Skip to Content

Outras novas

Recomendacións para o alumnado ante a declaración de alarma

Ante a situación creada pola declaración de alarma en todo o Estado, coa finalidade de sobrelevar da mellor maneira posible o confinamento e manter o contacto do alumnado co profesorado e as materias, publicamos as seguintes RECOMENDACIÓNS:

Peche do centro por pandemia COVID-19

O centro permanecerá pechado desde o luns 16 de marzo. Atenderase por teléfono, en horario de 10 a 13 horas, e a través do correo electrónico ies.santairene@edu.xunta.gal. 

Durante estos días é importante que o alumnado continúe en contacto coas materias. Recomendamos traballo diario e que estedes atentos ao voso correo electrónico e ás aulas virtuais dos profesores e profesoras, porque neles atoparedes información, actividades de repaso e novas de interés.

Cambio de datas da viaxe a Londres

Segundo as medidas enviadas pola Consellería de Educación o día 12 de marzo, “suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado”.

Por este motivo, a viaxe a Londres prevista do 31 de marzo ao 4 de abril co alumnado de 1º de bacharelato queda adiada para o mes de setembro de 2020 (datas probables do 15 ao 19 de setembro).

Clases suspendidas

A partir do luns 16 de marzo están suspendidas as clases en toda a comunidade galega durante 14 días, segundo informou o presidente da Xunta de Galicia.

Recoméndase que mañá venres os rapaces xa non veñan ao centro, ainda que este permanecerá aberto.

Calendario escolar 2019/2020

Calendario escolar 2019/2020

A Consellería de Cultura, Educación e O.U. publicou o calendario escolar para o curso 2019-2020 para os centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia na Orde de 20 de xuño de 2019 (DOG, 28 de xuño de 2019).

Os días non lectivos escollidos polo centro para este curso 2019-2020 son o venres 20 de marzo e o luns 4 de maio.

Días non lectivos curso 2019-2020

Os días non lectivos escollidos polo centro para este curso 2019-2020 son o venres 20 de marzo e o luns 4 de maio.

Lembramos que o vindeiro xoves 31 de outubro tampouco haberá clase por celebrarse o "Día do Ensino", segundo aparece contemplado no artigo 7.3 da Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para este curso.

AVISO sobre parotidite - paperas

No arquivo adxunto poden ler as recomendacións que o Servizo de Alertas Epidemiolóxicas enviou ante a comunicación dun caso de paperas entre o noso alumnado.

Titorías 2019-20

Horas de atención do profesorado aos pais, nais ou titores legais do alumnado

No documento adxunto figuran as horas dos titores e titoras dos diferentes grupos.

Reunións inicio de curso coas familias

O mércores 16 de outubro celebraranse as reunións iniciais de curso das familias co equipo directivo, o departamento de Orientación e os titores e titoras de cada curso. Esperamos contar coa súa asistencia.

As horas de celebración das reunións serán:

3º e 4º de ESO: 18:30 horas. (A reunión de 4º ESO-B será o luns 21 ás 18:30 horas)
1º BACHARELATO: 19:00 horas
2º BACHARELATO: 19:30 horas

Inicio de curso 2019-2020

O luns 16 de setembro comeza o novo curso. Os horarios das presentación son os seguintes:

DIURNO

1º ESO: 10:30 horas   2º ESO: 11:00 horas
3º ESO: 11:30 horas   4º ESO: 12:00 horas
1º bacharelato: 12:30 horas   2º bacharelato: 13:00 horas

ADULTOS

Bacharelato: 19:00 horas   ESA: 23 setembro, 18:30 horas

As clases comezarán o martes 17 de setembro, en horario habitual de 8:45 a 14:25 para alumnado de diurno e de 17:00 a 22:30 para alumnado de bacharelato adultos.

As clases para ESA (Educación Secundaria de Adultos) comezarán o luns 23 de setembro, co horario habitual de 18:30 a 21:45.

Distribuir contido


by Dr. Radut