Blogues

Blog do Departamento de Orientación

A través do seguinte enlace poderase acceder ó blog do Departamento de Orientación do centro:

 

Blog da biblioteca

A biblioteca do noso centro, que leva o nome de María Victoria Moreno, conta cun blog propio, no que se vai publicando toda a información sobre as actividades organizadas dende ela. Podedes acceder ó blog a través do enlace http://guedellas.blogspot.com.es/.

Programacións didácticas

Mediante os seguintes enlaces pódese acceder á programación didáctica do Departamento de Orientación para o curso 2014-2015: Plan de orientación académico-profesional e Programación de Pedagoxía Terapéutica.
 

Charlas informativas para familias e profesorado

O equipo directivo do instituto e a ANPA El Pino estamos a organizar para as familias dos alumnos e o profesorado dúas charlas informativas que terán lugar a vindeira semana:

     .- Martes 27 de xaneiro (de 20.15 a 21.30 horas): charla sobre a Lei 5/2000 de responsabilidade penal

        dos menores. Será impartida por colaboradores da Asociación Arela de Vigo.

     .- Xoves 29 de xaneiro (de 20.30 a 22.00 horas): charla sobre a comunicación cos fillos adolescentes.

        Será impartida por un psicólogo colaborador de Cruz Vermella.

Estas actividades terán lugar na Aula 22 do instituto. Para que ambas charlas se poidan confirmar, é preciso contar cun mínimo de vinte ou vinte e cinco asistentes. Así, aquelas persoas que estean interesadas en participar nestas actividades poderán comunicárnolo a través do enderezo de correo electrónico do instituto: ies.torrente.ballester@edu.xunta.es. O último día para facelo será o luns 26 de xaneiro.

 

Programa ORIENTA

Facendo clic neste enlace poderase consultar o programa ORIENTA, a través do cal se poderá acceder a unha abundante e variada información sobre os itinerarios académicos que se poden seguir en España segundo o nivel de estudos que sea a cursar neste momento.

Distribuir contido