Skip to Content

Outras novas

Adxudicación da cafetaría do IES Santa Irene 2017-2018

Adxúntase resolución do concurso público para a contratación do servizo de xestión da cafetaría do IES Santa Irene, no que resultou como adxudicatario D. Cristopher Ikaika Crespo Bush.

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e excluídos do Fondo solidario de libros de texto

Con data 14 de xullo publícase o listado PROVISONAL de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto.

Plazo de reclamacións: ata o 19 de xullo

Publicación das listaxes definitivas: 15 de setembro 2017

 

Concurso público para a adxudicación da cafetaría do IES Santa Irene

Convócase concurso público para a xestión da cafetaría do IES Santa Irene.

O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN das propostas é do 4 ao 14 de xullo, as 14:00 horas, ambos os dous incluídos.

A información, especificacións técnicas e instruccións da Consellería atopáse nos documentos adxuntos.

Entrega de notas - Xuño 2017

A entrega de notas de xuño terá lugar o vindeiro luns día 26. Xúntase o horario correspondente.

Peche das oficinas a tarde do xoves 4 de maio

Infórmase á comunidade educativa que na tarde do xoves 4 de maio non haberá atención ao público nas oficinas do instituto.

Vacacións de Semana Santa

Hoxe ao rematar as clases comezan as vacacións de Semana Santa. As clases reanudaranse co horario normal o vindeiro martes 18 de abril.

Durante as vacacións as oficinas abrirán de 10:00 a 12:00 horas os días 10, 11 e 12 de abril.

Día festivo de centro

Lembramos á comunidade educativa que o vindeiro luns 27 de marzo non hai clase, por ser o festivo escollido polo centro para o presente curso.

Nota da dirección ante a convocatoria de folga do 9 de marzo

Ante a convocatoria de folga do 9 de marzo informamos que é posible que algunhas clases non se poidan impartir con normalidade. En calquera caso o alumnado estará custodiado no centro coma calquera outro día.

En canto ao alumnado lembramos que so está recoñecido o dereirto de reunión a partir de 3º de ESO, e os alumnos que acudan ao centro deberán permanecer no mesmo ata as 14:25 horas

Nova normativa sobre o uso do móbil e aparatos electrónicos no IES Santa Irene

Os móbiles e aparatos electrónicos estanse a converter nun elemento de comunicación e traballo imprescindible na sociedade e ofrecen múltiples posibilidades a todos os membros da comunidade educativa, ao mesmo tempo que xeran problemas derivados do seu mal uso. Ante a problemática xurdida nos centros a propia Xunta de Galicia no seu artigo 19.4 do Decreto 8/2015 estableceu a súa prohibición nos períodos lectivos.

Reunións informativas do xoves 9 de febreiro

1. Reunións informativas

Con motivo da promoción de curso dos seus fillos e fillas, as materias a cursar nos niveis 3º e 4º da ESO, así coma 1º e 2º de Bacharelato sofre cambios respecto ao curso anterior.

Ante esta situación e o posible descoñecemento dos itinerarios, materias e modalidades a elixir polo alumnado, consideramos conveniente informar de todas as opcións posibles de matrícula cara o vindeiro curso, tanto ao alumnado como aos pais, nais e titores ou titoras legais do mesmo.

Distribuir contido


by Dr. Radut