Skip to Content

Admisión e matrícula

Lista provisional de alumnado admitido - Curso 2024-2025

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a lista provisional de alumnado admitido para o curso 2024-2025. O alumnado que figura como non admitido pode obter praza na adxudicación subsidiaria do mes de xullo de 2024. Figura, polo tanto, como alumnado en reserva.

Información completa sobre o proceso de admisión 2024-2025 premendo AQUÍ.

Lista definitiva de alumnado admitido 2º Bacharelato - Admisión 2024-2025

Comunícase que todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no período de admisión ordinario (do 1 ao 20 de marzo de 2024) para o curso 2º Bacharelato resultou admitido e deberá formalizar a matrícula no período que vai do 24 de xuño ao 8 de xullo de 2024. A lista de alumnado admitido para o curso 2º Bacharelato pode consultarse no taboleiro de anuncios do centro.

A lista provisional de admitidos do alumnado que presentou solicitude de admisión no período de admisión ordinario (do 1 ao 20 de marzo de 2024) para os restantes cursos da ESO e 1º Bacharelato publicarase o día 25 de abril de 2024 no taboleiro de anuncios do centro.

"Falemos ABAU" - UDC

Adxúntanse uns videos curtos "Falemos da ABAU" da Universidade de A Coruña que poden ser de utilidade para o alumnado de 2º Bacharelato sobre as probas ABAU e o proceso de admisión para o curso académico 2024/2025.

Parte I: Contexto da ABAU

Parte II: Proba de acceso

Parte III: Proceso de admisión

Proceso de admisión de alumnado externo para o curso 2024-2025

O día 1 de marzo de 2024 comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso. O prazo ordinario remata o día 20 do mesmo mes

Nos documentos adxuntos pódese atopar toda a información e documentación relativa ao proceso (lexislación, calendario, impresos...)

Normativa

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

Xornada de portas abertas 2024 - Proceso de admisión

Un ano máis, o IES Santa Irene organiza unha xornada de portas abertas para as famillias do alumnado interesado no proceso de admisión externa 2024-2025.

Data, hora e lugar: 27 de febreiro de 2024 ás 18:00 h no paraninfo do IES Santa Irene

Información xeral do proceso de admisión 2024-2025 premendo AQUÍ

Lista definitiva de alumnado admitido procedente de centros adscritos - Reserva

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a lista definitiva de alumnado procedente de centros adscritos.

Todo o alumando que solicitou a reserva de praza no centro adscrito resultou admitido
Reserva curso 2024/2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

*Proceso de reserva para alumnado que se incorpora ao curso 1º ESO no ano académico 2024-2025.

"A mellor forma de predicir o futuro é crealo" Peter Drucker

Consulta o blog de orientación para enterarte de todo o relacionado cas diferentes vías de estudo premendo  sobre as seguintes cores:

 Listaxes descargables:

 

  • Área de coñecemento: ARTES E HUMANIDADES

UVIGO           USC            UDC

  • Área de coñecemento: CIENCIAS

UVIGO           USC            UDC

  • Área de coñecemento: CIENCIAS DA SAÚDE

UVIGO           USC            UDC

  • Área de coñecemento: CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS

UVIGO           USC            UDC

  • Área de coñecemento:ENXEÑARÍA E ARQUITECTURA

UVIGO           USC            UDC

 

Tamén podes utilizar diferentes ferramentas (axuda1, axuda2, axuda3, axuda4) que che axudarán a decidir que é o que mellor se adapta a ti.

Ligazón ao blog Elorienta específico para o IES Santa Irene e ao aplicativo interactivo con cuestionario vocacional incluido.

Dúbidas xerais sobre ABAU e o ACCESO a universidade. Aclaracións de interese sobre o proceso. Notas de corte da ABAU 2023. Táboa de ponderacións 24-25.

* As cualificacións da parte voluntaria soamente serven para ese mesmo ano e o seguinte e as da parte obrigatoria para sempre.

Apertura do prazo de matrícula para o ensino de persoas adultas (Cursos ESA III e ESA IV)

Desde o día 9 até o 19 de xaneiro estará aberto o prazo de matrícula para todo o alumnado de nova incorporación que queira cursar a Educación Secundaria polo réxime de Persoas Adultas. Para a matriculación deberán achegar:

-  Certificación académica dos estudos cursados con anterioridade (Solicítea no último Centro no que estivo matriculado/a). *

- Dúas fotos tamaño carné.

- Unha fotocopia do DNI

- Dous euros para o Seguro Escolar.

Non se recollerá ninguna matrícula se non se entrega toda a documentación.

*IMPORTANTE: Quen non dispoña de Certificación Académica ou os requisitos académicos deberá realizar unha proba de Avaliación Inicial (Proba AvI), para ser adscrito/a ao nivel correspondente.

Pode apuntarse no centro para facer esta proba entregando un impreso cuberto (en secretaría ou en Xefatura de Estudios de Adultos) do 9 ao 16 de Xaneiro.

O exame será o mércores 17 de xaneiro de 2024, ás 18.30 h., na biblioteca do centro.

DIRECCIÓN

8 de xaneiro de 2024

 

Novo curso de capacitación dixital 2023

O IES Santa Irene pertence á rede de centros de acreditación dixital. O primeiro obxectivo desta rede é abrir os centros educativos á poboación adulta que non estea recibindo formación no sistema educativo regrado. Para ela está dirixido un curso de formación de 30 horas de duración (25 horas presenciais e 5 horas de traballo individual), á que se lle ofrece unha competencia dixital básica.

O curso está financiado polo Fondo Social Europeo, polo que é gratuíto. Ao remate entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento, co que se poderán acreditar unidades de competencia de cualificación profesional. 

Desenvolverase na aula de informática do IES Santa Irene. A formación recibida será válida para manexarse con internet e con dispositivos electrónicos, coma móbiles ou tablets.
 
Cada curso atenderá a un mínimo de 12 alumnos/as e un máximo de 25.
 
O 3º curso de capacitación dixital desenvolverase entre o 26 de outubro de 2023 a 28 de novembro de 2023, no seguinte horario:
  • Martes e xoves, de 20:00 h a 22:30 h
A inscrición realizarase de forma presencial na secretaría do IES Santa Irene ou chamando ao 986 23 37 99.
 
Prazo para realizar a inscrición: ata o 25 de outubro de 2023.

A presentación do curso terá lugar o día do comezo do curso (26 de outubro de 2023, ás 20:00 h)

Distribuir contido


by Dr. Radut