Graduación de 2º de bacharelato

O vindeiro 15 de xullo terá lugar a ceremonia de graduación do alumnado de 2º de bacharelato. O acto realizarase nas pistas exteriores do centro e manteranse todas as medidas sanitarias establecidas polo protocolo COVID:

  • Distancia de 1,5 m entre asistentes.
  • Uso obrigatorio de mascarilla.
  • Aforo limitado e nominativo.