NORMATIVA. CICLOS DE FUTBOL



Este ciclo pertence a familia das ensinanzas especiais, por eso ten algunhas características propias pero, en xeral, funciona igual que calquera outro ciclo.

ASISTENCIA:

É obrigatoria, permitíndose un máximo de faltas dun 10% da carga horaria de cada módulo. Se alguén se pasa do máximo, cousa bastante sinxela debido a extremadamente pequena carga horaria dalgúns módulos, sigue a ter dereito a un exame final.

PRÁCTICAS:

Unha gran diferencia con outros ciclos de FP é que existen tres periodos de prácticas, un en cada nivel. Pero existe o problema de que non se pode acceder a eles se non tedes aprobados todos os módulos de cada nivel.

VALIDACIÓNS:

Dependendo dos estudos que acredites (TSAAFD, Maxisterio, INEF, outras titulacións deportivas, etc) podes ter dereito a convalidación de varios módulos.

En principio, con calquera das titulacións especificadas poderías convalidar gran parte ou todo o bloque común. Esto terías que solicitalo no propio instituto no momento de efectuar a matrícula do curso. Neste enlace podedes ver concretamente as validacións posibles según os teus estudos.

Os licenciados en Educación Física con maestría en Fútbol, poden convalidar tamén moitos módulos do bloque específico, pero eso terán que facelo eles personalmente a través do CSD. Aquí tedes o enlace a páxina web onde podedes baixar o formulario necesario e tamén o enlace ao BOE que regula este proceso.

ACCESO A OUTROS ESTUDOS:

Ter superados os dous niveis do ciclo medio te capacita para poder optar a calquera ciclo superior, un 20% das plazas dos ciclos superiores se reservan para titulados de ciclos medios. Tamén terás acceso a calquera das modalidades de bacharelato, calquera que fora o requisito académico para o acceso ás ensinanzas deportivas.

O título de Técnico Deportivo Superior permite o acceso directo aos estudos universitarios que se determinen, tendo en conta os estudos cursados.

  • Mestre en todas as especialidades
  • Diplomatura en educación social
  • Diplomatura en enfermería
  • Diplomatura en empresas e actividades turísticas.
  • Diplomatura en fisioterapia
  • Diplomatura en terapia ocupacional.
  • Diplomatura en traballo social.
  • Diplomatura en turismo.
  • Licenciatura en ciencias da actividade física e do deporte.