Skip to Content

Novas

Presentación dos proxectos STEMbach na prensa local

 

 

     Pode un alumno de 2º de bacharelato diseñar  pulsadores para enfermos de ELA?
    Pode aplicar a intelixencia artificial para o diagnóstico automático de pacientes coa enfermidade de Parkinson?
    E clonar un xen humano nun vector bacteriano para producir unha proteina de valor terpeutico?
    Pode investigar o uso de biomateriais para dispositivos médicos como os stents e evitar infartos?

    Sofía Belén Pérez, Isai Ogando, Irene Fernández, Laura Caaveiro, Iria González, Sara Penabad, Lucía Toval e Brais Romalde, alumnos do IES Sofía Casanova demostaron que sí.

O pasado 25 de marzo presentaron os proxectos STEMBach do bienio 2019-2021.

   Pódese consultar a información que La Vozde Galicia e o Diario de Ferrol ofrecen sobre a presentación que os alumnos fixeron dos seus proxectos.

     

Procedemento de admisión de alumnado para o curso 2021-2022. Presentación de documentación.

       

     Do 25 de marzo ao 09 de abril deberá presentarse a documentación acreditativa dos criterios alegados.

     Só é necesario presentalos, por existir máis solicitudes que prazas, nos cursos de 3º ESO e 1º Bacharelato

      Non é necesario presentar documentación, por estar todas as solictudes admitidas, en 1º, 2º, 4º ESO e 2º Bach

Presentación en acto público dos proxectos STEMBach do bienio 2019-2021

   

    A presentación en acto público dos proxectos STEMBach do bienio 2019-2021 terá lugar no salon de actos do IES Sofía Casanova, o xoves 25 de marzo en horario de 17:15 -20:15.

    Este curso preséntanse 4 proxectos titorizados por profesorado da UDC, do Campus de Ferrol e de A Coruña. 
   No arquivo adxunto tedes a orde das presentacións.

Visita virtual ao IES Sofía Casanova

      Descripción: Este video é unha mostra dos espazos, contidos e plans que facemos no centro para o curso 2020-21. O video está enfocado ao alumnado que quere ver como funciona o centro para incroporarse no curso 21-22.

Xornada de portas abertas on line

   

    Debido á actual situación de emerxencia sanitaria, a xornada de portas abertas que todos os anos se realizaba para as familias que estaban interesadas en solicitar praza no centro, vai ser on line o día 02-03-2021, martes,

    ás 17.30 h para a ESO e,

    ás 18.30 h para o bacharelato.

As persoas interesadas en asistir deben cubrir un formulario.

Procedemento de admisión de alumnado para o curso 2021-2022. Prazas vacantes

       

 1º eso .......... 30 vacantes
 2º eso ............ 4      "
 3º eso ............ 7      "
 4º eso .......... 12      "
 1º Bach .... Ciencias ............... 17 vacantes
 1º Bach .... Humanidades ...... 10       "
 2º Bach..... Ciencias ................. 4       "
 2º Bach..... Humanidades ........ 4       "

O prazo de presentación de solicitudes será do día 1 ao 22 de marzo. No arquivo adxunto podes ver algunha información sobre os prazos, etc.

Solicitude de admisión.

 

Procedemento de admisión de alumnado para o curso 2021-2022. Prazas para centros adscritos.

       

   Informamos que todo o alumnado dos colexios adscritos (Esteiro, Ponzos, Recimil e Mercedarias) que formalizou a reserva de praza para o vindeiro curso 2021-2022 está admitido no IES Sofía Casanova.

 

Feira Virtual das Universidades Españolas

   

     Do 22 ao 24 de febreiro celebrase a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2021-22: youtube

    Funcionará como unha Feira Universitaria presencial: uniferia pola que poderá pasear o seu alumnado visitando os stands das Universidades españolas presentes na Feira.

   Máis información.

Distribuir contido


by Dr. Radut