Skip to Content

Outras novas

I Semana da Ciencia 2023

PUBLICACIÓN PROVISIONAL DOS ASPIRANTES ÁS PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO CONVOCATORIA DE MAIO (2023)

No taboleiro interior (situado na parte esquerda da parte baixa do IES Santa Irene) poderedes consultar a listaxe provisional de persoas admitidas para a realización das Probas Libres da ESO (convocatoria de maio). 

De acordo coa lexislación vixente, haberá un prazo de reclamacións de tres días hábiles e a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas ás probas publicarase nos propios centros o vindeiro luns 17 de abril de 2023.

Horario de atención Semana Santa 2023

Enquisas do Plan Estratéxico de Mellora (PEM) 2022-2025

Enquisas sobre aspectos relacionados co funcionamento e organización do centro educativo. O obxectivo das mesmas é realizar un PLAN DE MELLORA coas achegas de toda a comunidade educativa.

Por esta razón, solicitámoslles que adiquen un pouco do seu tempo (arredor de 5 minutos) en responder con sinceridade ás enquisas.

A información facilitada será totalmente anónima e utilizada única e exclusivamente coa finalidade anteriormente comentada.

Charlas de orientación académica 2023

Novas datas das probas para a obtención do título de educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos na súa convocatoria de maio de 2023

Corrección de erros con repecto á data de exames da convocatoria de maio. As probas pasarán a realizarse o 26 de maio, as cualificacións provisionais publicaranse o 8 de xuño e as cualificacións definitivas o 16 de xuño. Máis información en anexos.

Aviso Entroido 2023

O centro permanecerá pechado os días 20 e 22 de febreiro de 2023. Lembren que o día 21 de febreiro é festivo. Aquelas persoas que necesiten poñerse en contacto co centro poden facelo empregando o enderezo electrónico ies.santairene@edu.xunta.gal.

CONVOCATORIA PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO (CURSO 2022-23)

RESOLUCIÓN do 27 xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A)

O prazo de presentación de solicitudes será do 6 ao 16 de marzo para a convocatoria de maio.

 

O IES Santa Irene deséxavos felices festas

Secretaría: Atención ao público durante o período non lectivo de nadal

Durante o período non lectivo de nadal o horario de atención ao público da secretaría do centro será de 10:00 h a 12:00 h.

Período non lectivo de nadal:

Desde o día 23 de decembro de 2022 ata o 4 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.

*O día 5 de xaneiro de 2023 o centro permanecerá pechado.

Distribuir contido


by Dr. Radut