Skip to Content

1º ESO

Lista provisional de alumnado admitido - Curso 2024-2025

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a lista provisional de alumnado admitido para o curso 2024-2025. O alumnado que figura como non admitido pode obter praza na adxudicación subsidiaria do mes de xullo de 2024. Figura, polo tanto, como alumnado en reserva.

Información completa sobre o proceso de admisión 2024-2025 premendo AQUÍ.

Axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) para o curso 2024-25

As axudas están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo (NEAE) derivado dalgunha das seguintes situacións de tódalas etapas educativas que se cursan neste centro e presente a seguinte documentación xustificativa:

  • Discapacidade: Certificado de discapacidade igual ou superior ao 25%
  • Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe: 
  1. Certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro base e do Instituto de Maiores e de Servizos Sociais ou órgano correspondente da comunidade autónoma ou Certificado do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica, do departamento de orientación do teu centro educativo ou da comunidade autónoma. O certificado debe axustarse ao modelo que obterás cando enchas o formulario.
  2. Informe dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do Departamento de Orientación para indicar que tipo de asistencia necesitas, duración etc.
  3. Certificado do inspector de zona para acreditar que necesitas estes tratamentos porque esta axuda non a ofrece o teu centro ou porque non podes matricularche nun centro no que se preste.
  4. Memoria do centro onde vas recibir a reeducación que informe sobre as características do tratamento, a súa duración e o custo.Declaración responsable da persoa que vai impartir a reeducación. Debe acreditar que ten a formación necesaria para iso.
  • Trastorno do espectro autista: 

    Certificado médico dos servizos de saúde sostidos con fondos públicos e Certificado do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica, do departamento de orientación do teu centro educativo ou da comunidade autónoma. O certificado debe axustarse ao modelo que obterás cando enchas o formulario.

  • Altas capacidades: 

    Presentar un informe do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do Departamento de Orientación do teu centro educativo para indicar que tipo de asistencia necesitas, a duración, etc. Este informe debe axustarse ao modelo que aparece co impreso de solicitude cando enchiches o formulario en liña e Memoria do centro que imparte o programa ao que vas asistir que informe sobre as características do tratamento, a súa duración e o custo.

Para ter dereito a recibir as axudas, a túa unidade familiar non debe superar a renda anual (a presentada no 2023) que marca a táboa da convocatoria. Por exemplo, se a túa familia formádela 4 persoas e a renda familiar é menor que 31.801 € ao ano, terías dereito a recibir as axudas.

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

Do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

 

Bolsas Eurolingua

Infórmase da apertura da 11ª Convocatoria das Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído dirixido a estudantes de Secundaria, Ciclos e Universidade.

Poden consultar toda a información da convocatoria picando nesta ligazón: Becas Eurolingua

  • O programa está becado ao 100% e inclúe:
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Aloxamento en familias seleccionadas e residencia.
  • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamento  do curso expedido polo colegio.
  • Teléfono de emerxencia 24 horas.
  • Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.

Os requisitos para solicitar a bolsa son:

  • Idade mínima 14 anos.
  • Media académica de polo menos 6 puntos.
  • Estar matriculado neste curso nalgún destes estudos: ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos ou Universidade (masters e doctorados incluídos).
  • Ter nacionalidade de calquera país da UE.

O prazo de solicitude para esta bolsa finaliza o 21 de abril. Se teñen calquera dúbida  pódena consultar no noso apartado de preguntas frecuentes, respondendo a este e-mail ou no noso chat en liña.

Proceso de admisión de alumnado externo para o curso 2024-2025

O día 1 de marzo de 2024 comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso. O prazo ordinario remata o día 20 do mesmo mes

Nos documentos adxuntos pódese atopar toda a información e documentación relativa ao proceso (lexislación, calendario, impresos...)

Normativa

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

O sistema educativo galego

PREME O BOTÓN DE AMPLIACIÓN QUE SE ATOPA ABAIXO A DEREITA E ELIXE O TEU CAMIÑO.

 

Xornada de portas abertas 2024 - Proceso de admisión

Un ano máis, o IES Santa Irene organiza unha xornada de portas abertas para as famillias do alumnado interesado no proceso de admisión externa 2024-2025.

Data, hora e lugar: 27 de febreiro de 2024 ás 18:00 h no paraninfo do IES Santa Irene

Información xeral do proceso de admisión 2024-2025 premendo AQUÍ

Lista definitiva de alumnado admitido procedente de centros adscritos - Reserva

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a lista definitiva de alumnado procedente de centros adscritos.

Todo o alumando que solicitou a reserva de praza no centro adscrito resultou admitido
Reserva curso 2024/2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

*Proceso de reserva para alumnado que se incorpora ao curso 1º ESO no ano académico 2024-2025.

"A mellor forma de predicir o futuro é crealo" Peter Drucker

Consulta o blog de orientación para enterarte de todo o relacionado cas diferentes vías de estudo premendo  sobre as seguintes cores:

 Listaxes descargables:

 

  • Área de coñecemento: ARTES E HUMANIDADES

UVIGO           USC            UDC

  • Área de coñecemento: CIENCIAS

UVIGO           USC            UDC

  • Área de coñecemento: CIENCIAS DA SAÚDE

UVIGO           USC            UDC

  • Área de coñecemento: CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS

UVIGO           USC            UDC

  • Área de coñecemento:ENXEÑARÍA E ARQUITECTURA

UVIGO           USC            UDC

 

Tamén podes utilizar diferentes ferramentas (axuda1, axuda2, axuda3, axuda4) que che axudarán a decidir que é o que mellor se adapta a ti.

Ligazón ao blog Elorienta específico para o IES Santa Irene e ao aplicativo interactivo con cuestionario vocacional incluido.

Dúbidas xerais sobre ABAU e o ACCESO a universidade. Aclaracións de interese sobre o proceso. Notas de corte da ABAU 2023. Táboa de ponderacións 24-25.

* As cualificacións da parte voluntaria soamente serven para ese mesmo ano e o seguinte e as da parte obrigatoria para sempre.

Reto de las emociones

Distribuir contido


by Dr. Radut