Skip to Content

Outras novas

Visita á biblioteca ambulante 12.000 libros baixo dos mares

O venres día 2 de marzo e o sábado día 3, o centro permanecerá aberto e poderase visitar a "Biblioteca ambulante 12.000 libros baixo dos mares", que conmemora os 150 anos da visita do Nautilus á Ría de Vigo.

       Horario venres: De 18:00 a 21:00 horas            Horario sábado: De 10:30 a 13:30 horas

Proxecto "12.000 libros baixo dos mares"

Do 19 de febreiro ao 9 de marzo estase a desenvolver o proxecto de biblioteca ambulante "12.000 libros baixo dos mares", coordinado polo profesor Rodrigo Pérez Pintos, conmemorando o 150 aniversario da chegada do Nautilus á Ría de Vigo.

Campaña de recollida de alimentos. Nadal 2017

Xuntamos documento con información sobre a campaña protagonizada polo grupo de 3º ESO-B.

Día do Ensino

Lémbrase a todas as familias que o vindeiro xoves 7 de decembro foi elexido este curso pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como Día do Ensino, polo que NON haberá clase.

Reanudaremos as actividades lectivas o luns día 11.

Feliz ponte a todos/as!

A Hora de Ler

Comezamos o día 8 de Novembro a Hora de Ler.

Trátase dun programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o fomento da lectura nos centros educativos de Galicia.

A Convocatoria e o calendario nos arquivos adxuntos.

Horario de titorías para o curso 17/18

No documento que aparece mais abaixo pódense consultar as horas de atención a pais/nais/titores legais dos titores/as de cada curso.

Para concertar unha cita o xeito habitual é a través do alumno/a ou mediante chamada teléfonica ao centro, solicitando a cita con unha semana de antelación para que o titor/a poda recoller información do resto de profesorado.

Acto de presentación do curso 17/18

Nos vindeiros días, celebraranse no paraninfo do instituto as reunión coas familias do noso alumnado ás que asistirán o equipo directivo, o departamento de orientación e os titores/s de cada grupo. Esperamos contar coa súa asistencia.

Os días e horas previstos son:

1º ESO: mércores 25 de outubro, ás 19:00 horas

2º ESO: mércores 25 de outubro, ás 19:30 horas

3º ESO:xoves 26 de outubro, ás 19:30 horas

4º ESO: xoves 26 de outubro, as 20:00 horas

1º BACHARELATO: luns 30 de outubro, ás 19:00 horas

2º BACHARELATO: luns 30 de outubro, ás 19:30 horas

Días festivos do centro

Comúnicase a toda a comunidade educativa que os días escollidos polo centro como non lectivos para este curso son o venres 13 de outubro e o venres 18 de maio.

Polo tanto, téñase en conta que este venres 13 de outubro non hai clase.

Bacharelato adultos

A presentación e inicio de curso de 1º e 2º de bacharelato de adultos será:

  • Día: LUNS 18
  • Hora: 18.30 h

Aviso ao alumnado de ESA III e ESA IV (adultos)

O alumnado matriculado na ESA III e ESA IV de adultos terá a presentación e comezo do curso:

  • Día: LUNS 25
  • Hora: 18.30 h.
Distribuir contido


by Dr. Radut