Skip to Content

Novas

Convocatoria do fondo solidario de axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 2021.

   

    Ven de publicarse a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22.

    PRAZO PRESENTACIÓN DO 21 DE MAIO AO 22 DE XUÑO (AMBOS INCLUÍDOS) de 2021

    IMPORTANTE: Só se poderá solicitar a axuda de material xa que este centro participa na convocatoria E-dixgal o próximo curso en todos os niveis da ESO

    Ver información básica de requisitos, prazo de presentación de solicitudes e outros aspectos da normativa.

Acto graduación 2º Bacharelato. 2021.

 

 

   O venres , 21 de maio, ás 18.30 h. celebrarase no pavillón do IES Sofía Casanova a despedida da promoción que este ano cursou 2º bacharelato.

     Debido á situación sanitaria, ao acto non poderán asisitir as familias do alumnado. Aqueles que o desexen, poderán conectarse á retransmisión en directo a través desta ligazón

                  

ABAU. Proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade. 2021.

      No sitio web da CIUG, Comisión Interuniversitaria de Galicia, pode atoparse toda a información relativa ás probas ABAU 2021. (Datas e lugar de matrícula, lugares e datas de realización das probas, etc)

Listaxe definitiva do alumnado admitido para o curso 2021/2022

   

    Listaxe definitiva do alumnado admitido para o curso 2021/2022  

 
    Mañá mércores, 12 de maio, procederase a publicar no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva do alumnado admitido para cursar ESO e  Bacharelato no vindeiro curso 2021-2022.
 

Proceso de admisión. Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2021-2022

   

    Mañá martes 13 de abril, no taboleiro de anuncios, procedará a publicarse para a súa consulta as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido neste centro para cursar ESO e  Bacharelato no vindeiro curso 2021-2022.

  De ser o caso, poderá formularse reclamación contra esa resolución no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

Presentación dos proxectos STEMbach na prensa local

 

 

     Pode un alumno de 2º de bacharelato diseñar  pulsadores para enfermos de ELA?
    Pode aplicar a intelixencia artificial para o diagnóstico automático de pacientes coa enfermidade de Parkinson?
    E clonar un xen humano nun vector bacteriano para producir unha proteina de valor terpeutico?
    Pode investigar o uso de biomateriais para dispositivos médicos como os stents e evitar infartos?

    Sofía Belén Pérez, Isai Ogando, Irene Fernández, Laura Caaveiro, Iria González, Sara Penabad, Lucía Toval e Brais Romalde, alumnos do IES Sofía Casanova demostaron que sí.

O pasado 25 de marzo presentaron os proxectos STEMBach do bienio 2019-2021.

   Pódese consultar a información que La Vozde Galicia e o Diario de Ferrol ofrecen sobre a presentación que os alumnos fixeron dos seus proxectos.

     

Procedemento de admisión de alumnado para o curso 2021-2022. Presentación de documentación.

       

     Do 25 de marzo ao 09 de abril deberá presentarse a documentación acreditativa dos criterios alegados.

     Só é necesario presentalos, por existir máis solicitudes que prazas, nos cursos de 3º ESO e 1º Bacharelato

      Non é necesario presentar documentación, por estar todas as solictudes admitidas, en 1º, 2º, 4º ESO e 2º Bach

Presentación en acto público dos proxectos STEMBach do bienio 2019-2021

   

    A presentación en acto público dos proxectos STEMBach do bienio 2019-2021 terá lugar no salon de actos do IES Sofía Casanova, o xoves 25 de marzo en horario de 17:15 -20:15.

    Este curso preséntanse 4 proxectos titorizados por profesorado da UDC, do Campus de Ferrol e de A Coruña. 
   No arquivo adxunto tedes a orde das presentacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut