Skip to Content

Novas

Admisón de alumnado para o curso 2023-2024. Publicación de listaxes definitivos.

       

    Segundo o artigo 35 da Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 8 de novembro de 2022) pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de educación infantil, educación primaria, secundaria e bacharelato, hoxe día 16/05/23, no panel de entrada do IES Sofía Casanova, publícanse os listados definitivos de alumnos/as admitidos/as e non admitidos/as para o curso 2023-24.

    Contra esta resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación, ante a persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Títulos de bacharelato e ESO. Curso 2020-2021

     
 

   O alumnado que rematou os estudos da ESO ou Bacharelato no curso académico 2020-21 xa pode pasar pola secretaría a retirar o seu título.
    Para elo deberán presentar o seu DNI.

 

Datas e procedemento de reclamación ás cualificacións finais de 2º de bacharelato. Curso 22/23

   

  Segundo a Orde de 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e a Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa na que se concretan as datas e o procedemento de reclamación, achéganse as seguintes indicacións coa finalidade de coordinar todo o procedemento, que debe ser realizado en prazos moi breves.

CALENDARIO e ACTUACIÓNS:
    • AVALIACIÓN 2º Bacharelato - 16 Maio: data límite da comunicación das cualificacións finais •

    •REVISIÓN NO CENTRO
- 18-19 Maio: Prazo de presentación de solicitude de revisión no centro. Modelo de reclamación ante o centro no Anexo II da Instrución 2/2023.
- 22 de maio: data límite resolución revisións no centro.

    •RECLAMACIÓN ANTE A XEFATURA TERRITORIAL
- 23-24 maio: Prazo de presentación de reclamacións ante a Xefatura Territorial. A solicitude preséntase ante a dirección do centro. Modelo de reclamación ante a Xefatura Territorial no Anexo II da Instrución 2/2023 
- 31 de maio: Resolución das reclamacións na Xefatura Territorial.
- 1 de xuño: Comunicación da resolución da Xefatura Territorial á CIUG e aos Centros.
- 2 de xuño: Matrícula extraordinaria para alumnado que aprobe 2º bacharelato na convocatoria xuño despois da resolución das reclamacións.

Parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción na ABAU

       RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2023 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2023/24.

Segunda sesión da Escola de Nais e Pais. "Benestar emocional na adolescencia"

   

   Segunda sesión da Escola de Nais e Pais. "Benestar emocional na adolescencia". Como superar conflictos nesta etapa.

  Obradoiro impartido por Andrea Bachlian na Biblioteca do IES Sofía Casanova o martes 9 de Maio de 16:00 a 18:00 horas.

    Mais información nos Carteis adxuntos Imprescindible notificar asistencia a este correo: anpa.sofia.casanova@gmail.com

 

Admisón de alumnado para o curso 2023-2024. Publicación de listaxes provisionais.

       

    Hoxe, martes 25 de abril, procedeuse á publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2023-24.

    As listaxes están expostas no panel da entrada do IES Sofía Casanova.

    Poderase interpoñer reclamación ás listaxes ante o Consello Escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico. Curso 2022/23

   

       Hoxe publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23.
    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.
    As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» , accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia,  ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu». código de procedemento ED311D.

    A celebración da proba terá lugar o día 6 de setembro de 2023.

Convocatoria premios extraordinarios de bachaletato. Curso 2022-2023

   

     O 3 de abril, publicouse no DOG a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2023 e rematará o día 25 de maio de 2023.

    Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia , introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A.

Distribuir contido


by Dr. Radut