Skip to Content

Outras novas

Xornadas de presentación curso 2020-2021

Nos arquivos adxuntos podedes consultar os horarios e días das presentacións do curso 2020-2021, así como as listaxes dos cursos e grupos.

Debido a situación sanitaria, rogamos non acudir con moita antelación para evitar aglomeracións. O alumnado debe permanecer no exterior do edificio mantendo as distancias de seguridade.

Adxudicación definitiva do fondo solidario de libros para o curso 2020/21

Informamos de que xa poden consultar na Secretaría do centro os libros de texto do fondo solidario adxudicados aos seus fillos para o curso 2020/21.

As familias do alumnado ao que lle corresponda o "cheque de axuda para a compra de material escolar" poden recollelo en Secretaría.

Aviso sobre as notificacións en Abalar Móbil

Comunicamos que o sistema de notificacións Abalar móbil non estará operativo antes do inicio das clases.

 

Comunicado ás familias

A dirección do IES Santa Irene ponse en contacto coas familias para informalas sobre o inicio de curso.

 

Comezo de curso

Estimadas familias, sabemos do seu lóxico interese por coñecer que día vai comezar o curso, pero ante o novo protocolo publicado pola consellería de Educación o luns 31 de agosto que esixe remodelación de grupos e á espera das instrucións que prevén publicar o día 7, ainda non podemos concretar os días e horas por curso. En calquera caso, nunca será antes do 16 de setembro.

En canto saibamos como e cando se vai producir esta incorporación, publicarémolo a traves desta páxina web.

Instrucións taxas título bacharel e ABAU - SETEMBRO 2020

Nos documentos adxuntos podedes descargar as instrucións a seguir e a documentación necesaria para a expedición do título de Bacharelato e para formalizar a matrícula nas probas ABAU. O día para realizar o pagamento das taxas é o xoves 3 de setembro. Unha vez realizado o pagamento e cuberto o impreso de matrícula da ABAU estregaranse as copias correspondentes na secretaría do instituto o venres 4 de setembro, en horario de 9:00 a 13:00.

Probas libres ESA setembro 2020

Luns 7 de setembro

Lugar do exame: IES República Oriental do Uruguai. Rúa Coutadas 54 Vigo. Tfno: 886120490

  • 9:00 Chamamento
  • 9:30 - 12:00 Ámbito Científico Tecnolóxico
  • 12:15 - 13:15 Ámbito Social
  • 16:00 - 19:00 Ámbito Comunicación

Datas publicación cualificacións

  • Provisional: 14 setembro
  • Definitiva: 22 setembro

Información importante para a preinscripción na Universidade na aplicación Nerta

Na páxina web de futuros estudantes da Universidade de A Coruña podedes consultar toda a información relativa ás ABAU, á preinscripción e á aplicación NERTA:

Alumno de 2º de bacharelato en cuarentena, negativo na proba

Poñemos en comunicación das familias e alumnado de 2º de bacharelato que un alumno do IES Santa Irene atópase en cuarentena desde hoxe mércores a primeira hora da tarde, tras dar positivo en COVID19 un familiar non convivinte co que o alumno non tivo contacto directo. Os resultados das probas que lle foron realizadas a toda a familia coñeceranse nas vindeiras 24 horas: NEGATIVO (confirmado o xoves ás 8:30 horas).

O alumno, que estaba realizando as probas ABAU, non puido presentarse aos exames da parte voluntaria por mor da cuarentena.

Cancelación da viaxe a Londres

Ante a incerteza da situación e non tendo garantías de poder viaxar en setembro, a viaxe a Londres do alumnado de 1º de bacharelato prevista inicialmente para abril de 2020, foi cancelada.

A axencia de viaxes devolverá o diñeiro aportado agás 35€ de gastos de cancelación.

No documento adxunto atoparedes información importante sobre como será feita a devolución.

Distribuir contido


by Dr. Radut