Skip to Content

Francés

Viaxe a París do 20 ao 24 de febreiro de 2024

Viaxamos a París a finais de febreiro co alumnado de francés. Un destino privilexiado para realizar unha visita de carácter cultural e lingüístico na que a práctica do francés adquire protagonismo. Foron catro días intensos, durante os que puidemos visitar lugares emblemáticos. 

Obradoiro de crêpes 2024

O pasado 19 de febreiro o alumnado de francés participou nun taller de crêpes. Tiveron a oportunidade de achegarse á cultura bretona, poñendo en práctica a lingua francesa, facendo a súa propia crêpe así como degustándoa.

A actividade foi un éxito grazas á implicación e o bo comportamento do alumnado.

Beneficios de escoller a optativa 2ª lingua estranxeira - Francés

1. É unha materia que ten continuidade ao longo da ESO e do bacharelato.

2. Rápido progreso por derivar do latín, como o castelán e o galego.

3. Permite acadar o nivel A2 en 4º ESO e o B1-B2 no bacharelato.

Distribuir contido


by Dr. Radut