Skip to Content

Centro de Linguas da UDC, Campus de Esteiro Ferrol

 

 

    O dia 24 de abril visitounos a Coordinadora do Centro de Linguas da UDC, Marie Christine Mandic, para explicalle ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato a oferta educativa do centro en canto a linguas estranxeiras, sobre todo de cara á obtención dos certificados B1 e B2 que moitos universitarios necesitan para as mobilidades dos programas europeos como Erasmus.
    Tamén se informou de que se ofertan cursos de verán para os que xa está aberta a preinscripción. O Centro de Linguas está situado no Edificio de Apoio ao Estudo do Campus de Esteiro en Ferrol.
    Pódese encontrar información mais detallada na súa páxina web.

XXIV día da ciencia na rúa

   

     O Sábado 4 de Maio o alumnado do club de ciencias participou no Día da Ciencia na rúa en Coruña.  
     Entre outras cousas, os nosos rapaces e rapazas explicaron os diagramas de Voronoi, amosaron como o noso cerebro nos engana coas ilusións ópticas, fixeron que a xente se sentise como en Venus e prepararon xogos con robots cos que tanto nenos como maiores puideron gozar.

    Dámoslles os nosos parabéns polo duro traballo que fixeron durante todo o día.

Día do libro: 2019

   

     Como ven sendo tradicional, o Departamento de Lingua Castelá e Literatura organizou distintas actividades para conmemorar o Día do Libro, que este ano estivo adicado ao conto.
    Os alumnos elaboraron diversos traballos: pequenas recensións, carteis, presentacións... Rematamos a celebración o día 26 de abril no salón de actos cunha lectura de fábulas, contos tradicionais anónimos e contos de autores modernos.

    Todos os profesores sentímonos moi orgullosos do traballo e colaboración dos nosos alumnos. PARABABÉNS e GRAZAS a TODOS.

Concerto no Auditorio de Galicia

   

   O pasado martes 30 de Abril, alumnos de 2º ESO A e B, asistiron no Auditorio de Galicia a un concerto didáctico: "Orquestra de Malabares": CIRCO e a MÚSICA, da man de 6 malabaristas e a banda municipal de Santiago.

    Orquestra de malabares é un espectáculo que pon en escena a seis malabaristas e a banda municipal de Santiago. Unha relación entre música e circo.

Visita ós talleres do CIFP Ferrolterra

        O día 29 de abril, os alumnos de 4°ESO C e de 3° PMAR visitaron os talleres do CIFP Ferrolterra. Esta actividade foi organizada polos departamentos de Orientación e Tecnoloxía.

Convocadas axudas para actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019

   

     Ven de publicarse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 4 de abril de 2019 pola que se convocan axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

    O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.

Premios extraordinarios de bacharelato

   

    O día 11 de abril publicouse no DOG a Orde do 28 de marzo de 2019  pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018-2019.

    A estes premios pode optar o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, que fose proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

    Hai vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 euros. Cada premio estará dotado con 1.000 euros.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 29 de abril de 2019 e rematará o día 28 de maio de 2019.

                                       máis información

Visita internacional no Plan Proxecta: O Mundo que queremos

   

    O pasado día 9 de abril tivemos unha nova parada no Plan Proxecta: O mundo que queremos: a "visita internacional". Nesta ocasión, representantes das asociacións Concavis Trans (Asociación Comunicando y Capacitando Mujeres Trans) e ORMUSA (Organización de Mujeres Salvadoreñas) explicaron a súa experiencia de defensa dos seus colectivos en El Salvador.
    Con isto, puidemos coñecer como un grupo de persoas poden loitar por conseguir acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, neste caso, a redución das desigualdades.

Distribuir contido


by Dr. Radut