Skip to Content

Outras novas

Equipo Covid 2021/22

O equipo COVID do IES Santa Irene está formado por:

Nuria Veiga Quicler (directora). Coordinadora do equipo COVID
Arturo Fuentes Cid (vicedirectora)
Abilio Rodríguez Toimil (secretario)

No documento adxunto poderedes atopar as canles de comunicación e algúns aspectos recollidos no Protocolo vixente de adaptación ao contexto da COVID19.

Horarios para o curso 2021-2022

Confirmada a autorización da inspección educativa, comunicamos que, debido á situación excepcional e á aplicación dos protocolos sanitarios establecidos polas consellerías de Sanidade e Educación, os horarios para este curso serán:

ESO, 1º e 2º de bacharelato diurno:
     LUNS E MÉRCORES: De 8:30 a 15:00 horas
     MARTES, XOVES E VENRES: De 8:30 a 14:10

Bacharelato adultos:
     DE LUNS A  XOVES: De 17:00 a 22:30 horas
     VENRES: De 17:00 a 21 horas

Xornadas de presentación curso 2021-2022

No arquivo pdf adxunto podedes consultar os horarios e días das presentacións do curso 2020-2021.

As listaxes dos cursos e grupos serán comunicadas a partir do día 14 de setembro.

Debido a situación sanitaria, rogamos non acudir con moita antelación para evitar aglomeracións. O alumnado debe permanecer no exterior do edificio mantendo as distancias de seguridade.

Probas libres: Lugar e data de celebración

As probas libres para a obtención do título de ESO celebraranse:

Publicada a listaxe provisional dos admitidos e excluídos nas probas libres da ESO

As persoas que se matricularon nas probas libres de setembro durante os días 1 e 8 de xullo, poden consultar esta listaxe no taboleiro de entrada.

O prazo para as reclamacións é do 19 ao 21 de xuño.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA: 22 de xullo.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

Horario de apertura de verán 2021

O horario de apertura do centro será:

Do 1 ao 23 de xullo De  9:00 a 14:00 horas
Do 26 de xullo ao 31 de agosto De 10:00 a 12:00 horas

Fora de este horario poden contactar a través do correo eletrónico ies.santairene@edu.xunta.gal

Xornadas de Portas Abertas na Universidade de Vigo. 24 e 25 maio 2021

Hoxe luns 24 e mañá martes 25 de maio terán lugar a partir das 16:00 h e en formato virtual (a través do Campus Remoto) as Xornadas de Portas Abertas da Universidade de Vigo. Nelas, o alumnado terá a oportunidade de escoitar a responsables das facultades e escolas da UVigo explicando as principais características das titulacións ofertadas para o curso 21-22.

Día non lectivo

Lembramos a toda a comunidade educativa que o martes 18 de maio non haberá clase por ser un dos días escolidos polo centro como non lectivos.

Vémonos o mércores 19!

Instrucións ABAU

Presentación realizada pola profesora Ana Díaz no centro sobre as probas ABAU: matrícula, desenvolvemento, calendario, acceso á universidade...

Pago de Taxas título de Bacharel

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato ten que aboar as taxas para a obtención do título de Bacharel. O mércores 19 de maio, de 9 a 12 horas, deberase entregar na secretaría do instituto dúas copias (unha delas devolverase selada como comprobante) do resgardo de ter realizado o pagamento.

Poden facelo de xeito telemático, a través da páxina da Axencia Tributaria de Galicia https://ovt.atriga.gal/.

Cidadáns > Iniciar taxa (cadeado aberto) > Iniciar taxa (desplegables)

Distribuir contido


by Dr. Radut