Skip to Content

eTwinning: Technology Bridge

   

     Alumnado de Dixitalización de 4º de ESO participou este curso no proxecto eTwinning “Technology Bridge: A Bridge to the World of Artificial Intelligence for Students” con socios turcos e portugueses.
 

     Este proxecto, que emprega o blended learning, axudou ao alumnado a entender a codificación e a intelixencia artificial empregando ferramentas sinxelas. O alumnado fixo: chatbots, posters, presentacións, modelos de aprendizaxe automático...

 

Intelixencia artificial no IES Sofía Casanova

   

     Alumnado de TIC de 1º de bacharelato participou nun estudio para evaluar un Sistema de Tutorización Intelixente (ITS) chamado Progtutor.

     Os investigadores do CITIC, Francisco Bellas e Óscar Fontenla, xunto cun equipo de oito integrantes máis, estiveron impartindo clases semanalmente a o noso alumnado dentro dun proxecto do Ministerio de Educación que explora o uso da intelixencia artificial (IA) como ferramenta de apoio na docencia. Este proxecto, bautizado como ProgTutor, ten como obxectivo desenvolver un Sistema de Tutorización Intelixente (ITS) que proporcione aos estudantes un ensino personalizado da programación en linguaxe Python a través de simulacións robóticas.

          CITICGCIENCIACODIGOCEROLA VOZ DE GALICIA

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico. Curso 2023/24

   

       A Xunta de Galicia convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24.

1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
2. Cada premio non poderá exceder os 1.000 €.
3. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción.

    O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de xullo de 2024.
    As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» , accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia,  ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu». código de procedemento ED311D.

 Máis información no DOG do 6 de xuño de 2024 e en https://www.edu.xunta.es/premiosedu

Títulos de bacharelato e ESO. Curso 2021-2022

     
 

   O alumnado que rematou os estudos da ESO ou Bacharelato no curso académico 2021-22 xa pode pasar pola secretaría a retirar o seu título.
    Para elo deberán presentar o seu DNI.

 

Intercambios escolares con Francia

 

O noso centro ten intención de participar o vindeiro curso 24-25 no programa da Consellería de Educación Edumob.

Edumob é un programa de intercambio escolar que se inscribe no Acordo Marco entre o Goberno do Reino de España e o Goberno da República Francesa sobre os programas educativos, lingüísticos e culturais nos Centros Escolares dos dous Estados, feito en Madrid o 16 de maio de 2005 (BOE n.º 268, de 4 de novembro de 2017)

Graduación 2º Bacharelato. 2024

   

   GRAVACIÓN XERAL  

 

VÍDEO HOMENAXE  

 

Axudas para adquirir material escolar

     Ábrese o prazo para solicitar axudas para adquirir material escolar que ven regulado na Orde de 7 de maio de 2024.

 
 

      O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2024/25 está EXCLUíDO da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos. O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).

 

     As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia,
     Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centro ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Andrea Maceiras no Sofía Casanova

          O luns 13 de maio, a escritora Andrea Maceiras visitou o noso instituto para falarlle ao alumnado de 1º ESO sobre o seu libro “Alma de elefante”, unha historia de crecemento e amor polos animais.
Distribuir contido


by Dr. Radut