Skip to Content

Outras novas

Cinco minutos de silencio

O conxunto da comunidade educativa presente esta maña no instituto participou ás 12:15 horas, cun comportamento exemplar, nos cinco minutos de silencio convocados en repulsa polos atentados de París.

Inauguración do Blog de Normalización Lingüística

Dámosvos a todos a benvida ao noso Blog de Normalización Lingüística. Para empezar, podedes consultar a nosa páxina sobre a Lei de Normalización Lingüística de Galicia.

Novo servizo de cafetería

Xa está a funcionar o novo servizo de cafetería do instituto, tanto en diurno coma en adultos.

cafetería

Concurso público para a xestión da cafetería

Convócase concurso público para a xestión da cafetería do IES Santa Irene.

O prazo para a presentación das propostas é do 2 ao 15 de xullo, ambos incluidos.

A información, especificacións técnicas e instruccións da Consellería se atopan no documento adxunto.

Parabéns Kenya!

A alumna Kenya Fernández Uganda, de 1º de ESO A, foi seleccionada para o programa ESTALMAT despois de realizar a proba á que acudiron máis de 300 alumnos de toda Galicia. Foron 25 os afortunados e os que demostraron maiores destrezas na resolución de problemas de matemáticas, e entre eles está a nosa compañeira.

A partir do próximo curso acudirá os sábados á Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela a traballar, disfrutar e aprender coas matemáticas xunto cos outros 24 seleccionados.

Parabéns Kenya!

Eleccións ao Consello Escolar 2014 (27 de novembro de 2014)

Por corresponderlle no curso 2014-15 a renovación do consello escolar do IES Santa Irene, desde esta dirección comunícase que queda aberto o proceso de eleccións dos representantes dos distintos sectores desta comunidade educativa e dáse información do seu desenvolvemento para os representantes do alumnado e do sector dos seus pais e nais nos arquivos adxuntos.

No taboleiro do centro está exposto o censo electoral do sector de pais/nais e alumnado co obxecto de que os interesados/as poidan facer as comprobacións que consideren pertinentes.

Pequena homenaxe Mª del Carmen Bachmaier

Esta é a pequena homenaxe que desde este espacio lle queremos adicar á nosa insigne e querida compañeira Carmen Bachmaier, con motivo da súa xubilación (que non retirada)

2

Pequena homenaxe a Xosé Luis Méndez Ferrín

Esta é a pequena homenaxe que desde este espacio lle queremos tributar ao noso insigne e querido compañeiro Xosé Luis Méndez Ferrín, con motivo da súa xubilación (que non retirada)

8

Distribuir contido


by Dr. Radut