Blogues

Adaptación da Programación Didáctica do Departamento de Matemáticas para o 3º Trimestre do curso 2019/2020

 

Segundo as instrucións ditadas pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, faise necesario adaptar as Programacións Didácticas dos diferentes Departamentos á actual situación de crise sanitaria que se está a vivir por mor da pandemia provocada pola COVID-19.

Premendo sobre a seguinte imaxe, accédese ao documento que recolle as modificacións acordadas ao respecto polo Departamento de Matemáticas. Este documento contén un índice con ligazóns que conducen á parte da Programación que se desexe consultar.

 

Adaptación Programación Didáctica Departamento Matemáticas

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN

No DOG de hoxe, 6 de maio de 2020, sae publicada a RESOLUCIÓN da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 5 de maio, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop). 

Entre outros, o acordo sobre o RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

Os días habilitados para este procedemento serán desde o luns 11 de maio até o luns 18, ambos os dous incluídos em horário de 9’00 horas a 14’00 horas

 

NOTA: en vista das numerosas consultas lembramos que OS ALUMNOS DO CENTRO NON NECESITAN RESERVAR PRAZA para continuar cursando os seus estudos o próximo ano. Terán que matricularse nos primeiros días do mes de xullo, do que se dará cumprido aviso por este medio. 

información sobre pendentes

Unha vez recibidas instrucións das autoridades educativas da Consellería, a dirección do centro, en coordinación cos xefes e xefas dos departamentos das diversas materias que se imparten no IES Torrente Ballester, acordou elaborar un cronograma para a realización telemática de probas para os alumnos que non teñan superado as materias pendentes por outros mecanismos establecidos polos departamentos. A concreción deste cronograma será publicado en próximos días.

As datas desas probas de materias pendentes de cursos anteriores estarán comprendidas entre os días 18, luns, e 29 de maio, venres para o alumnado da ESO e na semana do luns 25 ao venres 29 para o alumnado de 2º bacharelato.

Notas da 2ª avaliación

Estimadas famílias

Na tarde de hoxe, venres 27 de marzo, recibimos instrucións da Consellaria de Educación para realizar a 2ª avaliación antes do 3 de abril (venres da próxima semana), data prevista antes do Estado de Alarma, con instrucións de non termos en conta a materia dada nin os exercícios feitos desde o día 16 de marzo.

Con esta decisión das autoridades, o profesorado vese na obriga de calcular a nota da avaliación (unha vez acordadas polos departamentos as rectificacións oportunas da programación no apartado de avaliación) co, mais ou menos abundante, material avaliábel do que se fixo no trimestre até o momento da Alarma.

Tamén será necesario revisar, nas respectivas programacións, o peso da nota da 2ª avaliación na nota final do curso, do que procuraremos informalos nun momento futuro, cando saibamos a que aternos respecto do confinamento e das datas para finalizar o curso.

Espero teñan em conta estas circunstancias para sopesar os resultados (tanto positiva como negativamente).

As notas serán remitadas o día tres, sempre que sexa posíbel, por ABALAR ás familias que estean dadas de alta e por correo electrónico para os que non estean en ABALAR e teñan deixado un correo para contactar. Noutro caso recomendo se poñan en contacto co tutor para, na medida do posíbel estabelecer un mecanismo (correo ordinário, p.ex.) para informalos das notas dos seus fillos.

Um saúdo e moito ánimo

nota informativa sobre Estado de Alarma

NOTA INFORMATIVA

A consecuencia do ESTADO DE ALARMA decretado polo goberno de España (Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo) o CENTRO PERMANECERÁ PECHADO a todos os efectos até o día 29 de marzo.

Porén os profesores do centro manterán a comunicación cos alumnos a través dos diversos sistemas informáticos dos que se dispón (abalar, aula virtual, correo electrónico e, nos casos en que xa existise comunicación previa, polos medios que se estiveran utilizando).

O Decreto citado determina que os prazos de solicitude de praza e matrícula ou calquera outro proceso administrativo fican adiados até a normalización da situación (en principio o prazo ampliarase unha semana despois da normalización da situación)

Para informacións doutra índole, de carácter urxente, poderán chamar por teléfono, entre as 10 e as 13 horas, ao número 886159156, por email ao correo ies.torrente.ballester@edu.xunta.gal ou a través da páxina web do centro.

Reserva de praza para alumnos dos centros adscritos

En relación coa reserva de praza no noso centro, todo o alumnado dos centros adscritos ao IES Torrente Ballester que a solicitaron foi admitido. Lembramos ao alumnado e ás familias deste alumnado que no mes de xuño deberán formalizar a matrícula no centro no día ou días que se sinalen coa antelación suficiente. 

Calendario admisión curso 2020-21

 

 

 

 

 

 

CALENDARIO DE ADMISIÓN para o próximo curso 2020-21

Publicación de vacantes escolares

Antes do 1 de marzo

Presentación de solicitudes para novo alumnado

Do 1 ao 20 de marzo

Presentación de documentación acreditativa dos criterios de admisión (de non haber vacantes suficientes para todas as solicitudes)

Do 23 de marzo ao 2 de abril

10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes ao prazo de presentación de solicitudes)

Publicación das listaxes de admitidos e non admitidos

Antes do 25 de abril

Prazo para reclamacións ante o Consello Escolar

5 días hábiles desde a publicación de listaxes

Publicación das listaxes definitivas

Antes do 15 de maio

Presentación de solicitudes de admisión de novos alumnos

a)    

PRAZO: do 1 ao 20 de marzo

b)    

PROCEDEMENTO:

a.    

Presencial (nas oficinas do centro que se solicita en primeiro lugar (de facerse en máis de un perderíase o dereito de prioridade)

b.    

A través de sede electrónica: http://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado

c)    

DOCUMENTACIÓN:

a.    

Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar (cando denegue consulta)

b.    

Documento acreditativo da idade da alumna ou alumno

c.     

Documento acreditativo dos requisitos académico exixidos en cada nivel educativo

d.    

Se é o caso, convenio regulador do divorcio ou separación

Prazas vacantes no IES Torrente Ballester para o próximo curso 2020-21

nivel

Número de prazas vacantes

1º ESO

5

2º ESO

0

3º ESO

5

4º ESO

18

1º BACH

39

2º BACH

76

 

O centro publicará listaxes provisionais de admitidos/non admitidos antes do 25 de abril e definitivos antes do 15 de maio

Para a consulta do estado do procedemento de tramitación as familias poden consultar na web http://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Para conservar o dereito á praza solicitada, os alumnos deberán formalizar a matrícula nos prazos que seguen:

a)    

Prazo ordinario: 25 de xuño ao 10 de xullo

b)   

Prazo extraordinario (alumnos con pendentes de xuño): 1 ao 10 de setembro

Reunión de urxencia - Viaxe a Italia

Estimadas familias:
Ante as últimas novas sobre a evolución do 2019-nCoV (Coronavirus) en Italia, convocámolas a unha reunión de urxencia que terá lugar mañá venres 28 de febreiro ás 20:00 horas no salón de actos do IES Gonzalo Torrente Ballester.
Nesta reunión abordaranse as distintas alternativas que se poden adoptar e tomarase unha decisión consensuada.

Resultado de imagen de gif aviso

Solicitude da Tarxeta Sanitaria Europea

Para todo o alumnado que vai participar na viaxe de estudos a Roma é recomendable que tramiten a solicitude da Tarxeta Sanitaria Europea. O procedemento é moi sinxelo e chega nuns 10 días.

Para solicitala poden visitar a seguinte páxina ou no teléfono 901-166-565

 

Viaxe de estudos a Roma

Próximos xa á realización da viaxe de estudos a Roma, compre asegurarse de que contamos con toda a documentación necesaria. Tal como se especifica na web do Ministerio do Interior deben cumprirse dous requisitos indispensables:

  • Todos os menores españois deberán levar o seu DNI en vigor para viaxar fose do territorio nacional, e dentro da Unión Europea, o Espazo Económico Europeo e a Confederación  Helvética, ou o seu Pasaporte en vigor se viaxa fóra dos devanditos territorios (terceiros Estados).
  • Os menores de 18 anos españois que vaian viaxar ao estranxeiro, non acompañados de calquera dos seus representantes legais (proxenitores ou titor/é), precisarán ademais do DNI ou Pasaporte en vigor, unha declaración asinada de permiso de viaxe fóra do territorio nacional.  Para a súa formalización deberá comparecer nunha Comisaría de Policía Nacional ou nun Posto da Garda Civil. Unicamente é necesaria a comparecencia dun dos representantes legais do menor, sempre que posúa a potestade, a capacidade legal oportuna e o consentimento do outro proxenitor, e no seu caso, o dos terceiros dos que facilita datos. Para a comprobación da súa identidade, debe levar consigo un documento de identidade en vigor (DNI ou pasaporte) e a documentación que acredite a filiación e patria potestade do menor (DNI, pasaporte, libro de familia, etc.).

Poden descargar o formulario premendo no título desta entrada ou en:

DATA LÍMITE DE ENTREGA NO CENTRO: 28 DE FEBREIRO

Felicitación de Nadal

O alumnado e o claustro de profesorado do IES Gonzalo Torrente Ballester quérenlles desexar unhas boas festas e un feliz Nadal.

PROGRAMACIÓNS ANO ACADÉMICO 2019-2020

Nos DEPARTAMENTOS están publicadas as programacións didácticas para este ano académico 2019-2020

Conferencia "La difícil tarea de educar hoy"

No IES Sánchez Cantón de Pontevedra, o próximo dia 14 novembro, xoves, ás 18'30 horas psicóloga Rocío Ramos-Paúl pronunciará unha conferencia co título de "La difícil tarea de educar hoy"

Actividade para Nais e Pais contra a Violencia de Xénero

Informamos do obradoiro para promover a igualdade e a prevención contra a violencia de xénero, dirixido ás nais e pais do alumnado do Ies Torrente Ballester que se realizará no centro o próximo mércores 7 de novembro e adxuntamos o cartel en arquivo.

Teléfono contra a violencia

TELÉFONO CONTRA A VIOLENCIA

Desde a ANPA “El Pino” queremos presentarvos o Teléfono contra a Violencia de Xénero. É unha das actividades de promoción da igualdad e da prevención da violencia de xénero, financiadas para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e coordinadas pola Secretaría de Igualdade e pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co obxecto de eliminar a discriminación entre homes e mulleres e a promoción da igualdad, xunto coa prevención e erradicación da violencia contra as mulleres.

Este servizo estará activado desde o 30 de noviembre do 2019 e está dirixido a todo o ecosistema educativo do centro, é dicir, alumnado, profesorado, pais e nais e cualquera persoa que teña relación co centro educativo.

O teléfono é o 688 655 099 , número en que os espertos do Equipo WATS atenderán calquera consulta relacionada con casos de violencia de xénero que se poidan dar no noso centro.

Se es vítima, ou coñeces alguén que está a ser vítima de violencia de xénero, manda unha mensaxe de WhatsApp para que se poida dar solución o antes posible.

O uso é moi sinxelo, con enviar unha mensaxe a través do WhatsApp ao número 688 655 099 o Equipo WATS estuda o caso e dá resposta nun máximo de 24 horas. Un esperto contactará coa persoa que pide axuda e a aconsellará sobre a mellor maneira de proceder, garantindo o respecto á privacidade do relatado.

Reunións de titores/as cosas familias

Os vindeiros 12 e 13 de novembro levaranse a cabo as reunión a dos titores/as dos respectivos grupos cosas familias.

 

HORA

12 de novembro

13 de novembro

19:00

1 ESO

4 ESO

19:30

2 ESO

1 BAC

20:00

3 ESO

2 BAC

Calendarios de exames

Xa están publicados os calendarios de exames correspondentes á 1ª avaliación para todos os cursos da ESO e 1º de bacharelato. No caso de 2º de bacharelato figuran os de todo o curso.

No seguinte video titorial poden aprender o modo de acceso aos mesmos.

Viaxe de estudos de 4º ESO

 

 

 

 

 

 

 

Formulario de inscrición ENLACE

Nos ficheiros adxuntos teñen o calendario de pagos, as coberturas do seguro de cancelación (opcional) e o programa da viaxe.

Distribuir contido