Skip to Content

Outras novas

Peche do centro durante o entroido

Debido ao entroido o centro permanecerá cerrado o luns 28 de febreiro e o martes 1 e mércores 2 de marzo.

Comunicación ao centro dos casos COVID

No caso de que o alumnado non poda asistir ao centro por ser positivo COVID, pregamos que nolo comuniquen telefónicamente (986 233 799) ou por email ao enderezo ies.santairene@edu.xunta.gal
O alumnado que non presente sintomatoloxía pode poñerse en contacto co profesorado a través da aula virtual.

No arquivo adxunto hai novas indicaciones de como temos que actuar nos diferentes casos.

Felicitación do Nadal

O equipo directivo do IES Santa Irene os desexa unhas felices festas e un próspero ano novo.

Horario de apertura durante as vacacións do Nadal

Durante as vacacións do Nadal o centro permanecerá cerrado os días 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro ademáis dos días festivos.

O horario de apertura do centro será: De 10:00 a 12:00 horas

Fora do horario indicado poden contactar a través do correo eletrónico ies.santairene@edu.xunta.gal

Publicación das listaxes de candidatos electos do consello escolar

Hoxe foron publicados no taboleiro da entrada do instituto os resultados das eleccións do consello escolar 2021.

Xornadas de acollida curso 2021-2022

O vindeiro xoves 25 de novembro realizaremos no IES Santa Irene ás 18:10 horas a xornada de acollida para os representantes legais do alumnado de 1º curso da ESO onde serán tratados aspectos xeráis relacionados co funcionamento do centro e o presente ano escolar.

Elección dos representantes de nais, pais ou titores/as legais do alumando ao Consello Escolar

De acordo coa Convocatoria do día oito deste mes de novembro, o próximo día 25, en horario de 19:20 a 22:10 horas, celebrase neste centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do IES. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada convocatoria, procederase da seguinte forma:

 1º.-Quen pode votar.

Aberto o prazo de admisión de candidatos ao Consello Escolar

Informamos que o prazo de admisión de candidaturas dos diferentes sectores está aberto ata as 14 horas do día 16 de novembro de 2021.

Tamén informamos que os censos para os titores legais e alumnado están dispoñibles no taboleiro da entrada do instituto. Recordamos que o prazo de reclamacións aos censos remata as 14:00 do 15 de novembro de 2021.

Adxuntamos os documentos para presentar na secretaría do centro para os sectores de titores legais e alumnado.

Censo electoral e renovación parcial do Consello Escolar - Alumnado

Hoxe foi publicado no taboleiro da entrada do instituto a convocatoria de eleccións ao consello escolar nos diversos sectores educativos (alumnado e familias).

Tamén serán publicados os censos electorais de eses sectores. As reclamacións aos censos rematan as 14:00 do día 15 de novembro.

Adxunto ditas convocatorias

Sorteo dos membros que constituirán a xunta electoral

Por corresponderlle no curso 2021/22 a renovación do consello escolar do IES Santa Irene, desde esta dirección informamos que o venres 29 de outubro ás 14:15 horas no despacho de dirección terá lugar o sorteo público para a designación dos membros da xunta electoral.

Distribuir contido


by Dr. Radut