Skip to Content

Reunións entre as familias e os titores.

 

 

   Comunícase que o vindeiro luns, día 9 de outubro, terá lugar a reunión das familias co titor/a co seguinte horario: 

   Ás 16:30 h familias de alumnado de 1º e 2º de bacharelato

   Ás 17.00 h familias de alumnado da 3º e 4º da ESO

   Ás 17:30 h familias de alumnado da 1º e 2º da ESO

Erasmus BL4A!

   

     Profesorado do IES Sofia Casanova estivo a última semana de setembro en Budapest dentro do proxecto Erasmus+ KA2 Blended Learning for All! (BL4A!), proxecto liderado polo CFR de Ferrol con socios de Hungría, Portugal e Turquía.

     Nesta mobilidade houbo formación sobre o ensino mixto no Europa 2000 Gymnázium, observando clases de diversas materias nas que estaban perfectamente integrados novidosos recursos metodolóxicos.

Inicio do curso 2023-2024

  

     As clases comezarán luns día 11 co horario habitual (08:30 -14:10 h).

    Á chegada ao centro, o alumnado deberá dirixirse aos seguintes puntos, onde será recibido polo seu titor/a que o acompañará a súa aula:

      1º ESO e 1º Bacharelato - salón de actos

      2º ESO - patio da cafetería

      3º e 4º ESO – pista polideportiva

      2º Bacharelato – 2º andar

Resolución do I Concurso de Banda Deseñada IES Sofía Casanova

   

 A gañadora do I Concurso de Banda Deseñada IES Sofía Casanova é Lara Freire Escribano, que cursou no 2022/23 1º C ESO. Tedes aquí a súa obra.
Esperamos que o próximo curso aínda máis alumnado se anime a participar.
Desfrutade das vacacións!

Entrega de diplomas do bacharelato de excelencia STEMBach 2023

   

   Os días 9 e 15 de xuño de 2023, o reitorado das tres universidades galegas UVigo, USC e UDC acollerán os actos de entrega dos diplomas de STEMBach ao alumnado do Sofía Casanova que participou nos proxectos de investigación STEMBach correspondentes ao bienio 2021/23.
    Alumnado participante que recicbíu os diplomas: Andrea Rodríguez Guzmán e Esperanza Díaz Suárez (UVigo), Irene Navidad Chas (USC) e Sofía Cendán Amado, Federico González Fernández, David Feijoo Villar, Pablo Santalla Castro e Alba Fernández Vázquez (UDC). Profesoras acompañantes Cecilia García Cordero e Cristina López Suárez.

Gañadores do IV Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova

   

  Presentamos as fotos gañadoras do concurso celebrado este curso 2022 - 2023:

     1º ciclo ESO: Claudia María Vérez e Lara Rivas (conxuntamente) por As "s" matemáticas e Portal matemático.
     2º ciclo ESO: Rita Figueroa Fuentes por (-∞,+∞), e mención honra para Hugo Alonso López: A importancia da xeometría.
     BACHARELATO: Sara Freire Blanco por Unha esfera no espazo, e mención de honra para Puerto Sainz Alzueta por Construción Funcional. 

O vindeiro curso presentaranse as bases para participar na V convocatoria deste concurso, así que ide observando a vosa contorna para participar con novas fotografías estas vacacións. Bo verán e vémonos en setembro!

Entrega de boletíns de cualificacións e impresos de matrícula. Xuño 2023

 

    A entrega dos boletíns de cualificacións terá lugar nas seguintes datas:

             2º Bacharelato- venres 23 ás 13:00
            1º Bacharelato- venres 23 ás 13:30
            1º, 2º, 3º E 4º ESO- mércores 28 ás 11:00

    Os impresos de matrícula para o curso 2023-24 serán entregados polos titores xunto cos boletíns de cualificacións.

    O alumnado que o vindeiro curso se matricule de 2º de bacharelato pode recoller os impresos en conserxería.
    Igoalmente, o alumnado de novo ingreso no centro recollerá os impresos de matrícula en conserxeria.

Clausura do club de xadrez. curso 2022-23.

   

     Clausura da temporada coa entrega dos diplomas aos participantes, así como ao monitor, Andrés Vázquez do Club Ferrolano de Xadrez. 
     Agradecemos a colaboración do Club neste proxecto iniciado este curso 2022-23 que esperamos teña continuidade nos próximos anos. Ademais do Torneo de Nadal no IES, participamos tamén no Torneo por equipos organizado pola Federación de Xadrez, no que acadamos o 2º posto.    PARABÉNS!
    Recomendamos escoitar a entrevista feita a socios do club na radio do IES.

Distribuir contido


by Dr. Radut