Skip to Content

Novas

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes de becas para o curso 2022-2023

   

    Vense de publicar unha resolución da secretaría de estado de educación, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes das bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios ata as 24,00 horas (hora peninsular) do día 16 de maio de 2022.

 

Admisión de alumnado. Listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2022-2023.

   

   Seguindo o disposto na orde pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, procédese á publicación no vestíbulo do centro das listaxes definitivas do alumnado de ESO e Bacharelato admitido para o vindeiro curso 2022-2023.

 

Uso seguro de internet para familias

 

   

    Desde o INCIBE, Instituto Nacional de Ciberseguridade, invitan a participar ás familias do noso centro educativo a unha sesión sobre o uso seguro de Internet, centrada no acompañamento dos menores na súa experiencia dixital.
    Esta sesión será en modalidade online cunha duración aproximada dunha hora e con dúas datas dispoñibles: 3 de maio ás 15:30 e 31 de maio ás 17:00.
    Os contidos serán os mesmos nas dúas convocatorias. Se estades interesados tedes que inscribirbos no enlace correspondente e recibiredes desde o INCIBE o enlace para a conexión mediante Zoom para a correspondente data:

                          Inscripción para el 03/05/2022 ás 15:30

                          Inscripción para el 31/05/2022 a las 17:00

Información de final de curso 21/22

      A publicación da ORDE do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, provocou unha serie de cambios con respecto á planificación do curso que se concretan na  ligazón.

Convocatoria premios extraordinarios de bachaletato. Curso 2021-2022

   

    No DOG de hoxe luns saíu publicada a convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao presente curso.

    O prazo de solicitudes comezará o 26 de abril e remata o 25 de maio.

    Un requisito fundamental é ter unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

    A presentación é electrónica e hai un enlace no artigo 4 do DOG.

Directrices do uso das máscaras nos centros educativos

       A Dirección Xeral de Saúde Pública e a Consellería de sanidade veñen de publicar as directrices do uso das máscaras nos centros educativos.

Procedemento de reclamación das cualificacións obtidas. Curso 2021-2022

        Xúntase a circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022.

Bolsas e axudas do Ministerio de Educación

   

   O Ministerio de Educación e Formación Profesional e o Ministerio de Universidades estableceron un novo calendario de tramitación das bolsas para o alumnado de último curso de calquera etapa educativa que no ano académico 2022-2023 vaia iniciar estudos superiores.

    O próximo 12 de maio remata o prazo, con posterioridade non será posible solicitar bolsas para cursar estudos durante o ano académico 2022-2023.

                         Cartel informativo

Distribuir contido


by Dr. Radut