Skip to Content

Admisión e matrícula

Probas libres ESO maio 2016 - listado provisional de admitidos e excluídos

Adxúntase listado provisional de admitidos e excluídos para as probas libres da ESO (convocatoria de maio de 2016).

O prazo de reclamación é de 3 días hábiles.

Admisión de alumnado para o curso 2016/2017 - Documentación a presentar antes do 12 de abril

NOTA IMPORTANTE

Todos os solicitantes que aínda non o teñan presentado deben aportar copia do certificado de empadroamento familiar.

O alumnado que alegue puntuación por renda debe achegar igualmente copia do libro de familia (todas as páxinas nas que aparezan membros da unidade familiar) e, en caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador.

Igualmente debe achegarse calquera outra documentación xustificativa dos méritos alegados que aínda non se teña presentado.

Modificación do criterio complementario do procedemento para a admisión do alumnado

Modificación do criterio complementario do procedemento para a admisión do alumnado

Debido á imposibilidade de aplicar o criterio aprobado polo Consello Escolar do IES Santa Irene na súa reunión do 29 de febreiro de 2016, este criterio foi revisado en reunión extraordinaria o 3 de marzo, quedando redactado como segue:

“Valorarase cun punto se a nota media do último curso rematado anterior ao da presentación da solicitude de admisión, calculada sen ter en conta as notas de relixión nin de valores éticos, é maior ou igual que sete.”

Procedemento para a admisión do alumnado cara ao curso 2016/2017

O día 1 de marzo do 2016 comeza o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2016/2017.

Os impresos para presentar a solicitude de admisión no IES Santa Irene poden recollerse na conserxería do centro e presentalos nas oficinas do mesmo a partir do 1 de marzo.

Xúntanse as indicacións do procedemento de admisión (prazos, publicación de listas, áreas de influencia, criterio complementario do centro, ....)

Matrícula curso 2016/17 (Actualización 03/03/2016)

Adxúntanse os seguintes documentos:

  • Impresos de matrícula e prematrícula
  • Resumo das presentacións realizadas nas reunións cos pais/nais e titores
  • Información sobre as materias de libre configuración
  • Decreto do currículo da ESO e o bacharelato
  • Modificación do criterio complementario

Matrícula aberta ESA III e IV

Continúa aberta a matrícula de ESA III e ESA IV para o segundo cuatrimestre.

Plazo extraordinario de matrícula para cursar ESO en adultos

Desde o 8 ata o 15 de xaneiro de 2016 está aberto o plazo extraordinario de inscrición e matrícula para o alumnado de nova incorporación ao centro que desexe cursar Educación Secundaria para adultos no segundo cuadrimestre.

Listaxe definitiva de admitidos e instrucións de matrícula para o curso 2015-16

Listaxe definitiva de admitidos e instrucións de matrícula, curso 2015-2016

Listaxe provisional de admitidos e non admitidos (curso 2015-2016)

No seguinte documento adxunto, pódese consultar a listaxe provisional do alumnado admitido ou non para o curso 2015-2016.

Relación definitiva de admitidos nas probas libres da ESO - maio 2015

Relación definitiva de admitidos nas probas libres da ESO. Maio 2015

Distribuir contido


by Dr. Radut