Skip to Content

Admisión e matrícula

Novo curso de capacitación dixital 2023

O IES Santa Irene pertence á rede de centros de acreditación dixital. O primeiro obxectivo desta rede é abrir os centros educativos á poboación adulta que non estea recibindo formación no sistema educativo regrado. Para ela está dirixido un curso de formación de 30 horas de duración (25 horas presenciais e 5 horas de traballo individual), á que se lle ofrece unha competencia dixital básica.

O curso está financiado polo Fondo Social Europeo, polo que é gratuíto. Ao remate entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento, co que se poderán acreditar unidades de competencia de cualificación profesional. 

Desenvolverase na aula de informática do IES Santa Irene. A formación recibida será válida para manexarse con internet e con dispositivos electrónicos, coma móbiles ou tablets.
 
Cada curso atenderá a un mínimo de 12 alumnos/as e un máximo de 25.
 
O 3º curso de capacitación dixital desenvolverase entre o 26 de outubro de 2023 a 28 de novembro de 2023, no seguinte horario:
  • Martes e xoves, de 20:00 h a 22:30 h
A inscrición realizarase de forma presencial na secretaría do IES Santa Irene ou chamando ao 986 23 37 99.
 
Prazo para realizar a inscrición: ata o 25 de outubro de 2023.

A presentación do curso terá lugar o día do comezo do curso (26 de outubro de 2023, ás 20:00 h)

1 de setembro, apertura do prazo extraordinario de matrícula para ensinanzas de Persoas Adultas

O 1 de setembro comeza o prazo extraordinario de matrícula para cursar estudos de 1º ou 2º de bacharelato no réxime de adultos e mais para a Educación Secundaria de Persoas Adultas, en concreto, ESA3 e ESA4, que son os cursos que ofertamos no IES Santa Irene.

Sobre de matrícula: a recoller na conserxería do centro.

BACHARELATO

- Do 1 ao 20 de setembro de 2023.

- Prazo extraordinario para o alumnado que remate estudos de secundaria no 1º cuadrimestre do curso 2023/24: do 15 ao 28 de febreiro de 2024.

Listaxe de prazas adxudicadas FP Básica - Curso 2023-2024

Publicada a listaxe de prazas adxudicadas para a FP Básica no curso 2023-2024.

Apertura do prazo de matrícula para a convocatoria extraordinaria das Probas libres para a obtención do título da ESO (setembro)

RESOLUCIÓN do 27 xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A)

O prazo de presentación de solicitudes será do 3 ao 10 de xullo para a convocatoria de setembro.

Lista definitiva de admitidos. Proceso de admisión 2023-2024

Publicada no tablón de anuncios do centro a lista definitiva de alumnado admitido para o curso 2023-2024.

Poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir de mañá, martes, día 16 de maio de 2023.

Xornada de acollida para alumnado de 1º ESO 2023-2024

Xornada de acollida para as famillias do alumnado admitido no procedemento ordinario de admisión do curso 2023-2024 no nivel 1º ESO.

Centros adscritos: CEIP Pintor Laxeiro e CEIP Canicouva

Data, hora e lugar: 13 de xuño de 2023 ás 18:00 h no paraninfo do IES Santa Irene

Incrición na xornada premendo AQUÍ

Lista provisional de admitidos. Proceso de admisión 2023-2024

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a lista provisonal de alumnado admitido para o curso 2023-2024.

O prazo de reclamacións será de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da lista provisional.

Publicación da listaxe definitiva de persoas aspirantes ás Probas Libres da ESO (Maio 2023)

No taboleiro interior do Ies Santa Irene poderedes consultar a listaxe definitiva de aspirantes ás Probas Libres para a obtención do título da ESO que se celebrarán o 26 de maio no IES Politécnico. 

Admisión 2023-2024 (Entrega de documentación fase de baremo)

Período de entrega de documentación fase de baremo

21 de marzo de 2023 a 4 de abril de 2023 (ambos inclusive)

Proceso de admisión de alumnado externo para o curso 2023-2024

O día 1 de marzo de 2023 comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso. O prazo ordinario remata o día 20 do mesmo mes

Nos documentos adxuntos pódese atopar toda a información e documentación relativa ao proceso (lexislación, calendario, impresos...)

Distribuir contido


by Dr. Radut