Skip to Content

Alumnado e familias

Actividades complementarias e extraescolares

Programa anual de actividades complementarias e extraescolares para o curso 2022-2023, aprobado en Consello Escolar do día 28 de novembro de 2022.

Admisión

Normativa:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro de 2022, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria

Bolsas e axudas

ALUMNADO DE ENSINANZAS POSTOBRIGATORIRAS (MINISTERIO DE EDUCACIÓN)

Beneficiarios

  • Alumnado de bacharelato
  • Formación profesional de Grao Básico, Medio e Superior
  • Ensinanzas artísticas
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais
  • Ensinanzas deportivas
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional

Prazo de solicitude

Marzo-maio de cada ano

Presentación de solicitudes

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Información xeral da convocatoria e requisitos

Bolsas FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios

--------------------------------------------------

ALUMNADO NEAE (MINISTERIO DE EDUCACIÓN)

Beneficiarios
  • Os alumnos que presentan necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastorno grave de conduta, ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.
  • Os alumnos con TEA (Trastorno do espectro autista) non incluídos no apartado anterior.
  • Alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Prazo de solicitude

De maio a setembro de cada ano

Presentación de solicitudes

As solicitudes tanto de axuda como de subsidio deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es.

Os solicitantes que non dispoñan de firma electrónica e, por tanto, impriman o modelo de solicitude en ficheiro pdf presentarano, coa súa firma e a dos demais membros computables da familia, acompañada da documentación correspondente, no centro docente no que vaian seguir os estudos durante o próximo curso académico.

Unicamente poderán presentarse directamente nas direccións provinciais do Ministerio de Educación e Formación Profesional ou nas comunidades autónomas as solicitudes daqueles alumnos que non puidesen obter reserva de praza para o curso seguinte nun centro adecuado ás súas necesidades educativas.

A presentación das solicitudes poderá facerse ben persoalmente, nos lugares indicados, ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Común das Administracións Públicas.

Información xeral da convocatoria e requisitos

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

-------------------------------------------------- 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Beneficiarios

Alumnado de ESO

Prazo de solicitude

Maio-xuño de cada ano

Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Información xeral da convocatoria e requisitos

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

--------------------------------------------------

BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Beneficiarios

Alumnado de 4º ESO, 1º BACH e 2º BACH

Prazo de solicitude

Desde o día 06 de novembro de 2023 ata o 21 de decembro de 2023

Presentación de solicitudes

O alumnado interesado nas probas de nivel lingüístico debe anotarse na secretaría do centro en horario de 09:00 h a 14:00 h.

Información xeral da convocatoria e requisitos
--------------------------------------------------
PROGRAMAS DE BOLSAS (FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA)

Beneficiarios

Alumnado de 4º ESO

Prazo de solicitude

Setembro-outubro de cada ano

Presentación de solicitudes

Os estudantes deben rexistrarse e cumprimentar o formulario de inscrición dispoñible na páxina web do Programa, sección “Acceso a Participantes”, achegando a documentación requirida

Información xeral da convocatoria e requisitos

Programa de bolsas Fundación Amancio Ortega

--------------------------------------------------
BOLSAS EUROLINGUA

Beneficiarios

Alumnado de ESO e Bacharelato, nados con anterioridade ao 31 decembro de 2007.

Prazo de solicitude

Marzo-abril de cada ano

Presentación de solicitudes

Os estudantes deben rexistrarse e cumprimentar o formulario de inscrición dispoñible na páxina web do Programa.

Información xeral da convocatoria e requisitos

Programa de bolsas Eurolingua

Calendario escolar - Curso 2023-2024

Calendario escolar do curso 2023-2024 para o IES Santa Irene.


 

 

CUALE

Que é o programa CUALE?

O programa CUALE (Cursos para a Formación Complementaria da Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) consiste nun curso no que se prepara ao alumnado para a realización das probas de certificación da Escola Oficial de Idiomas. Os cursos son gratuítos e ofertados polo centro.

Idioma e nivel

Inglés, nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER).

Requisitos de inscrición

Alumnado matriculado no primeiro curso do bacharelato no ano académico 2024-2025.

Plazas ofertadas

Máximo de 20 alumnos/as.

Criterios de selección do alumnado

Se o número de solicitantes fose maior que o número de plazas dispoñibles os criterios de selección, por orde de prioridade, serán os seguintes:

  1. Cualificación final da materia de lingua inglesa do curso 2023-2024.
  2. Cualificación media do curso no que estivese matriculado/a o/a alumno/a no curso 2023-2024.

Vantaxes do CUALE

O alumnado procedente dos cursos CUALE que se matricule para realizar as probas de certificación na Escola Oficial de Idiomas de Vigo terá carácter de alumnado oficial para os efectos do número de convocatorias, polo que disporá das convocatorias ordinaria e extraordinaria para superar as probas correspondentes, unicamente no idioma e nivel cursado no programa CUALE, e non terá que aboar os prezos públicos polo acceso ás probas de certificación. Esta exención inclúe o concepto de apertura de expediente académico.

Cando e onde inscribirse?

Prazo de preinscrición: desde o 15 de maio ao 31 de maio de 2024 (ambos incluidos). O alumnado poderá inscribirse entregando o formulario de preinscrición na secretaría do centro.

Prazo de matrícula oficial: desde o 1 de setembro ao 15 de setembro de 2024 (ambos incluidos). O alumnado poderá matricularse entregando o formulario de matrícula na secretaría do centro.

Normativa

Resolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

PENDENTE DE APROBACIÓN EN CONSELLO ESCOLAR

Impresos e formularios

Pulsa na ligazón para acceder ao listado de impresos e formularios.

Libros de texto

En documento adxunto publícase a relación de libros de texto para o curso 2023-2024.

Enderezo electrónico de consulta: ies.santairene@edu.xunta.gal

Teléfono: 986 23 37 99

 

Matrícula

Calendario de matrícula para o curso 2024-2025:

1º ESO

24, 25 e 26 de xuño 2024

2º ESO

27 e 28 de xuño de 2024

3º ESO

01 de xullo de 2024

4º ESO

02 de xullo de 2024

1º BACH

03 e 04 de xullo de 2024

2º BACH

05 e 08 de xullo de 2024

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR CO IMPRESO DE MATRÍCULA

-       Dúas fotos de tamaño carnet (con nome, apelidos e curso no reverso)

-       Copia do DNI

-       Certificación académica oficial (alumnado externo)

-       Dous euros para o pago do seguro escolar (3º ESO, 4º ESO, 1º BACH, 2º BACH)

-       Dez euros se solicita uso de armario para libros

*O horario de atención da secretaría do centro é de 09:00 h a 14:00 h

Período oficial de matrícula do 24 de xuño ao 08 de xullo de 2024.

IMPRESOS DE MATRÍCULA DIÚRNO E ADULTOS (2023-2024)

Impresos de prematrícula 2024-2025

Pago de taxas

TÍTULO DE BACHAREL

INSTRUCIÓNS PAGO DE TAXAS BACHARELATO (PREMA AQUÍ)

Atriga (Prema aquí)

Códigos

Consellería
07-Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade
Delegación
13- Servizos Centrais
Servizo
03-Ensino Medio
Taxa
302003-Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes a ensinanzas establecidas pola LOE e os seus duplicados
Obxecto de pago
Título de Bacharelato

Convocatoria Ordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato deberá aboar as taxas para a obtención do título de Bacharel. O luns, día 20 de maio de 2024, 09:00 a 14:00 horas, deberanse entregar na secretaría do centro dúas copias (unha delas devolverase selada como comprobante) do resgardo de ter realizado o pagamento.

*Non facer o pago ata o xoves, 16 de maio de 2024.

Os importes das taxas do título de bacharel son as seguintes:

  • Taxa normal - 54,00
  • Taxa familia numerosa de categoría xeral - 27,03
  • Taxa familia numerosa de categoría especial - 0
  • Duplicado - 4,98

Convocatoria Extraordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato deberá aboar as taxas para a obtención do título de Bacharel. No prazo que vai desde o xoves, día 13 de xuño de 2024 ata o luns, día 17 de xuño de 2024, en horario de 09:00 a 14:00 horas, deberanse entregar na secretaría do centro dúas copias (unha delas devolverase selada como comprobante) do resgardo de ter realizado o pagamento.

*Non facer o pago ata o xoves, día 13 de xuño de 2024.

Os importes das taxas do título de bacharel son as seguintes:

  • Taxa normal - 54,00
  • Taxa familia numerosa de categoría xeral - 27,03
  • Taxa familia numerosa de categoría especial - 0
  • Duplicado - 4,98
PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU)

INSTRUCIÓNS PAGO DE TAXAS ABAU (PREMA AQUÍ)

Nerta (Prema aquí)

Convocatoria ordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato e quere presentarse ao exame ABAU 2024 deberá aboar as taxas correspondentes. O luns, día 20 de maio de 2024, de 09:00 a 14:00 horas, deberanse entregar na secretaría do centro dúas copias (unha delas devolverase selada como comprobante) do resgardo de ter realizado o pagamento presencialmente nunha oficina de ABANCA. No caso de facer o pago telemático non é necesario entregar na secretaría do centro o resgardo de pagamento.

*Non facer o pago ata o xoves, 16 de maio de 2024.

Convocatoria Extraordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato e quere presentarse ao exame ABAU 2024 deberá aboar as taxas correspondentes. No prazo que vai desde o xoves, día 13 de xuño de 2024 ata o luns, día 17 de xuño de 2024, en horario de 09:00 a 14:00 horas, deberanse entregar na secretaría do centro dúas copias (unha delas devolverase selada como comprobante) do resgardo de ter realizado o pagamento presencialmente nunha oficina de ABANCA. No caso de facer o pago telemático non é necesario entregar na secretaría do centro o resgardo de pagamento.

*Non facer o pago ata o xoves, día 13 de xuño 2024.

Aboamento da taxa

O aboamento do prezo da matrícula para as probas ABAU farase a través do proceso telemático da aplicación Nerta ou utilizando o impreso de liquidación que xera a mesma, no caso de que o procedemento se realice mediante a opción de prematrícula.

De conformidade co disposto no DECRETO 121/2022, do 23 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2022/23, o importe do prezo de matrícula para estas probas é de 63,67 euros.
Serán de aplicación as exencións establecidas no artigo 12 do
DECRETO 121/2022, do 23 de xuño:

  • Familia numerosa - Categoría Xeral => 31,84 euros
  • Familia numerosa - Categoría Especial => Gratuíta
  • Persoas con discapacidade (>= 33%) => Gratuíta
  • Vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero => Gratuíta
  • Persoal das Universidades do SUG => Gratuíta

Nota
(1)Os beneficiarios/as de Familia Numerosa de Categoría Xeral e de Familia Numerosa de Categoría Especial deberán achegar, no momento da matrícula, xunto co xustificante bancario, fotocopia cotexada do carné de Familia Numerosa vixente no prazo da matrícula.

(2)A condición de persoa con discapacidade (>=33%), acreditarase no momento de formalización da matrículacoacorrespondenteresoluciónadministrativadoórganocompetenteda Comunidade Autónoma pola que se recoñecese a condición vixente no prazo de matrícula.

(3)A condición de vítima de acto terrorista acreditarase no momento de formalización da matrícula coa correspondente resolución administrativa pola que se recoñecese a condición, vixente no prazo de matrícula.

(4)A condición de vítima de violencia de xénero acreditarase no momento da formalización da matrícula, mediante calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

(5)AXUDASparaopagamentodePrezosPúblicosporServizosAdministrativos. Serán beneficiarias das axudas para o pagamento de Prezos Públicos por Servizos Administrativos todas as persoas que estean contempladas nalgún suposto das "Convocatorias de axudas e subvencións de Prezos Públicos" de calquera das tres universidades públicas do SUG para o presente curso académico:
Persoal docente e de administración e servizos, os seus fillos/as, así como o seu cónxuxe ou persoa con análoga relación das tres Universidades de Galicia terá a matrícula gratuíta.

A gratuidade deberá acreditarse mediante certificación dos respectivos Servizos de Persoal e, no caso de cónxuxe e fillos/as, ademais, por medio da fotocopia cotexada do Libro de Familia. A situación que dá dereito a axuda deberá estar vixente no prazo da matrícula.

Seccións bilingües

Que son as seccións bilingües?

Unha sección bilingüe consiste na organización do ensino dunha área ou materia non lingüística da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria ou do bacharelato, que se cursa nun nivel por un grupo de alumnado e dun xeito bilingüe, dentro do enfoque AICLE/CLIL (aprendizaxe integrada de contidos e linguas). A materia impártese na lingua cooficial que corresponda, segundo a normativa vixente, e nunha lingua estranxeira falada na Unión Europea.

A incorporación da lingua estranxeira na sección bilingüe acadará un mínimo dun 50 por cento.

Seccións bilingües no IES Santa Irene

Curso

Materia

Idioma

1º ESO

Bioloxía e Xeoloxía (3 h)

Inglés

2º ESO

Física e Química (3 h)

Inglés

Plazas ofertadas por curso

Máximo de 30 alumnos/as.

Criterios de selección do alumnado

Se o número de solicitantes fose maior que o número de plazas dispoñibles os criterios de selección, por orde de prioridade, serán os seguintes:

  1. Cualificación final da materia de lingua inglesa do curso 2023-2024.
  2. Cualificación media do curso no que estivese matriculado/a o/a alumno/a no curso 2023-2024.

Auxiliares de conversa

É un programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo prioritariamente nos Centros Plurilingües, Seccións Bilingües e Escolas Oficiais de Idiomas para posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar ó alumnado e profesorado á cultura do seu país. No IES Santa Irene participará un auxiliar de conversa en inglés.

Cando e onde inscribirse?

Prazo de matrícula oficial: desde o 24 de xuño ao 08 de xullo de 2024 (ambos incluidos). O alumnado poderá matricularse entregando o formulario de matrícula ordinario na secretaría do centro.

Normativa

Resolución do 09 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa



by Dr. Radut