Skip to Content

Outras novas

Publicación da licitación da cafetería do Santa Irene

O día 13 de xuño sae publicada no DOG a Resolución de 28 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se anuncia a contratación da concesión de servizo da cafetería de este centro.

Documentación relacionada

 

Calendario fin de curso 2º de bacharelato. Convocatoria Ordinaria e Extraordinaria

Xúntase o calendario de final de curso 2018/19 para 2º de BACHARELATO, convocatoria ordinaria e extraordinaria. Inclúe datas de exames e entrega de notas, prazos de reclamacións e de matrícula para as ABAU e outras novas importantes.

Horario xuño 2019 de exames de 2º Bacharelato diúrno e pendentes 1º Bac, convocatoria extraordinaria:

Novas de AbalarMóbil

A aplicación abalarMobil incorpora unha nova funcionalidade: a mensaxería. A través de ese novo servizo, os responsables do alumnado poderán comunicarse co profesorado a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

Esta nova sección está dispoñible a partir da version 1.3.0 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como iOS. Poden consultar o Manual no arquivo adxunto.

Vacacións de Semana Santa. Centro pechado

Comunícase a toda a comunidade escolar que a vindeira semana non haberá clase. Segundo contempla a Orde do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar, o período vacacional comprende desde o día 13 ata o 22 de abril de 2019, ambos inclusive. As clases reanudaranse o martes 23 de abril.

Con motivo das obras que se están a realizar na praza de América, o centro terá que permanecer pechado. Para calquera incidencia, habilítase o telefono 608567193, durante os días laborables en horario de 10 a 13 horas.

Intercambio Santa Irene - Liceo Carlo Botta (Italia)

Entre os días 2 e 9 de abril recibimos aos alumnos e alumnas do Liceo Carlo Botta, da localidade italiana de Ivrea, que participan nun intercambio cultural co noso alumnado de 1º de bacharelato.

No documento adxunto aparece recollido o programa de actividades da semana.

Campus Científicos de Verán para 4º de ESO e 1º de Bacharelato

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio e Educación e Formación Profesional convocan a 10ª edición dos Campus Científicos de Verán.

O prazo de presentación de solicitudes comezou o 19 de marzo e rematará ás 13:00 horas do 1 de abril.

Máis información: https://www.campuscientificos.es/

 

Participación en estudo sobre adiccións do Concello de Vigo

O instituto Sta. Irene vai colaborar co Concello de Vigo facilitando o desenvolvemento dun estudo epidemiolóxico sobre "Drogodependencias e outras adiccións en mozos e mozas de 14 a 21 anos da cidade de Vigo".

Para elo, o alumnado do centro realizará telamáticamente un breve cuestionario anónimo, ao longo da vindeira semana, coordinados polo centro. Tratarase de que a interferencia coa actividade docente sexa a menor posible.

Vacacións entroido

Lémbrase a toda a comunidade educativa que o centro permanecerá pechado os días 4, 5 e 6 de marzo.

O horario de oficina, a partir do xoves 7, será de 9:00 a 14:00 horas e os xoves abrirá tamén pola tarde, de 17:00 a 20:30.

 

Reunións informativas da reserva de praza para alumnado do centro

O martes 12 de febreiro de 2019, celebraranse no Paraninfo reunións informativas para as familias do alumnado do centro sobre o proceso de prematrícula para o curso 2019/20, elección de materias e itinerarios.

Ás 19:00 horas para familias de alumnado que está actualmente en 2º e 3º de ESO.
Ás 20:00 horas para familias de alumnado que está actualmente en 4º de ESO e 1º de bacharelato.

 

Probas de acceso a ciclos formativos

No DOG do día 25 de xaneiro publicouse a Orde pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.

O prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclo de grao superior abrangue entre o 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ámbos os dous incluídos. Para o grao medio é do 7 ao 22 de marzo, ambos os dous incluídos.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26868

Distribuir contido


by Dr. Radut