Skip to Content

Outras novas

Listas de alumnado por curso e grupo e afectado por cambio de materias 2024-2025

Publicadas no taboleiro de anuncios do centro ás listas de alumnado por curso e grupo e as listas de alumnado afectado por cambios de materias con respecto á primeira opción escollida.

Horario de apertura do centro

De luns a venres, de 09:00 h. a 14:00 h.

Xornada de inicio do curso 2024-2025

Xornada de inicio do curso académico 2024-2025

A duración aproximada da recepción ao alumnado por parte do equipo directivo e do profesorado titor será dunha hora.

Nova edición do curso de capacitación dixital 2024

Formulario de inscrición nos cursos de capacitación dixital premendo AQUÍ

Horario de atención ao público - Verán 2024

Presentacións_Xornadas de orientación

Adxúntanse as presentacións empregadas nas xornadas de orientación para o alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato.

Xornadas de portas abertas da USC

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará os vindeiros 13, 14 e 15 de xuño en Santiago e o 20, 21 e 22 de xuño en Lugo as “Xornadas de Portas Abertas: Coñece a USC”.

Novas edicións dos cursos de capacitación dixital para persoas adultas 2024

Formulario de inscrición nos cursos de capacitación dixital premendo AQUÍ

Conferencia-debate "Os valores do deporte"

Conferencia-debate "Os valores do deporte". Escola de Nais e Pais do IES Santa Irene. Martes, 9 de abril de 2024, ás 19:30 h. Entrada libre ata completar aforo.

Horario de apertura - Semana Santa 2024

Horario de atención ao público na secretaría do centro durante a Semana Santa 2024

Novo curso de capacitación dixital 2024

O IES Santa Irene pertence á rede de centros de acreditación dixital. O primeiro obxectivo desta rede é abrir os centros educativos á poboación adulta que non estea recibindo formación no sistema educativo regrado. Para ela está dirixido un curso de formación de 30 horas de duración á que se lle ofrece unha competencia dixital básica.

O curso está financiado polo Fondo Social Europeo, polo que é gratuíto. Ao remate entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento, co que se poderán acreditar unidades de competencia de cualificación profesional. 

Desenvolverase na aula de informática do IES Santa Irene. A formación recibida será válida para manexarse con internet e con dispositivos electrónicos, coma móbiles ou tablets.
 
Cada curso atenderá a un mínimo de 10 alumnos/as e un máximo de 25.
 
O 1º curso de capacitación dixital desenvolverase entre o 02 de abril de 2024 e o 02 de maio de 2024, no seguinte horario:
  • Martes e xoves, de 20:00 h a 22:30 h
A inscrición realizarase de forma presencial na secretaría do IES Santa Irene ou chamando ao 986 23 37 99. Tamén é posible realizar a inscrición online premendo AQUÍ.
 
Prazo para realizar a inscrición: ata o 31 de marzo de 2024.

A presentación do curso terá lugar o día do comezo do curso (02 de abril de 2024, ás 20:00 h)

Distribuir contido


by Dr. Radut