ACCESO E MATRÍCULA. CICLOS DE FÚTBOL



ACCESO

  • Directo: Para acceder ao ciclo medio deberías ter o título da ESO ou outro ciclo de grao medio como mínimo. Tamén con 2º de BUP ou a proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos.
  • Proba: No caso de non ter o título da ESO, terás que pasar unha proba de madureza (necesitas ter 17 anos cumpridos).

En calquera caso deberás pasar unhas probas físicas (podes descargalas do Curriculo ou na páxina de ensinanzas especiais), que se celebran no CIFP Universidade Laboral no mes de xuño. (Mais información no menú Dirección>Secretaría>Probas de acceso)

Para acceder ao ciclo de técnico deportivo superior (N3) debes cumplir o seguinte:

  1. Posuir o título de grao medio da especialidade Ciclo Técnico Deportivo en Fútbol (N1 - N2).
  2. Posuir algunha das seguintes titulacións:
    1. Título de bacharelato ou equivalente.
    2. Titulo de técnico superior de outra especialidade
    3. Título universitario
  3. Acreditar experiencia como adestrador federado durante 6 meses ou 183 días en calquera categoría e posterior ao ter o título de Técnico Deportivo en Fútbol. Segundo referencia Real Decreto 1363/2007, do 24 de outubro, Disposición final segunda, punto 1.

Se non tes o título de bacharel pero tes 19 anos cumpridos podes pasar unha proba específica de madureza.

MATRÍCULA

Administración>Secretaría> Matrícula.