Skip to Content

Admisión e matrícula

Admisión de novo alumnado para o curso 2017-18

O prazo de presentación de solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo.

Xúntase a documentación relativa ao proceso (lexislación, calendario, impresos, zonas de influencia e listaxes).

NOTA: Corrixiuse o documento nº 2, que por erro era diferente do publicado no taboleiro de anuncios do instituto.

Instrucións sobre a prematrícula

Xúntase a seguinte documentación:

  • Presentacións con instrucións sobre a prematrícula
  • Impresos para prematrícula
  • Decretos do currículo (DOG)
  • Instrucións sobre o acceso á universidade (BOE)

Matrícula setembro 2016 - DIÚRNO E ADULTOS

A matrícula de diúrno e adultos organizarase como segue:

1º e 2º de bacharelato 7 de setembro, de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 20:00
ESO e ESA 8 e 9 de setembro, de 9 a 14:30

Relación de admitidos e excluidos nas probas libres da ESO en setembro de 2016

Relación provisional de admitidos e excluidos para a realización das probas libres da ESO en setembro de 2016.

Prazo de reclamación: tres días hábiles dende o día 19 de xullo de 2016

Matrícula Curso 2016/17 - Documentación necesaria

O alumnado externo e o de adultos deberá coller o sobre de matrícula na conserxería do instituto.

Do resto, os alumnos que vaian promocionar recibirán o sobre durante a entraga de notas.

Para formalizar a matrícula, xunto coa documentación que se indica no sobre, o alumnado externo deberá aportar a correspondente CERTIFICACIÓN ACADÉMICA OFICIAL de ter superado o curso.

Matrícula Curso 2016/17

O prazo de matrícula para o alumnado que promociona é o do 27 de xuño ao 8 de xullo.

Para axilizar o proceso, a matrícula distribuirase do seguinte xeito:

Diúrno:

- Alumnado da ESO: 27, 28 e 29 de xuño

- Alumnado de Bacharelato: do 1 ao 8 de xullo

Adultos:

- ESA e Bacharelato: do 1 ao 8 de xullo

Vacantes ESA curso 2016-17

Adxúntase relación das vacantes da ESA para o vindeiro curso 2016-17.

Admisión de alumnado curso 2016-17. Listaxe DEFINITIVA de admitidos

Adxúntase listaxe definitiva de admitidos e non admitidos para o curso 2016/17, xunto cos prazos de matrícula.

Admisión de alumnado curso 2016-17. Listaxe provisional de admitidos

Adxúntase listaxe provisional de alumnos admitidos e excluídos para o curso 2016-17. O prazo de reclamación é de 5 días hábiles desde o 26/04/16.

Probas libres ESO maio 2016 - relación definitiva de admitidos

Adxúntase relación definitiva de admitidos para as probas libres da ESO, convocatoria de maio de 2016.

Distribuir contido


by Dr. Radut