 de novembro no salón de actos ás 11:00 horas.
  • Cese dos membros saíntes e constitución do novos membros o 2 de decembro.

Animádevos a presentar as vosas candidaturas!!!!!!



page | by Dr. Radut