Skip to Content

Novas

Información sobre a convocatoria de Bolsas para o vindeiro curso 2023/24

   

    No día de hoxe, ábrese o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do curso 2023/24.
    Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos on-line.

    Poderán ser beneficiarios das distintas contías os/as alumnos/as que no ano académico 23/24 cursen: 
     Bacharelato
     Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
    Formación Profesional de grao medio e de grao superior
    Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
    Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
    Ensinanzas deportivas
    Estudos relixiosos superiores
    Formación Profesional de Grao Básico
PRAZOS: 27 de marzo ao 17 de maio de 2023                    Máis información 

Admisón de alumnado para o curso 2023-2024. Entrega de documentación.

       

    Rematado o prazo de entrega de solicitudes para a escolarización do ano académico 2023-24, informamos que aquelas persoas que solicitaron praza para o 1º, 2º e 4º cursos de ESO e 1º e 2º de Bacharelato deberán entregar na Secretaría,(se non o entregaron no prazo de admisión), a documentación dos criterios alegados na solicitude para proceder á baremación, xa que se presentaron máis solicitudes que prazas se ofertan.

    É preciso aportar un certificado do padrón municipal actual, con todos os membros da unidade familiar, e de ser o caso, outra documentación alegada (certificado traballo,etc).

    Prazo: desde o 21 de marzo ata o 3 de abril.

ESCOLA de NAIS/PAIS - OBRADOIRO de Benestar Emocional e prevención de conflictos

   

    O día 28 de Marzo, no IES Sofía Casanova, de 16:00 a 18:00 horas, terá lugar a primeira sesión do obradoiro.

    Este obradoiro ten o obxectivo de recuperar a Escola de Nais e Pais do Sofía e tratar un tema tan demandado hoxe en día como é a saúde mental dos nosos fillos/as.
    Os Obxectivos veñen descritos no cartel anexo e será Impartido por una psicóloga especialista de gran traxectoria, Andrea Bechlian.

    É necesario confirmar previamente a asistencia neste correo anpa.sofia.casanova@gmail.com para facer diferentes preparativos.
    Non hai límite de aforo.

   

Viaxe á neve 2023 . 3º ESO. Andorra

 

    O alumnado de 3º de ESO, no mes de marzo, realizará unha viaxe a Andorra.

 Aquí pode consultarse o plan da viaxe e información sobre a estación de esquí e o aloxamento. 

Admisión de alumnado para o curso 2023-24. Proceso ordinario de admisión

       

   O prazo de presentación das solicitudes ordinarias de admisión abranguerá do día 1 ao 20 de marzo de 2023, ambos incluídos.

    A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.     

   As persoas solicitantes poderán: 

                 

 - Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

  - Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia ou da páxina web da Consellería de Educación, para cubrilos manualmente e entregalos de forma presencial.

    Ver prazas vacantes      Ver zona influencia do centro

Xornada de portas abertas. Febreiro 2023

   

    O próximo día 27 de febreiro de 2023 no salón de actos do noso centro terá lugar a xornada de portas abertas.

    Haberá unha sesión ás 16:30 para o alumnado da ESO e outra ás 17.30 h para o alumnado de bacharelato.

Bo Nadal e Feliz Ano Novo

   

     Dende o IES Sofía Casanova queremos desexarvos un Bo Nadal.

    Coa intención de educar na creatividade, a sostenibilidade e o coidado da Natureza, acompañamos ao nosos alumnos para que adornasen estas árbores coas creacións feitas por eles con materiais reutilizados.

    Bo Nadal e Feliz Ano Novo!

Eleccións ao Consello Escolar. Sector pais e nais do alumnado. 2022

   

    De acordo coa resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 30 de setembro do 2022), da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO.
    Son elixibles pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do centro.
   O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 14 de novembro, ás 12:10 horas.
   A campaña electoral comprenderá dende o 11 ao 22 de novembro, ambos días inclusive.
   As votacións realizaranse neste IES o día 24 de novembro, de 16:30 a 18:30 horas.
Ler máis

Distribuir contido


by Dr. Radut