Skip to Content

2º bacharelato

Consideracións a ter en conta para realizar as probas ABAU 2024

Consideracións relevantes a ter en conta do PROTOCOLO ABAU 2024:

  • Lugar de realización para alumnado sen adaptación de necesidades educativas especias: Escola de Enxeñaría Industrial (Sede Cidade). Rúa Torrecedeira nº 86. Vigo CD:27 Código CiUG: 4407 Código Xunta:36011592. A Comisión delegada para alumando NEAE está por determinar.
  • Haberá carteis informativos ben visibles  coa identificación das comisión delegada, aulas...
  • O alumnado deberá estar presente ás 9:00 horas e acudir coa antelación suficiente de acordo co horario determinado para cada un dos exames.
  • O alumnado que detecte erros na matrícula deberá comunicalo á presidencia da comisión delegada no momento da presentación; as modificacións de matricula deben ser solicitadas utilizando o formulario correspondente. Comentarllo previamente ao profesor acompañante do noso centro.
  • Formaranse filas, mantendo distancias e o alumnado será chamado a viva voz e colocado no seu posto na aula polos vogais. Este posto será o mesmo para tódalas probas.
  • Recibiredes xogos de etiquetas adhesivas. Non se recollen exames sen etiquetas. Revisade que teñan ben os datos.
  • Levar sempre o DNI (sen caducar) xunto cas etiquetas identificativas.
  • Pódese levar botella de auga sen etiqueta.

MATERIAIS: Exclusivamente bolígrafos negros ou azuis non borrables. 

-Dicionario latín/español ou galego para o exame de Latín II, con apéndice gramatical, pero sen páxinas de contidos literarios, que, no seu caso, deberán ser extraídas ou grampadas. Non está permitido ningún caderno solto nin ningún dicionario que non sexa orixinal. 

-Dicionario de grego/español ou galego para o exame de Grego II, con apéndice gramatical. Non está permitido ningún caderno solto nin ningún dicionario que non sexa orixinal.

-Material de debuxo, pintura e complementario para os exames que impliquen deseño, debuxo técnico ou artístico e técnicas gráfico-plásticas. Material indicado nas circulares, directrices e orientacións dos respectivos Grupos de Traballo.

-Calculadora, sen capacidade de programación e sen capacidade gráfica, para os exames de Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, Física, Química, Empresa e deseño de modelos de negocio e Ciencias xerais. Os membros da comisión delegada poden comprobar se a calculadora cumpre os requisitos; de non ser así, será retirada e non poderá ser substituída por outra.

-Non se poderá acceder á aula con teléfono móbil, reloxo ou calquera outro dispositivo electrónico activados. De darse o caso, poderá ser obxecto de medida disciplinaria (expulsión da aula, cualificación do exame con 0 puntos ou anulación total da proba). Tampouco poderá utilizar ningún dispositivo de escoita non autorizados. 

  • O alumnado poderá introducir na aula unha mochila, carteira ou bolsa de deporte.
  • Deberá manter despexados os pavillóns auditivos para comprobación de non ter ningún aparello non permitido.
  • Unha vez distribuídos os exames, o alumnado deberá permanecer na aula polo menos 30 minutos.
  • O alumnado que desexe abandonar a aula sen realizar o exame deberá entregar a algún dos vogais o caderno de exame (contén 7 páxinas A4 en branco) pero debidamente etiquetado, así como o folio cos enunciados do exame.
  • Ninguén pode dispoñer dos enunciados dos exames. Poderán verse na web da CIUG ao remate de cada xornada.
  • Haberá reloxos visibles para levar un control do tempo no exame.

Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade - ABAU 2024

Datas de exame das probas ABAU 2024:

  • Convocatoria ordinaria - 4, 5 e 6 de xuño de 2024
  • Convocatoria extraordinaria - 2, 3 e 4 de xullo de 2024

Matrícula ABAU 2024 nos centros de secundaria:

  • Convocatoria ordinaria - 16, 17, 18, 19 e 20 de maio de 2024
  • Convocatoria extraordinaria - 13, 14, 15, 16 e 17 de xuño de 2024

Instrucións para o pago de taxas (título de Bacharelato de taxas ABAU) premendo AQUÍ.

Información xeral sobre as probas ABAU 2024 premendo AQUÍ.

Preguntas frecuentes premendo AQUÍ.

Premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

Inicia o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Achégase unha folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electronica.

Lista provisional de alumnado admitido - Curso 2024-2025

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a lista provisional de alumnado admitido para o curso 2024-2025. O alumnado que figura como non admitido pode obter praza na adxudicación subsidiaria do mes de xullo de 2024. Figura, polo tanto, como alumnado en reserva.

Información completa sobre o proceso de admisión 2024-2025 premendo AQUÍ.

Axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) para o curso 2024-25

As axudas están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo (NEAE) derivado dalgunha das seguintes situacións de tódalas etapas educativas que se cursan neste centro e presente a seguinte documentación xustificativa:

  • Discapacidade: Certificado de discapacidade igual ou superior ao 25%
  • Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe: 
  1. Certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro base e do Instituto de Maiores e de Servizos Sociais ou órgano correspondente da comunidade autónoma ou Certificado do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica, do departamento de orientación do teu centro educativo ou da comunidade autónoma. O certificado debe axustarse ao modelo que obterás cando enchas o formulario.
  2. Informe dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do Departamento de Orientación para indicar que tipo de asistencia necesitas, duración etc.
  3. Certificado do inspector de zona para acreditar que necesitas estes tratamentos porque esta axuda non a ofrece o teu centro ou porque non podes matricularche nun centro no que se preste.
  4. Memoria do centro onde vas recibir a reeducación que informe sobre as características do tratamento, a súa duración e o custo.Declaración responsable da persoa que vai impartir a reeducación. Debe acreditar que ten a formación necesaria para iso.
  • Trastorno do espectro autista: 

    Certificado médico dos servizos de saúde sostidos con fondos públicos e Certificado do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica, do departamento de orientación do teu centro educativo ou da comunidade autónoma. O certificado debe axustarse ao modelo que obterás cando enchas o formulario.

  • Altas capacidades: 

    Presentar un informe do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do Departamento de Orientación do teu centro educativo para indicar que tipo de asistencia necesitas, a duración, etc. Este informe debe axustarse ao modelo que aparece co impreso de solicitude cando enchiches o formulario en liña e Memoria do centro que imparte o programa ao que vas asistir que informe sobre as características do tratamento, a súa duración e o custo.

Para ter dereito a recibir as axudas, a túa unidade familiar non debe superar a renda anual (a presentada no 2023) que marca a táboa da convocatoria. Por exemplo, se a túa familia formádela 4 persoas e a renda familiar é menor que 31.801 € ao ano, terías dereito a recibir as axudas.

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

Do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

 

UNIGOW: Plataforma de orientación vocacional para contactar con outros estudantes

Unigow é unha plataforma colaborativa de orientación que pon en contacto a estudantes de secundaria e bacharelato con estudantes da universidade para axudar aos primeiros a atopar a súa carreira ideal baseándose en experiencias reais de xente que xa o está vivindo.

Probas ComDix (2º Bacharelato) - Nivel intermedio

Ligazón de acceso ás probas ComDix (2º Bacharelato) - Nivel intermedio

https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/examinador

Probas de nivel lingüístico Cambridge English - Convocatoria de reunión

O luns, día 22 de abril de 2024, ás 18:30 h o persoal de Cambridge English convoca a todo o alumnado inscrito nas probas de acreditación de nivel en lingua inglesa coa finalidade de preparar as probas e resolver posibles dúbidas. As familias do alumnado poden asistir a dita reunión, se así o desexan.

Recórdase que as probas realizaranse o sábado, día 04 de maio de 2024.

CALENDARIO DE EXAMES DE PENDENTES (AVALIACIÓN ORDINARIA E EXTRAORDINARIA)

En documento adxunto poderedes consultar as datas dos exames finais de pendentes correspondentes á convocatoria ordinaria e extraordinaria.

Demo da proba da proba de acreditación dixital - Nivel Intermedio

Recórdase que o alumnado de 2º de Bacharelato que se inscribiu na proba de acreditación da competencia dixital pode acceder á demo da mesma premendo nesta ligazón. Recoméndase ao alumnado acceda a esta demo para familiarizarse coa configuración antes de facer a proba.

Distribuir contido


by Dr. Radut