información sobre pendentes

Unha vez recibidas instrucións das autoridades educativas da Consellería, a dirección do centro, en coordinación cos xefes e xefas dos departamentos das diversas materias que se imparten no IES Torrente Ballester, acordou elaborar un cronograma para a realización telemática de probas para os alumnos que non teñan superado as materias pendentes por outros mecanismos establecidos polos departamentos. A concreción deste cronograma será publicado en próximos días.

As datas desas probas de materias pendentes de cursos anteriores estarán comprendidas entre os días 18, luns, e 29 de maio, venres para o alumnado da ESO e na semana do luns 25 ao venres 29 para o alumnado de 2º bacharelato.