Blogues

COMUNICACIÓN DA DATA E HORA DO SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DA XUNTA ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Informámoslles que o vindeiro venres 29 de outubro de 2021 ás 10:00 vaise realizar o sorteo público para a designación dos integrantes da Xunta Electoral para as eleccións ao Consello Escolar do IES Gonzalo Torrente Ballester.

Timbre musical

Xa podedes acceder ao formulario para solicitar as vosas cancións para o timbre musical do instituto. Podedes acceder premendo na imaxe, entrando como convidados na Aula virtual e ir ao curso Alumnado que se atopa na categoría Organización e funcionamento de centro ou na páxina web do instituto.
Agardamos as vosas suxestións!

Listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros de Texto

Informámoslles que xa está á súa disposición a listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros de Texto, que poden consultar na apliación Fondolibros, no taboleiro do centro ou chamando ao 886159156.

Ademáis, a partir de mañán, xoves 16 de setembro, poderán recoller os vales de axuda para a adquisición de material.

Graduación de 2º de bacharelato

O vindeiro 15 de xullo terá lugar a ceremonia de graduación do alumnado de 2º de bacharelato. O acto realizarase nas pistas exteriores do centro e manteranse todas as medidas sanitarias establecidas polo protocolo COVID:

  • Distancia de 1,5 m entre asistentes.
  • Uso obrigatorio de mascarilla.
  • Aforo limitado e nominativo.

Listaxe de admitidos e excluídos no Fondo Solidario de Libros de Texto

Informámoslles que xa está publicada a listaxe de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto. Dita listaxe pode ser consultada:


1- No taboleiro de anuncios do centro.
2- Por internet con certificado dixital ou Chave 365 na aplicación Fondolibros.
3- Telefonicamente no 886159156

IMPORTANTE: O prazo de reclamacións é de dous días.

ENTREGA DE NOTAS XUÑO 2020-21

Durante a semana do 21 ao 25 realizarase a entrega de notas ao alumnado dos diversos niveis do centro segundo este calendario:

 

Entrega de notas da convocatoria extraordinaria de 2º Bac:       día 23 ás 12:00 h. (nas aulas de referencia)

Entrega de notas de 1º da ESO:     día 24 ás 11:00 h. (nas aulas de referencia)

Entrega de notas de 2º da ESO:     día 25 ás 10:30 h 2º A (aula 110)

                                                                Ás 11:00 h 2º B (aula 111)

                                                                Ás 11:30 h 2º C (aula 112)

                                                                Ás 12:00 h 2º D (aula 113)

                                                                Ás 12:30 h 2º E (aula 114)

Entrega de notas de 3º da ESO:     día 24 ás 13:00 h (nas aulas de referencia)

Entrega de notas de 4ª da ESO:     día 25 ás 12:00 h (nas aulas 109 4º A, 108 4º B, 107 4º C e 106 4º D)

Entrega de notas de 1º Bach:         día 25 ás 13:00 h (nas aulas 109 1º A, 108 1º B, 107 1º C e 106 1º D)

CALENDARIO CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2º BACH

Entre os días 16 de xuño e o 22 de xuño o alumnado con materias pendentes de 1º de bach ou con materias suspensas de 2º de bacharelato terán ocasión de realizar probas para superalas segundo o calendario que figura como anexo. O calendario anexo sufriu modificacións polo que é substituído por un actualizado.

TORRENTE SOLIDARIO na páxina do IES

Desde hoxe, 31 de maio de 2021, todos os interesados e todas as interesadas no blogue Torrente Solidario, promovido polo alumnado de VoEs, poderán entrar nel a partir da ligazón aloxada no fondo da barra á dereita. Desfrutade dela

ENTREGA NOTAS E RECLAMACIÓNS 2º BACH

O próximo día 18 ás 20:00 horas será a entrega de notas para o alumnado de 2º Bach.

 

Ademais queremos informar de que, en caso de desacordo coa nota nalgunha materia o alumnado de 2º de Bach debe seguir estes pasos:

0. REVISIÓN DA NOTA CO PROFESORADO DA MATERIA, previa instancia oficial, os días 19 e 20 en horario do centro, se ainda houber disconformidade

1. PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓN ANTE O DIRECTOR, en modelo oficial, os días 19 e 20

2. Valoración do departamento ao longo do día 21:

se o departamento RECTIFICA a nota > FIN DO PROCESO (cambianse as actas)

se o departamento RATIFICA a nota o alumno disconforme deberá 

3. PRESENTAR ANTE DIRECCIÓN DE RECLAMACIÓN A  XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA, os días 24 e 25.

 

VACACIÓNS DE NADAL 2020-21

Chegados a este día o equipo directivo do IES Torrente Ballester quere manifestar os mellores desexos para toda a comunidade educativa para estas festas e para o próximo ano e lembrar que, se todo vai ben, a volta às aulas será o día 11 de xaneiro.

INFORMACIÓN PARA ACOMPAÑAMENTO DO ENSINO TELEMÁTICO

En previsión dun futuro confinamento domiciliario e dun futuro ensino telemático, o Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra ofrece ás familias a posibilidade de formación no seu acompañamento ao alumnado e no coñecemento das ferramentas tecnolóxicas que enriquecen a experiencia de aprendizaxe dende os fogares.

PRESENTACIÓN DE ALUMNOS CURSO 2020-21

os próximos días 23, 24 e 25 realizaranse as presentacións do alumnado do centro segundo os seguintes horarios

día 23 de setembro

ás 09'30 horas presentación de 1º Bac

ás 10'30 horas presentación de 1º da ESO

ás 12'00 horas presentación de 2º da ESO

ás 13'15 horas presentación de 1º de Ciclo

 

día 24 de setembro

ás 10'00 horas presentacións de 3º da ESO

ás 12'30 horas presentación de 2º Bac

ás 13'00 horas presentación de 2º Ciclo

 

día 25 de setembro

ás 9'00 horas presentación de 4º da ESO

 

Instrucións: O uso da máscara é obrigado en todo momento. O alumnado entrará no recinto escolar sen acompañamento de familiares. Agardarán a ser chamados na zona cuberta do patio exterior e corredor de subida. Deberán evitar aglomerarse para este fin hai puntos verdes e vermellos pintados no chan como referencia para manter a distancia de seguridade de 1'5 mts.

Distribuir contido