Skip to Content

Avaliación e exames

CALENDARIO DE EXAMES DA AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DE 1º BACHARELATO (adultos)

Publicamos o calendario de exames da Avaliación final ordinaria e extraordinaria de 1º de BACHARELATO Adultos correspondente ao presente curso 2023/24. Podedes consultar toda a información no documento adxunto.

NOTA: O alumnado de 2º BAC con materias de 1º BAC que non adiantou a avaliación ordinaria, terá as mesmas datas de examen e entrega de notas que o alumnado de 1º BAC na avaliación Ordinaria, non será así na extraordinaria.

Calendario Fin de Curso 2023-2024 (ESA III e IV)

No arquivo adxuntos aparece a información dos horarios de exames, entrega de notas e revisión de exames o reclamacións das avaliacións ordinaria e extraordinaria da ESA III e da ESA IV correspondentes ao calendario final do presente curso 2023-24.  Lembrade que todas aquelas persoas que se presenten aos exames finais deben acudir co DNI ou NIE.

CALENDARIO DE EXAMES DA AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA DE 1º BACH ADULTOS (MAIO) Só para as persoas de 2º BAC con materias de 1º BAC que adiantaron a avaliación ordinaria

Publícase o calendario de exames para a avaliación final ordinaria de 1º BACH do mes de maio de 2024. A estes exames só poderán presentarse as persoas que adiantan a avaliación para que coincida coa de 2º BACH. Podedes consultar os horarios das probas no documento adxunto.

CALENDARIO DE EXAMES DA AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DE 2º BACHARELATO (adultos)

Publicamos o calendario de exames da Avaliación final ordinaria e extraordinaria de 2º de BACHARELATO Adultos correspondente ao presente curso 2023/24. Podedes consultar toda a información nos documentos adxuntos.

Adxuntamos o calendario de exames da Avaliación Ordinaria de 1º BAC para o alumnado de 2º de BAC que adiantou a Avaliación Ordinaria (ORD I), en maio.

O alumnado de 2º de BAC con materias de 1º de BAC que non adiantaron a avaliación ordinaria (fan ORD II) polo que os exames desta Avaliación Ordinaria son nas mesmas datas que os de 1º BAC, do 30 de maio ao 4 de xuño (ver calendario fin de curso de 1º BAC), pero os exames da Avaliación Extraordinaria serán para todo o alumnado de 2º de BAC con materias de 1º BAC os días 11, 12 e 13 de xuño segundo o calendario adxunto.

Acreditación da competencia dixital do alumnado para persoas adultas de ESA IV e 2º BAC Adultos (ComDix)

A Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades ven de publicar as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial, e ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.

Os centros inscribirán o alumnado que solicitase participar na proba de nivel intermedio ou na proba parcial da área de dominio 4 do nivel intermedio, coa data límite do 22 de maio.

Os niveis de competencias dixitais que se acreditarán no curso 2023-2024 son os seguintes:

  • ComDix Iniciación (Equivalente a nivel A2)
  • ComDix Intermedio (Equivalente a nivel B2)

O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria obtido polo réxime de persoas adultas recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación. O alumnado matriculado en ESA IV poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.

As acreditacións do alumnado terán unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

O alumnado que desexe participar nas probas específicas deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado en ESA IV para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
  • Estar matriculado en 2º de bacharelato para persoas adultas para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

O alumnado de ESA IV e o alumnado de 2º de bacharelato para persoas adultas que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición entregando o impreso adxunto na secretaría do centro ata o día 22 de maio de 2024, incluído. Os impresos serán entregados a todo o alumnado en formato físico, polo que non é necesario que o alumnado o imprima (podedes recollelo en conserxería ou en xefatura de estudos e entregalo na mesma xefatura de estudos ou en secretaría pola mañá).

As convocatorias de probas específicas, no curso 2023-2024, realizaranse consonte ao seguinte calendario:

  • A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase no centro durante o mes de xuño. Terá unha duración de 20 minutos (con 12 preguntas) e realizarase en horario lectivo.
  • A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase no centro durante o mes de xuño. Terá unha duración de 90 minutos (con 60 preguntas) e realizarase en horario lectivo.

Informarase do día e da hora das probas coa antelación suficiente para a organización das mesmas según as asignadas ao centro pola Dirección xeral de Formación Profesional.

Aínda que a inscrición nas probas é voluntaria recoméndase a todo o alumnado de 2º de Bacharelato presentarse ás mesmas.

As probas son gratuítas para todo o alumnado.

Resolución do 29 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial, e ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.

Neste enlace tedes a posibilidade de realizar una proba de exemplo do nivel intermedio: https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl

O contido do Marco Galego de Competencias Dixitais (MGCD) pódese consultar na ligazón: https://ficheiros-web.xunta.gal/comdix/20231213_EstruturaMGCD_v.1.0.pdf

 

CALENDARIO ESO (3ª AVALIACIÓN E EXTRAORDINARIA)

En documento adxunto pódese consultar o horario de entraga de notas e de reclamacións correpondente á avaliación final da ESO. 

CALENDARIO DA AVALIACIÓN ORDINARIA E EXTRAORDINARIA (1º BACH DIÚRNO)

Remítese, en documento adxunto, o calendario de entrega de notas e os períodos de reclamación de 1º de BACH, correspondentes á sesión de avaliación Ordinaria e Extraordinaria, así como o horario de exames da avaliación extraordinaria. 

Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade - ABAU 2024

Datas de exame das probas ABAU 2024:

  • Convocatoria ordinaria - 4, 5 e 6 de xuño de 2024
  • Convocatoria extraordinaria - 2, 3 e 4 de xullo de 2024

Matrícula ABAU 2024 nos centros de secundaria:

  • Convocatoria ordinaria - 16, 17, 18, 19 e 20 de maio de 2024
  • Convocatoria extraordinaria - 13, 14, 15, 16 e 17 de xuño de 2024

Instrucións para o pago de taxas (título de Bacharelato de taxas ABAU) premendo AQUÍ.

Información xeral sobre as probas ABAU 2024 premendo AQUÍ.

Preguntas frecuentes premendo AQUÍ.

Probas ComDix (2º Bacharelato) - Nivel intermedio

Ligazón de acceso ás probas ComDix (2º Bacharelato) - Nivel intermedio

https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/examinador

Avaliación extraordinaria da ESA (1º Cuadrimestre)

No días 22 e 23 de abril de 2024 terá lugar a avaliación extraordinaria para os matriculados no 1º Cuadrimestre da ESA III e da ESA IV (Curso 2023-24). Consulta o arquivo adxunto para coñecer as datas, as horas de avaliación e o día de entrega de notas. 

Distribuir contido


by Dr. Radut