Skip to Content

Viaxe a Berlín

   

     Entre os días 23 e 27 do mes de marzo sesenta e sete estudantes de 1º de bacharelato do IES Sofía Casanova visitaron Berlín nunha actividade organizada polos departamentos de Filosofía, Inglés e Xeografía e Historia.

  As imaxes desta viaxe están dispoñibles na web.

A visita ao Campus de Esteiro na prensa local

   O Diario de Ferrol na súa edición do 30 de marzo e La voz de Galicia, na súa edición do 2 de abril recollen a visita dos alumnos de 4º ESO ao Campus de Esteiro.

Os alumnos de 4º ESO visitaron o Campus de Esteiro

         O venres, 29 de marzo, os alumnos de 4º ESO visitaron o Campus de Esteiro. Foron recibidos no salón de actos, onde se lles fixo unha breve presentación do SAPE. Visitaron logo a Facultade de Humanidades e Documentación, a Escola Universitaria de Deseño Industrial e a Facultade de Enfermería e Podoloxía; pararon a repoñer forzas no "chococamp" e remataron na Facultade de Ciencias do Traballo.

Premios poesía e imaxe. En galego, sen filtro.

   

    Acaban de comunicarse os resultados do XIX Certame de Poesía e Imaxe "En galego, sen filtro", organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüísitca de Ferrolterra(CENL).

             Resultaron gañadoras as alumnas deste centro:
    Gloria López Beade de 4º da ESO. Con: Lingua albanesa, e
    Estela Pena Hermida de 1º de Bacharelato. Con: Lingua Quiche.

  A entrega de premios terá lugar o vindeiro LUNS, 29 de abril, ás 19:30 na capela do CC Torrente Ballester.

Pocedemento de admisión de alumnado para o curso 2019-2020. Entrega de documentación.

   

    Rematado o prazo de entrega de solicitudes para a escolarización do ano académico 2019-20, informámos que aquelas persoas que solicitaron praza para o 3º curso de ESO e 1º e  2º  de Bacharelato deberán entregar na Secretaría a documentación dos criterios alegados na solicitude para proceder á baremación, xa que se presentaron mais solicitudes que prazas se ofertan.

   -Todos deberán traer un certificado do padrón municipal actual, con todos os membros da unidade familiar, e de ser o caso, outra documentación alegada (certificado traballo,etc).

     Os días para entregar a documentación requerida abranguen dende o día 25 de marzo ao 5 de abril incluído.

     Nos restante cursos non será necesario entregar ningunha outra documentación, xa que quedaron prazas vacantes.

Entrega de premios Carmela Loureiro en Ferrol

   

     O sábado, 9 de marzo, entregáronse os premios aos gañadores da V edición do Certame literario Carmela Loureiro, convocado polo Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL).

    A entrega tivo lugar nun acto que se celebrou ás 12 horas, no centro cultural Torrente Ballester, presidido polo alcalde da cidade Jorge Suárez.

    Representando ao Sofía Casanova estaba a nosa gañadora Irene Fernández Arias, alumna de 4º da ESO, no centro da foto. cun relato titulado: Acompáñame

       Máis información

Visita a Pull & Bear

 

   

    O pasado 8 de marzo, alumnado de Tecnoloxía Industrial I e de Robótica de 1º Bacharelato visitou, acompañado por profesoras do departamento de Tecnoloxía, as instalacións da sede central de Pull & Bear no Polígono Río do Pazo en Narón.

     Nesta visita puideron comprobar como funciona o centro loxístico da marca de Inditex, así como os restantes departamentos de deseño, e-commerce, tenda piloto, control de calidade, etc.

O coro do Sofía, na II Gala Benéfica contra o Cancro Infantil

   

     O pasado 3 de marzo, o coro "Son do Sofía" participou na II Gala Benéfica contra o Cancro Infantil en Neda. Aínda que o son non é moi bo (o pavillón estaba ateigado de xente), o que importaba ese día, era SUMAR. O coro dá as grazas a todos os integrantes que puideron participar, e ás familias e amigos que acompañaron.

   Máis información no blog de música.

Distribuir contido


by Dr. Radut