Skip to Content

Reunións informativas do xoves 9 de febreiro

1. Reunións informativas

Con motivo da promoción de curso dos seus fillos e fillas, as materias a cursar nos niveis 3º e 4º da ESO, así coma 1º e 2º de Bacharelato sofre cambios respecto ao curso anterior.

Ante esta situación e o posible descoñecemento dos itinerarios, materias e modalidades a elixir polo alumnado, consideramos conveniente informar de todas as opcións posibles de matrícula cara o vindeiro curso, tanto ao alumnado como aos pais, nais e titores ou titoras legais do mesmo.

Por este motivo, convocámoslles a unha reunión informativa que terá lugar o próximo xoves 9 de febreiro de 2017 no Paraninfo do IES Santa Irene nos horarios que se indican a continuación:

  • Alumnado que actualmente está en 2º e 3º da ESO: 19:00 horas
  • Alumnado que actualmente está en 4º da ESO e 1º de Bacharelato: 20:00 horas

2. Viaxes de 4º da ESO e 1º de bacharelato

  • Ás 19:00 horas, haberá na aula de Informática 2 unha sesión informativa para os pais, nais, titores ou titoras legais do alumnado de 4º da ESO que vai á viaxe de fin de etapa que terá lugar no mes de abril.
  • O xoves 2 de marzo ás 19:00 horas haberá no Paraninfo unha sesión informativa para os pais, nais, titores ou titoras legais do alumnado que vai á viaxe de 1º de Bacharelato a Londres. Tamén aproveitamos para lembrarlles a obriga de ter o pasaporte en regra xunto coa autorización de saída de menores ao estranxeiro que hai que solicitar na Policía.


story | by Dr. Radut