Skip to Content

Outras novas

Cambio no horario de entrega de notas de 1º de bacharelato (diúrno)

A entrega de notas de diúrno terá lugar ás 10:30 horas do día 7 de setembro

Actualización do software da aula virtual

A Consellería de Educación ven de actualizar o software da aula virtual e darlle un novo enderezo:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iessantairene/aulavirtual/

Os usuarios que a teñan marcada no seu navegador deberán eliminar o marcador vello e engadir un novo. Cómpre sinalar tamén que o novo enderezo da aula virtual aínda non é atopado polos buscadores (Google, Yahoo, etc.). Esperamos que esta situación de illamento non se prolongue demasiado.

Premios extraordinarios de Bacharelato 2015-16 - Tribunais e datas das probas

Publicada a composición do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/2016, así como os lugares e datas de realización das probas. LIGAZÓN.

Adxudicación da cafetería do IES Santa Irene

Adxúntase resolución do concurso úblico para a contratación do servizo de xestión da cafetería do IES Santa Irene, no que resultou como adxudicataria a empresa Ayuseri C.B.

Concurso público para a adxudicación da cafetería do IES Santa Irene - CORRECCIÓN DE ERROS

Tal como indica o texto da convocatoria, o prazo de presentación de ofertas foi do 6 ao 17 de xuño de 2016, e non do 2 ao 15 de xullo.

Concurso público para a adxudicación da cafetería do IES Santa Irene

Convócase concurso público para a xestión da cafetería do IES Santa Irene. O prazo para a presentación das propostas é do 2 ao 15 de xullo, ambos incluidos. A información, especificacións técnicas e instruccións da Consellería se atopan no documento adxunto.

Nota aclaratoria sobre o caso de meninxite

Ante a posible alarma social creada pola aparición dun caso de meninxite entre o alumnado do IES Santa Irene, a dirección do centro informa que desde o momento da detección seguiuse o protocolo indicado pola Consellería de Sanidade para estes casos, non detectándose ningún contaxio.

Abalar Móbil

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

Homenaxe aos compañeiros xubilados

O vindeiro 29 de xaneiro, e con motivo da festa de San Tomé de Aquino, homenaxearemos aos nosos compañeiros Dolores Alonso Payo (Lola), Mª Carmen Blanco Vázquez (Carmelo), Sara Cid Cabido e Guillermo Touza Rodríguez, recentemente xubilados.

Vacacións de Nadal

Con motivo das vacacións de Nadal, as clases rematarán o venres 18 de decembro ás 12:20 horas, coa entrega de notas.

Como nova importante, o primeiro día de clase despois das vacacións será o xoves 7 de xaneiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut