CICLO DE FUTBOL
No noso centro se imparten dous ciclos, un de grao medio e outro de grao superior, que impártense gratuitamente (agás a matrícula) en tres centros educativos en Galicia (CIFP Universidade Laboral de Culleredo en A Coruña, IES Sánchez Cantón en Pontevedra e IES Río Cabe en Monforte. Tamén o podes obter en algún centro privado e, desde o curso 2010-11, coa Federación, pero en ambos casos non son cursos gratuitos.)
VALIDEZ DAS ENSINANZAS: Queremos destacar que as titulacións obtidas tanto nos centros educativos como nas federacións son exáctamente as mesmas e están abaladas pola Ley del deporte nacional no seu artigo 55.4 e pola Ley do deporte autonómica nos artigos 73 e 74. Ninguén pode negar o traballo ou o acceso a calquera outra titulación alegando que a nosa titulación non é válida por non ser "federativa". Como podedes ler nas devanditas leis, ESTÁN OBRIGADOS a aceptalas. O mesmo ocorre para desempeñar traballos no extranxeiro, todos os paises están obrigados a aceptar as titulacións que se impartan nos seus paises asociados. No caso da Unión Europea existe a RED SOLVIT, encargada de solucionar os problemas relacionados coa libre circulación de traballadores, no caso de ter un problema se podería facer unha denuncia nesta asociación que se resolvería en 15 días. Polo tanto, non só os cursos federativos acreditan para licencias UEFA no extranxeiro, os títulos obtidos nos centros educativos son perféctamente válidos. |
Realizar estes ciclos no CIFP Universidade Laboral ten a vantaxe principal da gratuidade, pero a formación obtida é de moi alto nivel, os profesores levan anos impartindo os módulos e compaxinando a docencia cunha moi amplia e contrastada carreira profesional en clubes de primeiro nivel. Ten por seguro que nestes centros recibirás a formación axeitada en todos e cada un dos módulos do ciclo así como unha atención personalizada e unha dedicación absoluta por parte do profesorado.
DURACIÓN DAS ENSINANZAS
A partir deste curso 2020-21 tamén terás a vantaxe de poder acabar o ciclo medio en apenas un ano.
O Ciclo Medio está estruturado en dous niveis. O primeiro nivel desenvolverase durante os meses setembro a decembro, coas prácticas incluidas. A partir de xaneiro e até xuño farás o 2º nivel, tamén con prácticas incluidas.
O segundo ano tes que cumplir o requisito de, cando menos, 6 meses de adestramento nun club de calquera categoría, para poder acceder ao terceiro nivel no mes de setembro do curso seguinte.
O terceiro nivel (adestrador nacional) é un ciclo de grao superior, necesita unha serie de condicións de acceso que podes ver no apartado de Acceso e matrícula. Este Nivel III ten unha duración dun curso académico, máis de 800 horas, das cales 200 son de prácticas nun club.
En resume, podes rematar os tres niveis en tres anos, ganamos un ano completo ao sistema anterior.
A realizacización destes ciclos proporciona o acceso a outras ensinanzas, o podes ver detallado no apartado Normativa.
É importante destacar que os módulos do bloque común son iguais en calquera especialidade deportiva, deste xeito, unha vez superados, poderías facer calquera outra modalidade soamente cursando o bloque específico correspondente.
Agora podes ver os módulos de cada nivel, se tes algún estudo relacionado (Maxisterio, INEF,...) podes validar módulos, consultao no apartado Normativa.
MÓDULOS NIVEL I:
BLOQUE COMÚN:
Horas teóricas | Horas prácticas | Denominación |
15 | Bases anatómicas e fisiolóxicas do deporte | |
10 | 5 | Bases psicopedagóxicas do ensino e do adestramento deportivo |
10 | 10 | Adestramento deportivo |
5 | Fundamentos sociolóxicos do deporte | |
5 | Organización e lexislación do deporte | |
30 | 15 | Primeiros auxilios e hixiene no deporte |
BLOQUE ESPECÍFICO:
Horas teóricas | Horas prácticas | Denominación |
10 | Desenvolvemento profesional | |
5 | 5 | Dirección de equipos |
10 | 10 | Metodoloxía do ensino e do adestramento do fútbol |
5 | 10 | Preparación física |
15 | 5 | Regras de xogo |
10 | 10 | Seguridade deportiva |
20 | 20 | Tácticas e sistemas de xogo |
20 | 20 | Técnica individual e colectiva |
MÓDULO COMPLEMENTARIO:
25 horas teórico-prácticas | Módulo formativo complementario do primeiro nivel |
MÓDULOS NIVEL II:
BLOQUE COMÚN:
Horas teóricas | Horas prácticas | Denominación |
25 | Bases anatómicas e fisiolóxicas do deporte II | |
15 | 5 | Bases psicopedagóxicas do ensino e do adestramento deportivo II |
15 | 10 | Adestramento deportivo II |
10 | Organización e lexislación do deporte II | |
10 | Teoría e socioloxía do deporte |
BLOQUE ESPECÍFICO:
Horas teóricas | Horas prácticas | Denominación |
10 | Desenvolvemento profesional II | |
10 | 5 | Dirección de equipos II |
10 | 10 | Metodoloxía do ensino e do adestramento do fútbol II |
10 | 10 | Preparación física II |
15 | 5 | Regras de xogo II |
20 | 20 | Tácticas e sistemas de xogo II |
20 | 20 | Técnica individual e colectiva II |
MÓDULO COMPLEMENTARIO:
45 horas teórico-prácticas | Módulo formativo complementario do segundo nivel |
MÓDULOS NIVEL III:
BLOQUE COMÚN:
Horas teóricas | Horas prácticas | Denominación |
10 | 10 | Biomecánica deportiva |
20 | 20 | Adestramento de alto rendemento deportivo |
20 | 10 | Fisioloxía do esforzo |
30 | 5 | Xestión do deporte |
10 | 5 | Psicoloxía de alto rendemento deportivo |
10 | Socioloxía do deporte de alto rendemento |
BLOQUE ESPECÍFICO:
Horas teóricas | Horas prácticas | Denominación |
30 | 10 | Desenvolvemento profesional III |
15 | 15 | Dirección de equipos III |
15 | 10 | Metodoloxía do ensino e do adestramento do fútbol III |
20 | 25 | Preparación física III |
15 | 10 | Regras de xogo III |
5 | 5 | Seguridade deportiva II |
30 | 60 | Tácticas e sistemas de xogo III |
20 | 70 | Técnica individual e colectiva III |
MÓDULO COMPLEMENTARIO:
25 horas teórico-prácticas | Módulo formativo de información e comunicación |
50 horas | Módulo formativo de lingua extranxeira (inglés) |